Conversa usuario:Atobar/arquivo 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Índice

Obra derivada[editar a fonte]

Alex, marquei esta con {{ObraDerivada}}. Nuns días haberá que borrala. Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 16:07, 5 de xullo de 2011 (UTC)

Borrado da páxina Portugaliza, unión de Galicia e Portugal[editar a fonte]

Non sei por que borraches a páxina que crei, nin a que propaganda te refires, nin quen discutiu este artigo hai dous anos, de feito non sei quen es ti para borrar páxinas. Se entramos nesa dinámica podería ocorrer que un día non quede páxina ningunha na Wikipedia porque na maioría delas podemos atopar propaganda, terxiversacións, opinións, erros, xuízos de valor...e haberá que protexer todas as páxinas para evitar vandalismos, debidos á ignorancia, prexuízos, descoñecementos, mala información ou simples ganas de amolar.--M.gm2009 16:52, 6 de xullo de 2011 (UTC)

Retirada de marcador sen solucionar o problema![editar a fonte]

Alejandro, estou en profundo desacordo con esta edición túa. O artigo, como tódolos do redactor, contén ducias de erros da lingua, e cómpre ser revisado. Non sei que xustificación pode haber para retirar o marcador sen solucionar o problema--. HombreDHojalata.conversa 19:52, 6 de xullo de 2011 (UTC)

Perdón, desculpa a miña torpeza! Non sei por que, pensei que quitaras o marcador sen revisar nada. Ups!--. HombreDHojalata.conversa 20:20, 6 de xullo de 2011 (UTC)

Vela[editar a fonte]

Graciñas pola axuda, xa amañei as velas que quedaban pendentes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:24, 6 de xullo de 2011 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Graciñas Atobar, xa "corrixin" o do separatismo no Alzamento de Pascua, aínda que o certo é que agora mesmo teño un pouco descoidado o traballo do Alzamento e me estou centrando máis no Códice Calixtino e na súa desaparición (tamén recompilando a información que teño ciscada sobre a música do Códice, que é no único que podo aportar algo), espero poder seguir tratando de mellorar o artigo do Alzamento nestes días se mo permite o Códice. Un saúdo, que vaia ben. Piquitoconversa

Pulo[editar a fonte]

Concordo con que empuxe non figura no DRAG (aínda que si o verbo empuxar, do que o empuxe sería o efecto, ademais de empuxón, que parece máis ben un aumentativo de empuxe) e, polo tanto, recoñezo o meu erro.

Pero co que xa non estou tan de acordo é coa elección de pulo, voz propia da linguaxe corrente. Pareceríame mellor o seu sinónimo impulso, si recollido no DRAG:

  • impulso s.m. 1. Acción e efecto de impulsar. A randeeira elévase gracias ó impulso que lle dás. A Administración dese país deulle un grande impulso ó ensino. CF. empurrón, empuxón (menos cultos). 2. Forza que existe na cousa en movemento ou en desenvolvemento. O impulso que leva o foguete. SIN. propulsión. 3. fig. Forza interior súbita e imperiosa que leva a actuar dunha determinada maneira. Actuar movido por un impulso. Ten impulsos moi agresivos. CF. arroutada, arrouto, pronto. SIN. pulo. Coller impulso. Correr antes de dar un salto, balancea-lo brazo antes de facer un lanzamento e demais movementos similares que proporcionan forza para a boa realización dun exercicio.

Que, ademais, correspoderiase mellor co termo portugués impulso (aínda que para o impulso hidrostático prefire impulção, aplicano o primeiro ao impulso nervioso, por exemplo). E é ben sabido (supoño) que para a introdución no galego de termos científicos e técnicos debemos de ter en conta as solucións do portugués, sempre que non vaian en contra da estrutura do galego. (CF. NOMIG, 18ª ed., 3000). ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 21:37, 16 de xullo de 2011 (UTC)

Censura de internet no Estado español[editar a fonte]

Coido que primeiro borreina eu sen decatarme, apretando nun botón que nunca apretei (non acostumo editar na Galipedia e o funcionamento é un pouco distinto en cada Wikipedia), e agora xa non deixades que sexa creada de novo. De calquera modo, penso que antes de ser borrada desa maneira tería que ser proposta para votación, como fixeran na wiki en portugués. Coido que o artigo está ben referenciado e o tema merece estar nunha enciclopedia como esta.--PeioR 18:13, 18 de xullo de 2011 (UTC)

Facós[editar a fonte]

Vexo que corrixiches o de Facós na Portada, pero, aínda así vai ficar sempre en vermello a ligazón a Facós, Lobeira, pois a correcta é Facós, Lobeira, Lobeira. Un saúdo --Servando2 (Dime) 11:49, 22 de xullo de 2011 (UTC)

Bibliografía[editar a fonte]

Ola Atobar. Se aínda non estás de vacacións, quizais podas botarlle unha ollada a Hipatia, para ver se quedaron agora ben.

Un saúdo e bo verán (que será bo para todos os non residentes na área metropolitana da Coruña). ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 16:17, 22 de xullo de 2011 (UTC)

Pulo / Impulso[editar a fonte]

Ola, prezado Atobar. Precisamente neste mismo momento, despois de comentario que che fixen dobre Hipatia, esou a comezar iso que dis. Como non sei a maneira de facelo, estou redactando un artigo co título Impulso (homónimos) que, se queda ben (o artigo, non o título), poderiades amañar os que sabedes. A verdade, como home de ciencias e como afeizoado ás letras, rénxeme un pouco os miolos ao ver que, para a Galipedia, Impulso só é unha magnitude física (que nin sequera os profanos saben o que iso é, pois non aparece a súa definición), e tamén que Impulso nervioso non sexa *Pulo nervioso (que tampouco os profanos non saben o que é porque, no artigo correspondente, non se define tal cousa, dando por sentado que todos os que o len, xa o saben; creo que é a primeira vez que vexo un artigo que non comece coas típicas frases "Impulso nervioso é..." ou "Enténdese por impulso nervioso..., etc.) e, en cambio, o *Impulso hidrostático si sexa *Pulo (a secas). Un cordial saúdo. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 16:49, 22 de xullo de 2011 (UTC)

Atobar, polo contrario, eu penso que me pagou a pena perder a tarde de hoxe (Alpes incluídos) complicándome nisto. Tampouco estou de acordo que o que levei alí non vala para a Galipedia. Estes termos existen en todas as outras wikis, por que non na galega? E xa sei que existe o Galizionario; colaborei moito nel e, por iso, sei que alá non teñen cabida moitas das acepcións incluídas, porque... son demasiado técnicas e máis axeitadas para o noso proxecto irmán, a Galipedia (xa me berraron moito alí, e iso foi o que me animou, despois de varios anos dun primeiro intento, a meterme nestas lerias). Saudiños. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 19:57, 22 de xullo de 2011 (UTC)
Entendido. O problema é que, na Galipedia, existe xa un artigo Impulso (un algo cativo) que se refire ao sentido mecánico de variación da cantidade de movemento, e outro Pulo, no que transformaches o meu primitivo *Empuxe (como verías nas referencias ao dicionario da RAG que suprmiches [ben suprimidas] da páxina de homónimos, pulo só se usa en sentido figurado e na linguaxe normal, non na científica). Creo que estes dous artigos citados hai que amañalos dalgunha forma, pero eu non sei facelo.
Polo que respecta a toda a información que puxen (non sen traballo) na páxina de homónimos xa sabía que non eran propios dunha páxina así, fíxeno para que se vese o problema que había. Quizais eran más propias da Taberna, pero a taberna nestes días de verán é moi pouco visitada (só por ti e por Elvire). Saúdos. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 20:15, 22 de xullo de 2011 (UTC)

Código[editar a fonte]

Non hai de que. A min tamén me pasa as veces, e ten que vir Toliño a rescatarme ;-) --. HombreDHojalata.conversa 21:23, 22 de xullo de 2011 (UTC)

Saber e Ganar[editar a fonte]

Non són fan pero gustame, de todas as formas mirando que agora se fai 100 anos do descubrimento de Machu Picchu e que non había nada sobre el decidinme a traducir o artigo da wiki en castelán pois esta bén clasificado, polo que calquer coincidencia co progra non é máis que pura concidencias. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 23:22, 23 de xullo de 2011 (UTC)

Contacto Xosé Antonio[editar a fonte]

Ola, hai uns días acudín á Galipedia para buscar información do grupo Xocaloma. Observei que o apartado de Historia estaba completamente en castelán, lingua que me merece tódolos respectos, pero se estamos na Galipedia, os artigos teñen que estar en galego. Está ben tomar aportacións doutras wikipedias mais hai que tomarse a molestia de traducilas. Isto animoume a editar ese apartado de Historia de Xocaloma. Simplemente o que fixen foi traducir ao galego o texto que alí estaba, non fixen outro cambio. Ao día seguinte accedín á páxina anterior despois de ingresar como usuario rexistrado e vin unha mensaxe túa que falaba de discrepancias co que eu escribira. A verdade é que son novo nisto e non teño moita idea de como funciona. Todavía non tiven moito tempo de estudar o seu funcionamento. O que tento agora é de facer unha páxina de usuario xa que cada vez que me rexistro, o sistema lémbrame que non existe aínda dita páxina. Agradécense suxestións para a construcción da páxina. Canto ao artigo de Xocaloma, xa me dirás cales son as discrepancias, se é que as tes. Unha aperta e parabéns pola gran cantidade de artigos que levas feitos. --Xosé Antonio 17:38, 28 de xullo de 2011 (UTC)

Galencontro[editar a fonte]

Boas!. Mira, fixen unha proposta para un galencontro na taberna, si tes un momento bótalle un ollo, hai tempo abondo para poñernos dacordo uns cantos :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:47, 28 de xullo de 2011 (UTC)

Vaites!, ese non o cachaba nin que me pagaran..., e mira que é gordo.... Moitas grazas por avisar! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:50, 29 de xullo de 2011 (UTC)

Borrado da { {benvida} }[editar a fonte]

Non sabía que non se podía borrar -nin- esa caixa. Grazas por ir guiando!

--Santi Edreira 20:58, 29 de xullo de 2011 (UTC)

Manchester[editar a fonte]

Ola Atobar. Téñoche que facer unha pregunta. Veño de crear o artigo Manchester City, e quedeu cunha dúbida. ¿Cal é a normativa para nomes propios estranxeiros como Manchester, Birmingham, Liverpool ou Washington que puideran ser esdrúxulos e levar acento?. JonnyJonny 12:15, 30 de xullo de 2011 (UTC)

Artigo destacado agosto[editar a fonte]

Boas, creo que xa se pode poñer o artigo do Celta de Vigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:08, 1 de agosto de 2011 (UTC)

A desfrutar[editar a fonte]

Que desfrutes das vacacións e da mudanza (se é que se pode desfrutar dunha mudanza), Alejandro. --. HombreDHojalata.conversa 20:11, 2 de agosto de 2011 (UTC)


Pechar votacións[editar a fonte]

Boas Atobar, non cres que habería que ir pechando a votación para Artigo de Calidade de Alzamento de Pascua? Eu non sei cómo se fai, e aínda que mellorou moito dende a miña proposta, coido que habería que pechar a votación e en tal caso propoñer unha nova. Non sei cánto tempo teñen que estar os artigos na votación de calidade, mais penso que mes e medio é suficiente, sobre todo tendo en conta o nulo movemento que houbo nas votacións dende hai xa non sei cantas semanas e tendo en conta que o artigo xa parece que vai ir destacado na portada. Unha aperta, Piquitoconversa

RE: Eiquí[editar a fonte]

Vaia, eu tamén o usaba sempre pero despois de velo na lista de erros deixei de usalo pero sempre cunha especie de trauma :), e hoxe levara unha alegría ó velo no Xerais :). Boeno, pois vou desfacer o lío. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 22:37, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Artigo nº x[editar a fonte]

Adrián, onde se pode ver cal é o artigo número x?!

É dicir, como se sabe cal é o artigo 70.000? ou o que sexa--. HombreDHojalata.conversa 09:02, 11 de agosto de 2011 (UTC)

Persoeiros de Ribadeo[editar a fonte]

Ola, Atobar. Atopo que a páxina de Persoeiros de Ribadeo foi borrada por ti. Vexo que aparece unha cita de lixo antes de borrala, pero non sei por que (non quixen desfacer para velo), e o caso é que agora non hai ligazón algnha entre Ribadeo e as persoas relevantes do pobo. Hai algunha razón, ou algo que se me escape? Saúdos,--Agremon(contacto) 17:54, 14 de agosto de 2011 (UTC)

Grazas, Atobar. Que desfrutes! --Agremon(contacto) 11:05, 15 de agosto de 2011 (UTC)

Resposta a unha mensaxe anterior[editar a fonte]

Ola Atobar: Sobre a entrada de Xocaloma, envieiche o comentario anterior porque pareceume ler nalgures que había disparidade de criterios con respecto ao texto. Supoño que como son novato, debín liarme co asunto.
Quería comentarche que revisando a entrada Río Eume, na que fixen algún cambio, boteille unha ollada á mesma entrada na wikipedia en castelán, e na sección Recorrido o texto, excepto un párrafo sobre o encoro, é un resumo dun texto feito por Agusto Pérez Alberti (tomo I, páx. 206) para a obra Geografía de Galicia que hai algúns anos publicaron os xornais Faro de Vigo e La Opinión (D.L. V-3338-2000). Ademáis, en ningún momento se fai referencia a esta fonte.
Digoche isto porque lin nesta mesma páxina de conversa unha resposta túa na que explicabas que borraras a aportación doutra persoa sobre Vilaboa, Valdoviño, por non ser orixinal. En fin, crin que deberías sabelo.
Saúdos. --Xosé Antonio 15:44, 17 de agosto de 2011 (UTC)

Traducir os mensaxes dos scrips de py.wikipediabot[editar a fonte]

Si, teño pendente facelo cando pare o bot, que agora está traballando.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 11:36, 19 de agosto de 2011 (UTC)

Consulta sobre feriados e feirados[editar a fonte]

Boas, atopei en varios artigos os termos *feriado, e *feirado, que supoño que se refiren a festivo. ¿Podes confirmarme que eses termos son incorrectos?. Eu busquei *feriado no Xerais e non ven, tampouco no Volga en internete, esas formas son derivacións do portugués que non son oficiais, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:21, 26 de agosto de 2011 (UTC)

Vale, moitas grazas por resolverme a consulta. O do encontro estou pendente del, a ver si se pode facer que di Estevo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:42, 26 de agosto de 2011 (UTC)

Mitoloxía galega[editar a fonte]

Symbol support vote.svgConcordo Estou de acordo con Lameiro e contigo (xa dicía que o artigo estaba demasiado cargado de historia). Vou tentar enfocalo dun xeito máis mitolóxico (e máis breve), incluído bibliografía básica por se alguén quere ampliar coñecementos. É un algo difícil e non sei se serei que de facelo. Se nuns días non dou sinais de vida, Atobar, podes deixalo na "introdución" ou esbozo (iso si, deixando a referencia ao Diccionario de seres míticos, que é fundamental. Un saúdo.--XoioÉche o que hai 15:13, 28 de agosto de 2011 (UTC)

Lugares de Galicia[editar a fonte]

Moi boas Atobar respeto o que me dis dos lugares e unha cousa que eu xalle dín no seu momento as súas voltas e fixen artigos de lugares sin {{Lugares de Galicia en progreso}} pero atras miña viñan outros e poñianllo polo que seguin a facer os artigos desa maneira, agora ben apartires de agora fareinos sin o modelo. Un saudo.--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 16:39, 28 de agosto de 2011 (UTC)

Al Biruni ou Al-Biruní[editar a fonte]

Ola Alejadro. Mira isto, se fas o favor. ver

Marcador[editar a fonte]

Boas Alejandro, estiven reestructurando o artigo da Real Filharmonía de Galicia que tiña un marcador de aviso porque non tiña formato. Coido que agora xa ten unha mellor apariencia (se ben coido que é necesario engadir algún contido máis), mais non sei se os trocos feitos por min son suficientes para retirar o marcador (por eso sigue ahí). Se tes tempo de votarlle unha ollada agradeceríacho, e se xa non é necesario o marcador avísame e o quito se non andas ben de tempo. E xa se estás tremendamente ocioso, se miras unha cousiña que puxen na Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Música por se estás interesado no que alí expoño. Graciñas, un saúdo, Piquitoconversa

Sobre Grupo Losán[editar a fonte]

Como che comentei, si traballei no pasado para ese grupo empresarial. É certo que podería haber algún tipo de conflito de intereses, máis intentei que a información fose totalmente neutral. De tódolos xeitos quizáis sexa mellor que lle deas outra ollada por si consideras que hai algo incorreto (esto tamén me axudaría a mín no futuro a escribir mellor). E non dubides en borralo artigo se o consideras oportuno. Eu pola miña bandan intentarei mellorar Taboleiro de madeira.--Acandals 12:28, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Lista de artigos creados en contraposición a "As miñas contribucións"[editar a fonte]

Ola Atobar, No caso de que teñas a información ou sepas a onde podo dirixirme, agradeceríache que me axudases con esta información: Hai algunha forma de ver unha lista cos artigos creados por un mesmo? So os aritgos creados e non tódalas contribucións. Grazas e saúdos. --Acandals 13:17, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Galencontro[editar a fonte]

Gustaríame moito ir. Así, poderíavos coñecer persoalmente (e vós, poderiades tirarme das orellas). Xa está decidida a data, o lugar e a hora? Hai posibilidade de tomar unhas copas (antes, durante ou despois)? --XoioÉche o que hai 19:33, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Grande Irán[editar a fonte]

Moitas grazas polas correcccións. Non me dera de conta que Irán comeza por vogal. --XoioÉche o que hai 14:04, 1 de setembro de 2011 (UTC)

Nova Celandia ou Nova Zelandia[editar a fonte]

Boas Atobar. Nestes intres estou creando artigos para completar o artigo Copa do Mundo de Rugby 2011, xa que o torneo está a piques de comezar, e ten moitas palabras de cor vermello, xa sabes. O compañeiro Piquito tamén está a traballar no mesmo. Téñoche unha pregunta. ¿Non se lle pode cambia-lo nome a unha categoría?. A categoría á que lle quería cambia-lo nome é a de Categoría:Cidades de Nova Zelandia, xa que teño entendido que o correcto sería cambiar esa "Z" por unha "C". Non as teño todas comigo xa que nalgures teño lido a palabra "neozelandés" (con "z"), e non sei cal é o criterio a seguir. Nada mais, un saúdo, e benvido a Santiago de Compostela, xa que seica ves vivir para acó. JonnyJonny 21:51, 1 de setembro de 2011 (UTC)

Globo / Aeróstato[editar a fonte]

Ola Alejandro. Se tes tempo, mira aquí. Grazas. --XoioÉche o que hai 22:23, 1 de setembro de 2011 (UTC)

Re:Chifre[editar a fonte]

Moitísimas grazas, Atobar, escapóuseme. Unha aperta. --Krisko 17:15, 4 de setembro de 2011 (UTC)

Al-Ricotí[editar a fonte]

Ola Alejandro, se tes tempo mira aquí Creo que é un artigo novo na Wiki, e non sei se hai que facer algunha referencia a iso, ou non. --XoioÉche o que hai 19:20, 4 de setembro de 2011 (UTC)

Lente e lentes[editar a fonte]

Ola Alejandro. Se tes tempo mira este comentario meu na páxina de conversa do artigoLentes. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoio (conversacontribucións)

Resposta sobre Galincontro[editar a fonte]

Ola Alejandro. Sonche de Compostela (Santiago de), pero hai xa moitos anos que non moro aí (agora vivo noutro Santiago, Santiago do Burgo, Culleredo). En Compostela teño un irmán, difícil de localizar porque agora non vive exactamente aí, senón en Ames, e é tan despistado coma min (ou máis), e case nunca se lembra de levar consigo o celular. A maiores, debe andar estes días moi agobiado cos exames de setembro (é profe de secundaria) e tamén coa lea da folga e da manifa do venres (sempre foi moi dado a conspirar). Así que sinto non poder axudar nisto. A ver se hai sorte, e conseguimos vernos, aínda que sexa na praza de Quntana (a dos vivos). Un cordial saúdo, Luís. --XoioÉche o que hai 19:13, 7 de setembro de 2011 (UTC)

apeiro[editar a fonte]

Semella un rodo, utilizado para recolle-lo gran da era (ou a cinsa do forno), aínda que os que eu coñezo son máis ou menos semicirculares, ou un arco de madeira, non rectangulares. Se tes á man a Historia de Galiza, de Otero Pedrayo, consulta as páxinas 219 e 220 do tomo 2. Saúdos, Pedro

*Maguncia / Mainz[editar a fonte]

Boas noites, Alejandro. Xa sei que para poñer un nome xeográfico novo hai que documentalo, non sei se na universidade de Vigo ou onde. Pero na Galipedia vése moito.

Lista das primeiras 20 páxinas da Galipedia onde aparece o nome da cidade de Maguncia:

(Hai máis)

(Traído desde "http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Procurar")

Acredito que vas ter traballo de abondo. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 23:29, 8 de setembro de 2011 (UTC)

  • ¿Referencias de que Maguncia tamén existe?
    • Diccionario Enciclopédico Galego Universal: Maguncia: capital do land de Renania-Palatinado...
    • Begoña González Rei: Ortografía da Lingua Galega: anexo 4.1.4. Cidades do mundo: Maguncia, xentilicio: magunciano.

¿Abondan? Saúdos e deixade estar Maguncia, porfa. Pedro --Lameiro (conversa) 16:58, 9 de setembro de 2011 (UTC)

Impagamento?[editar a fonte]

Ola, Atobar! Ti que controlas de lingua, se o castelán pago en galego se pode traducir coma pagamento, o castelán impago poderase traducir coma impagamento? Saúde! --Paradanta (Cóntame) 10:36, 10 de setembro de 2011 (UTC)

Graciñas, meu! --Paradanta (Cóntame) 15:03, 10 de setembro de 2011 (UTC)

artigos creados[editar a fonte]

Boas Alejandro. ¿Pódese obter unha listaxe dos artigos creados por cada quen? A min adxudícasme 462 e paréceme incrible que fixese tantos. Agora teño curiosidade. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:16, 11 de setembro de 2011 (UTC)

Nota do galencontro[editar a fonte]

Fixen uns cambios pequenos na nota de prensa, estiven pensando que estaría ben mandarlles tamén o póster para que vexan que a cousa é en serio. Para iso habería que engadir na imaxe a hora e quizais estaría ben poñer o que imos facer, un obradoiro de edición e unha charla-coloquio, para que a xente saiba o que pode atopar, ¿non?. Si cambiades o póster mándamo ó correo que eu vou tentar contactar con algúns dos instis e así xa llo mando con toda a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:55, 13 de setembro de 2011 (UTC)

Está bom! ;). Pois eu xa teño a listaxe de coles de Santiago, en canto me mandes o póster actualizado comezo a mandar correos :). Tamén lle mandarei ó concello de Santiago a ver si lle dan publicidade tamén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:31, 13 de setembro de 2011 (UTC)
Xa mandei un correo a tódolos instis de Santiago, agora a ver o que pasa :). Logo tentarei mandalo a algún sitio da Universidade e poñelo nalgúns foros da cidade tamén. O que axudaría a dar un pouco de relevancia ó tinglado era que os da Cidade puxeran algunha referencia no seu blogue ou na axenda da súa web de que imos a estar alí. Eu acabo de mirar toda a súa web e non vin nada, se non o atopas ti tampouco, ¿poderías chamarlles para ver si poden poñer unha pequena nota nalgún sitio polo menos?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:38, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Jaume Ferran / Jaime Ferrán[editar a fonte]

O feito de ser Jaume Ferran catalán, impide que fose español? Acaso Catalunya/Cataluña era un país independente na segunda metade do século XIX e primeiro cuarto do XX? --XoioÉche o que hai 11:01, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Aviso central[editar a fonte]

Cambia ti a redacción ou engade algunha ligazón para atopar máis información (ligazón ao ficheiro, por exemplo). A páxina onde se fai é esta. --Toliño Fala aquí comigo 14:24, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Véxase tamén/Outros artigos[editar a fonte]

Cando hai varias cousas debaixo de "Véxase tamén" sempre o poño, pero cando hai unha cousa soa non. Pero si, tes razón, vouno poñer a partir de agora, que non me costa nada.Miguelferig 20:59, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Conversa:Xázaro[editar a fonte]

nova info Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:42, 19 de setembro de 2011 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Moi boas Atobar!! Perdoa que te dea a vara unha vez máis (e xa non sei cantas van) con preguntas, o caso é que carguei unhas imaxes (están nos artigos do Liceo, Patín Cerceda, Vigo Stick e COB) que quitei de edicións dixitais de varios xornais, as preguntas son:

  • podo facer eso?
  • e se o podo facer, que licencia teño que empregar?

o caso é que non vin ningún tipo de licencia nas webs de onde as tirei, como non sabía qué facer puxen na descrición da imaxe o xornal do cal as tirei. Se me podes axudar agradeceríacho, gustaríame saber o que podo ou non podo subir. Un saúdo, Piquitoconversa13:32, 21 de setembro do 2011.

Os dous talos[editar a fonte]

Ola Alejandro. Mira a ver que che parce isto --XoioÉche o que hai 11:23, 22 de setembro de 2011 (UTC)

  • Xa sei que no é a túa especialidade. Pero como propuxen o tema na Taberna, quixen que tiveras noticia directa. A miña solución provisional penso que é boa dadas as circunstancias actuais. Debido á coincidencia da galeguización do latín thallus pola vía culta e pola popular (cusa que non se dá en castelán: tallo / talo), o ideal sería facer a distinción que fai o portugués: usar o cultismo caule para o talo das plantas superiores, e talo para o corpo indiferenciado das inferiores (o VOLG admite caule e derivados). Pero... hai que ter en conta as razóns de uso, e está moi estendido o de talo para referirse ao vástago dos vexetais superiores. Penso que en botánica debería usarse exclusivamente caule, pero non sei se será demasiado pedir. --XoioÉche o que hai 11:45, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Talofitas / Talófitos[editar a fonte]

Ola outra vez. Isto, aínda que un termo científico, xa ten que ver coas letras. Mira aquí. --XoioÉche o que hai 14:08, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Illados[editar a fonte]

Alex, un dos parámetros que empregan os bots para facer os rankings de calidade das wikipedias é o número de artigos orfos.

Cando crees un artigo novo, e poidas, mete algunha ligazón interna noutro artigo cara el. Xa sabes, por exemplo nas biografías, ligazón no artigo da data de nacemento, no artigo da data de falecemento... bótalle un ollo a isto. --. HombreDHojalata.conversa 08:08, 24 de setembro de 2011 (UTC)

Carl von Linné[editar a fonte]

Unha pregunta Alex por que non pode ir a cita o principio do artigo?--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 09:20, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Ben, ainda que a min gustabame máis o principio, de todas formas unha pequena collega, non crees? que si eu estou a traducir o artigo os cambios que se fagan se me deveria infomar a min ou expoñelos nas conversas, pregunto e non o tomes a mal, pois teño o aviso de que esta en tradución.--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 09:44, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Ben dacordo tes razón. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 09:54, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Hipócrates[editar a fonte]

Unha pregunta saberias decirme se a tradución correta de teúrgia é teúrxia, pois vexo que na páxina de Xuliano tamen a escriben asi. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 15:18, 26 de setembro de 2011 (UTC)

zarigüeya[editar a fonte]

Non teño nin idea nin aparece tal bicho nos dicionarios e vocabularios que manexo. Supoño que, a falta doutra cousa, o artigo sobre este bicho debería titularse Heidi (ou Heidi (animal), se queres deixar sitio á meniña do conto. Non poderías usa-lo nome do animal como título (se o houbese ou adaptado ás nosas normas) porque ese temos que reservalo para o artigo sobre o bicho, non para este exemplar en particular. Quédache a solución da adaptación (zarigüeia), que tampouco parece moi descamiñado. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:42, 28 de setembro de 2011 (UTC) [PD. ¿Non existe na rede o texto do Estatuto do 36 en galego? ¿é posible?]

zarigüella--. HombreDHojalata.conversa 16:44, 28 de setembro de 2011 (UTC)
  • Si, ata wikisource xa chegara eu, pero négome a ligar a un texto do Estatuto en Castelán. Se non o dou atopado, buscareino en papel e pícoo enteiro. Pedro --Lameiro (conversa) 16:52, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Re: Licenzas[editar a fonte]

Ok Atobar, tereino en conta en futuras edicións e tentarei revisar cando teña tempo todo o que creei ao longo do día (hai máis casos). A verdade é que non pensara neso, grazas por avisar, unha aperta meu. Piquitoconversa

PatriGU[editar a fonte]

Bos días Atobar, acabo de incorporarme a este mundo da galipedia e hai cousas que non entendo e igual fago mal... Incorporei información, pero non se ve! Está bloqueada! Por que? Graciñas! PatriGU conversa

RE: Modelo[editar a fonte]

Fixéchelo ben. Co | state = collapsed é suficiente. O que si estaría ben é aquelar un chisco o artigo de Jobs. --Toliño Fala aquí comigo 11:52, 6 de outubro de 2011 (UTC)

Pois faicho mirar porque eu vexo os cadros centrados e as imaxes dentro deles tamén centradas. O único raro que vexo é que esta páxina se chama "Utilizador Discussão:Atobar" (tamén pasa coa miña conversa, velo ti?). Coido que podo conxecturar algún problema interno do software wiki que mostra erros. --Toliño Fala aquí comigo 21:12, 6 de outubro de 2011 (UTC)
As sospeitas de ser problemas do sistema fanse máis plausibles ao comprobar que hai pequenos e sutiles cambios ao longo da interface do wiki. Veremos se se arranxan estes problemas, senón teremos que dar parte deles en Meta ou Bugzilla. --Toliño Fala aquí comigo 21:25, 6 de outubro de 2011 (UTC)
Estou botando unha ollada ás últimas modificacións no código de MediaWiki a ver se atopo algo. --Toliño Fala aquí comigo 21:31, 6 de outubro de 2011 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Estou redactando o erro en Bugzilla para ver que nos din. Segues tendo os mesmos problemas coas táboas e caixas inferiores? O único problema que eu vía (o de Utilizador e Discussão) segue sen arranxar. Quería asegurarme do teu para informar correctamente. --Toliño Fala aquí comigo 17:50, 11 de outubro de 2011 (UTC)

problema lingüistico[editar a fonte]

Boas tardes atobar, levo xa un tempo se entrar na galipedia e cal foi a miña sorpresa ó ver que na miña páxina de usuario pon. UTILIZADOR onde antes poñía Usuario e na de conversa pon UTILIZADOR DISCUSSÃO en lugar de Discusión ou Conversa como antes. A miña pregunta é por que sae isto en portuguén e non en galego? --AMPERIO 17:25, 9 de outubro de 2011 (UTC)

Ok, grazas pola aclaracion--AMPERIO 15:00, 10 de outubro de 2011 (UTC)

Nupel[editar a fonte]

Non estou moi seguro de que un caso xudicial, aínda sen condena —ata onde eu sei— deba ter artigo na wikipedia. Convénceme. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 15:12, 10 de outubro de 2011 (UTC)

A mandar. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 09:15, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Cogomelo e cogumelo[editar a fonte]

Boas, unha pregunta, esas dúas denominacións son correctas, ¿non?. No Volga cogumelo non sae pero no Gran Xerais si, e pon COGOMELO. En caso afirmativo, ¿habería que crear (de novo xa que foi borrada hai pouco) a páxina cogumelo e redirixila a cogomelo (como estaba)?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:51, 11 de outubro de 2011 (UTC)

Eu preguntábao en parte polo que comentou HombreDHojalata de que borrou cogumelo pero máis que nada porque cambiou en un par de artigos cogumelo por cogomelo, e, se as dúas son válidas, habería que manter a edición que fixo o primeiro editor..., ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:12, 13 de outubro de 2011 (UTC)
Vale, moi ben e graciñas pola aclaración. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:38, 13 de outubro de 2011 (UTC)
E entón..., ¿temos que quitar tódolos cogumelos que haxa nos artigos?. Se é así, ¿non habería que poñelo na lista de Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións e na Wikipedia:Erros de ortografía revisados?. E o mesmo digo para pra... (nos casos que non sexan citas textuais, claro). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:27, 13 de outubro de 2011 (UTC)
Boeno, pois entón se non é un erro non o cambio, cando apareza no Volga como incorrecto xa falaremos :). E non me gustan as complicadeiras, o que pasa é que me lío con tantos dicionarios...!. Perdoa pola leria e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:20, 13 de outubro de 2011 (UTC)
Acabo de ver a nota do pé, así queda todo clariño. Graciñas por todo e imos con outra cousa :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:46, 13 de outubro de 2011 (UTC)

Literaturas[editar a fonte]

Tes razón. Pero é que resulta que o problema é maior... e peliagudo: Categoría:Literaturas por lingua. Literatura galega ou literatura en lingua galega? --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:14, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Tes razón no que nos atinxe. Aquí xa había cristo de antes, porque estaba sen homoxeneizar. Así que vou homoxeneizar. Pero o problema está en que... homoxenizo todos? Tamén a galega? Poderiamos discutir durante séculos, pero obviamente a literatura de Torrente Ballester é literatura galega. E 'Un hombre que se parecía a Orestes', de Cunqueiro, tamén. Pero non quero meterme nese sarillo (polo de hoxe). --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:30, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Ah, sistemas literarios... iso complica bastante máis as cousas aínda. ;) Algún día debateremos sobre isto e, estou seguro, acabarás dándome a razón. :) Pero temos problemas máis acuciantes... :) Só por fastidiar: deixo literatura galesa ou móvoa a literatura en lingua galesa? :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:38, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Se Marta Rivera de la Cruz é galega, fai literatura galega. Pero non literatura en galego. Como García Márquez fai literatura en español e literatura colombiana. Ou Paul Auster literatura estadounidense e literatura en inglés. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:44, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Pois non. :) Se Ameixeiras é literatura europea, García Márquez será literatura americana ou sudamericana. Non hispanoamericana. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 22:09, 17 de outubro de 2011 (UTC)
E ti, que tes unha boa formación anglófila... :) cres que alguén podería dicir academicamente que Paul Auster é literatura inglesa? :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 22:20, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Ao que vou. No noso pequeno marco voulle dicir "investigador", e derivado claramente dunha visión nacionalista da historiografía literaria, tense identificado como literatura galega aquela escrita en galego. Porén, a nada que saes de Galicia ves que ese criterio non se sostén en case ningún sistema literario e que os matices existen, confúndense e superpóñense. Se queres, unha rápida consulta aos artigos sobre Literatura de España e literatura en español na wikipedia española, sen ir máis lonxe, podería darnos unha boa idea de ata qué punto as cousas non son tan evidentes como aquí en Galicia cremos entender. Non, a literatura en galego pode ser literatura galega; pero a literatura galega non é unicamente literatura en galego, non o é agora, e moito menos aínda o foi, dende a perspectiva do sistema literario, non hai tanto como cincuenta anos atrás. Outra cousa é que decida eu abrir este debate na wikipedia, pois aparta de min ese cálice. Ora ben, e facendo a excepción da literatura galega, que mellor non remexela, se ti me respaldas véxome con forza para mover as obras da literatura rusa á literatura en ruso (ou no que for). :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 22:32, 17 de outubro de 2011 (UTC)

HotCat[editar a fonte]

Ai agora si que a fixeches :D :D --Xabier Cid Talk 2 me, please 00:06, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Periférico[editar a fonte]

Ola, Alejandro. Non estou de acordo co teu razonamento: nacionalismo periférico non implica unha visión nacional española. Implica unha visión estatal española, que é a que é, dado que tanto Galicia, como País Vasco como Cataluña se atopan na periferia do estado (saia o sol por onde saia). Con todo, paréceme moi atinada a redacción que puxeches, e non teño máis que dicir. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:56, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Extremo[editar a fonte]

Ola Alejandro. A páxina Extremo, despois de tanto tempo, xa vai quedando bastante ben, non si? --XoioÉche o que hai 21:45, 30 de outubro de 2011 (UTC)

Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas[editar a fonte]

Ola Alejandro. Se podes, bota unha ollada aos artigos Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas e NUTS e mira a ver se se pode amañar. Grazas. --XoioÉche o que hai 12:55, 31 de outubro de 2011 (UTC)

RE: L'autre monde...[editar a fonte]

Feito! Arranxouno HombreDHojalata. O problema é que cos títulos moi longos (de máis de 50 caracteres) o modelo da cursiva non funciona. É dicir, non pode manexar títulos do tipo "Título (filme)" para mostrar "Título (filme)" e non "Título (filme)". --Toliño Fala aquí comigo 09:52, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Comer e rascar[editar a fonte]

Tal cal: Comer e rascar todo é comezar. Eladio Rodríguez completa así o refrán: que dispois mal se pode deixar. Ten presente que rascar é válido, sinónimo de rañar. ¿Non tes o Dicionario de Dicionarios entre os teus favoritos? Alí tes o Eladio Rodríguez e non tes máis que introucir os lemas e mirar se ten refráns. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:41, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Carne vs vianda[editar a fonte]

Boas, Alejandro. Bota un vistazo a carne, a ver se así se desfán posibles equívocos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:55, 5 de novembro de 2011 (UTC)

  • Desde logo, non podemos facer tal redirección. Tampouco vexo contido para un artigo vianda, máis aló do que sería unha definición, con significados amplo e particulares. Pero para iso temos o Galizionario. Pedro --Lameiro (conversa) 20:18, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Listas borradas[editar a fonte]

Boas rapás!, quería saber se sería posible restaurar unhas listas que faltan de concellos por provincia: Lista de concellos da Rexión de Murcia, Lista de concellos da Comunidade de Madrid, Lista de concellos das Palmas de Gran Canaria e Lista de concellos das Illas Baleares se é que o seu contido é axeitado, se non podo traducilas de wp-es. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:32, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Boeno, como vou meterlles un pouco máis de información non paga a pena, moitas grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:37, 8 de novembro de 2011 (UTC)
Si, verémonos alí :D, pero non penso que estemos tanto en desacordo, ¿ou queres borrar lista de aves de Galicia, lista de concellos de Lugo?... Penso que o único problema estará nos límites... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:47, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Artigo de calidade?[editar a fonte]

Boas Atobar, cres que o Alzamento de Pascua pode ter xa os méritos para artigo de calidade?. --Piquito(conversa) 18:01, 9 de novembro do 2011

Vanth[editar a fonte]

Esquecinme polo marcador de tradución.--Xabier Cancela (fálame) 03:37, 12 de novembro de 2011 (UTC)

Borrar tema só porque edito temas do mesmo assunto? Isso é ridiculo[editar a fonte]

Borrar tema que nom tem nada de errado???????? É ridiculo. Em todas as wikipedias têm-me deixado escrever sobre o mesmo tema, temos o direito de escrever sobre os temas de que gostamos. Eu gosto de medicina, mais especificamente criónica, criopreservação, etc, e agora não posso escrever temas sobre o assunto? Onde já se viu? É extremamente ridiculo apagar um tema que não tem nada de mal só porque tenho escrito vários temas relacionados com ele. Cada um tem a sua especialidade, os seus gostos, interesses. Há pessoas que dominam história e escrevem sobre temas de história ou certos assuntos de história como história Galega, 2 guerra mundial, etc. As que gostam de ciência, medicina, escrevem sobre o assunto que mais gostam.

Enfim, tenho tentado traduzir vários temas relacionados com criónica para Português, Galego e Mirandês para ajudar essas linguas. Mas enfim, se não posso escrever mais na lingua Galega então assim o farei. Penso que é extremamente mas extremamente ridiculo controlarem dessa maneira, mas se assim o querem ok. Na wiki portuguesa, que tem muito mais gente não têm colocado problemas nenhuns. Aqui na wiki Galega, estão sempre a mudar tudo o que faço, por vezes até fazem coisas erradas como por exemplo em Valerija Pride alterarem "a primeira empresa de criónica fóra dos Estados Unidos" para "a primeira empresa de crionización fóra dos Estados Unidos" quando a palavra crionización esta completamente errada e não tem lógica nenhuma. Penso que a palavra nem existe. Ou então andarem a apagar as categorias ou outras coisas. Implicam com tudo!!! Nunca vi..

Enfim, então se assim desejam, deixarei de vir cá adicionar coisas. Continuarei a enriquecer a wiki Portuguesa e Mirandesa com assuntos de criónica, criopreservação e futurismo.--Usuario:Fredirib (fálame) 02:37, 13 de novembro de 2011 (UTC)

"O que fixeches é crear artigos sobre unha empresa e sobre os seus empregados, á marxe de que efectivamente fixeras artigos relacionados coa crionización."

Criei artigos relacionados com criónica, portanto criei 1 artigo sobre uma empresa de criónica, a KrioRus, qual é o mal? É proibido? Agora este ultimo tema da Neuropreservación limitei-me a traduzir do Inglês. Vais-me dizer que estou a fazer publicidade à KrioRus e aos seus empregados? Então manda também apagar o artigo de Neuropreservation na secção Inglesa, que nem foi feito por mim, mas por vários membros.

E o artigo Criopreservación onde nem fala-se de KrioRus, também estou a fazer publicidade a uma empresa? E se a empresa trabalha nessa área que culpa tenho eu? Agora quando se fala de motores de busca, também não se pode falar de Google e outras empresas? Quando se fala de exploração espacial não se pode falar da Nasa, etc? Que ridiculo. Que mania da perseguição!

Penso que é muita paranóia isto, paranóia a mais mesmo. Se todos fossem assim, então também estes e muitos outros assuntos estariam apagados nas linguas inglesas e portuguesas e outras.


"Anímote a seguires editando."

Pois claro. Borras-me, apagas-me o artigo Neuropreservación acusando-me de fazer publicidade a uma empresa (quando limitei-me a traduzir e informar sobre o assunto), noutros artigos meus apagam "categorías" e "ver outros artigos" relacionados com o assunto que estão bem e dizes-me agora que me animas a seguir editando!!! Pois, quanta lógica! Estou super animado para editar e ver borrado horas de trabalho. Enfim...

Petición[editar a fonte]

Se non é moito pedir, gustaríame que fixeses un dos teus artigos básicos para o Federal Bureau of Investigation. Coido que é importante termos un artigo sobre eles. Saúdos e graciñas. --Toliño Fala aquí comigo 11:27, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Extremo[editar a fonte]

Boas!. Quería saber si serían válidas ou non algunhas achádegas á páxina Extremo. Igual que se inclúe o artigo extremos dunha función imaxino que tamén se poderán poñer aquí os artigos referidos a extrema, ¿ou hai que facer outra páxina para ese homónimo?. Se a resposta é negativa entón penso que habería que engadir en Extremo os termos: Extrema unción, programación extrema. A maiores penso que habería que engadir tamén Metal extremo, Provincia del Extremo Norte, Extremoduro e In Extremo..., ¿ti que dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:29, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Boeno..., pois entón, non habería que mudar a páxina Wikipedia:Homónimos?. Porque di: páxinas de homónimos, que conteñen unha lista de ligazóns ás páxinas que inclúen no seu título a palabra homónima.... (as negras son miñas). Saúdos,--Elisardojm (conversa) 17:28, 14 de novembro de 2011 (UTC)
Non, o que me gusta é a precisión, que para iso son de ciencias ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:59, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Ficheiro:Flores vermellas.jpg[editar a fonte]

Alex. Poderías especificar a orixe? Por exemplo con "obra propia", se é o caso. --. HombreDHojalata.conversa 10:24, 19 de novembro de 2011 (UTC)

O mesmo con esta. --. HombreDHojalata.conversa 10:25, 19 de novembro de 2011 (UTC)

Ereccións xerais[editar a fonte]

Non me dá o coiro, que esta semana é de tolemia. Case prefiro esperar á fin de semana a que acougue algo xa en escocia. Ademais, aínda non temos os resultados definitivos. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:42, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Páxina de estatística[editar a fonte]

Entrei na páxina de estatística, pero non sei se hai que facer algo máis. Hai unhas ligazóns de "contador por meses" e "artigos máis editados". Hai que crear as páxinas desas ligazóns?Miguelferig 19:08, 25 de novembro de 2011 (UTC)

Senín[editar a fonte]

Pois é máis complicado do que parece. Non temos datos. Algunha idea?--Xabier Cid Talk 2 me, please 14:44, 27 de novembro de 2011 (UTC)

Kirita 22[editar a fonte]

Kirita22 son eu, Xesús Constela, pero no me apetecía que aparecese o meu nome polo que decidína "actuar" baixo pseudónimo. Grazas pola axuda recibida.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Kirita22 (conversacontribucións)

Obrigado![editar a fonte]

Non sabes o peso que me quitades de enriba. Alégrome de que me deades a benvida porque o último que querería sería meter o zoco. Insisto en que actuei coa meirande das boas vontades. Estou disposto a colaborar no que necesitedes, polo que fico á vosa disposición. Quizais un bo comezo sería a tradución de determinados artigos do inglés que puidésedes decidir. Insisto: estou á vosa disposición e moitas grazas por comprenderdes o acontecido.--Kirita22 17:40, 29 de novembro de 2011 (UTC)

illados[editar a fonte]

Pois pretendo todo o contrario: poñerllo aos que carecen del dentro do wikiproxecto de mantemento. Indícame onde está o fallo, para ver que estou a facer mal. --Servando2 (Dime) 00:56, 2 de decembro de 2011 (UTC)

  • Xa me estrañaba, pero todo pode ser. De todos xeitos, dá gusto ver que anda a xente atenta. Saudiños --Servando2 (Dime) 00:57, 2 de decembro de 2011 (UTC)

Para entender a disolución da Iugoslavia[editar a fonte]

Ola Alejandro. Hai xa tempo que non falamos (estiven decicándome ao meu inconcluso dicionario). Pero volvín, cun tema alleo á miña dedicación profesional, pero que me interesou moito e estudei pola miña conta no seu día. Así que comecei a edición de Historia dos eslavos do sur e me gustaría que lle botases unha ollada e opinases se é interesante ou non, ou se vai saír demasiado longo (seguro, á vista do "índice"; teño o artigo completo, a falta de adaptar ao formato wiki e de engadir fontes, ilustracións, etc). Grazas. --XoioÉche o que hai 00:12, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Noruega[editar a fonte]

Hahaha, sempre me mandas agasallos envelenados... A ver qué fago, pero non será cedo. Se te animas ti, adiante, adiante... ademais, o noruegués é danés mal falado! --Xabier Cid Talk 2 me, please 07:21, 9 de decembro de 2011 (UTC)

Mapas[editar a fonte]

Desculpa por tal demora compañeiro. Infelizmente nos ultimos meses o tempo non me permite desfrutar da galipedia :( , mais con todo, penso que no nadal poderei crear uns mapas axeitados e que estarán á altura deste noso gran proxecto. Grazas por contares comigo e na confianza que me depositas. Unha forte aperta.--Alexandre Vigo 00:23, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Historia dos eslavos do sur[editar a fonte]

Ola Alejandro. Xe tes completo o artigo. Xa podedes comezar a tirarme das orellas. Unha aperta e Feliz Nadal. --XoioÉche o que hai 18:51, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Xa pensaba que sairía longo, aínda que no crin que tanto (HombreD'Hojalata —creo que foi el– díxome que era o artigo máis longo da Galipedia). Xa viña matinando, mentres vía como engordaba, nun plan B no sentido que ti dis. O malo do asunto e que, en moitos casos (xa nas remisións que fago tipo "AP") resulta que o que eu poño no artigo é máis do que trae o principal. A solución sería que, con calma, fose facendo esas remisións (ou que as fagan outros), deixando un pouco más alongadas as últimas seccións. Pero sen deixar as primeiras porque, se les con detemento o artigo, os problemas comezaron xa coa división do Imperio romano. --XoioÉche o que hai 19:36, 18 de decembro de 2011 (UTC)

RE: Iw[editar a fonte]

Xa procuro poñerllas a verdade, pero é que nalgúns casos non as atopo, porque traducir os nomes ao castelán é sinxelo, pero cando non as hai en castelán para copiarlle as iws non é fácil buscalas noutros idiomas. Se hai un método máis sinxelo dimo! --Silverfox 18:17, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Encargo pendente[editar a fonte]

Xa están feitas dúas fichas, as de Tuula Ahola e Xosé María Vila Ribadomar. De Saúl Otero non encontrei case nada, xa que na súa páxina web non hai referencias moi concretas. Se sabes algo máis ti ou alguén coméntame.

Saúde e apertas grandes!!

--Ramiro Torres 12:34, 25 de decembro de 2011 (UTC)

Bastón e as parénteses[editar a fonte]

Deixei esta contestación na páxina de conversa do artigo "bastón (célula)". Reprodúzoa aquí por se a ves antes.

Si, podería ser mellor poñer bastonete e evitar a paréntese, pero o problema é que esta célula é máis coñecida entre nós por bastón. No dicionario de Xerais veñen as dúas formas, bastón e bastonete, significando neurona fotorreceptora da retina. No VOLGA bastonete non aparece. Bastonete é un diminutivo (bastociño), e non me parece estritamente necesario dicilo como diminutivo (tampouco se di "coniño" ou "conete" da retina, que son células aínda máis pequenas). Bastonete é como o dicen os portugueses, que non sei se o tomarían do francés como teñen feito con tantas palabras. Por outra parte, que eu saiba, bastón é unha palabra perfectamente galega, mentres que a terminación -ete para un diminutivo dubido que sexa de orixe galega.

É moi antipático poñer parénteses nos títulos, e máis aínda despois para facer as ligazóns desde outras páxinas, pero ás veces é difícil de evitar (ou non se me ocorre a min porque non son moi espilido para isto). Como diferenciamos a célula "cono" da figura xeométrica "cono"? Non poden ter o mesmo título, supoño. E hai "bastóns" para apoiarse ao andar a as células "bastóns". Cando eu fixen as páxinas "transcrición" e "tradución" referidas a bioquímica e bioloxía celular, xa estaban feitas outras co mesmo título referidas a temas lingüísticos e o que se me ocorreu foi poñerlle parénteses (que o vin feito noutras wikipedias). Habería que facer páxinas de desambiguación nalgúns casos.

De todos os xeitos, se considerades que é mellor titular como bastonete eu non teño o máis mínimo inconveniente.--Miguelferig 20:13, 28 de decembro de 2011 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Atobar/arquivo_6&oldid=4594066"