Conversa usuario:Banjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biohazard symbol.svg
Crystal 128 knode.png Tech News / Signpost   T     S  
Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10
11, 12

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón Insert-signature2.svg, ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon Insert-signature2.svg or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón Insert-signature2.svg, o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão Insert-signature2.svg, ou con --~~~~. Obrigado!

Wikirreto 2018[editar a fonte]

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)

*Alcipreste de Lawson[editar a fonte]

Ola Bajo. Gustaríame, se tes tempo, que lle botaras unha ollada ás últimas edicións que fixen no artigo Alcipreste de Lawson, especielmente ao tocante na nomenclatura en galego, e nomeadamente ao título do artigo. Modestamente creo que, mentres a Real Academia Galega non sancione un nome vulgar en galego para unha especie determinada (ou o faga algunha outra fonte autorizada), o artigo debería intitularse co nome científico de dita especie, como se fai en (case) todos os artigos de animais e plantas na Galipedia. Grazas antecipadas, e o meu desexo de que teñas un bo aninovo. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 2 de xaneiro de 2018 ás 01:22 (UTC)

Ola @Xoio:. O nome vulgar está referenciado coa obra "Termos esenciais de botánica" da USC, e ó igual que noutros casos referenciados de forma semellante debe manterse o nome vulgar. Se consideras que esta obra non é unha fonte fiable podes indicalo na propia conversa do artigo ou na taberna para revisalo con outros usuarios. Banjo tell me 2 de xaneiro de 2018 ás 09:21 (UTC)
Ola Banjo. Grazas por revisares o artigo en cuestión. Recoñezo que o traballo Termos esenciais de botánica, do SNL da USC, é unha fonte autorizada (e moi valiosa), aínda máis, Xusto Rodríguez Río, un meu amigo, é, para min, un sabio, e un dos máis sobranceiros especialistas en terminoloxía de Galicia, canda outros como Antón Santamarina (outro sabio), Manuel González, Francisco Fernández Rei, Iolanda Galanes, Manuel Núñez Singala, Salvador Pérez Froiz ou Pedro Benavente (Lameiro), entreo outros. Eu simplemente quixen saliuentar que, para Academia, a forma ciprés é a preferida sobre alcipreste (que, obviamente, tamén é válida), e que, segundo moitos botánicos e zoólogos (de todo o mundo) é recomendábel utilizar nomes xenéricos diferentes para as especies de xenero distintos (salvo no caso de estaren algúns deles estendido na fala viva de cada idioma). Porén, puideches ver que, nas miñas edicións, mantiven o criterio do SNL da USC e só fixen cambios no taxobox, mantendo, iso si, alcipreste de Lawson como primeiro nome galego. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 3 de xaneiro de 2018 ás 17:07 (UTC)

Curto de máis / en progreso[editar a fonte]

Ola, Banjo. Creo que hai outra conversa máis extensa sobre ese axunto (distinta da que me mostraches) na que participou moita máis xente, eu incluído, pero creo lembrar que non se chegou a ningún acordo concreto. E incluso creo que hai outra conversa moito máis antiga, non exactamente sobre isto, pero si relacionada, que tamén tratou un tema relacionado e foi na que se decidiu cambiar o cartel de colores vistoso de "en progreso" que había antes polo aviso moito máis discreto que se pon agora, xa que se concluíu que un artigo curto, se non ten outros erros (referencias, incorreccións etc) é útil con tal de que dea simplemente unha difinición do termo ou engada unha caixa de datos, aínda que, por suposto, deba ser ampliado cando sexa posible. Para min con poñer en progreso chega. Non sei onde están as conclusións ou acordos aos que se chegou (nesa conversa que me mostraches parece que non). En calquera caso eu non son dos que me incomodo se hai que reverter algunha cousa, pero todo ten que estar baseado en algo.--Miguelferig (conversa) 3 de xaneiro de 2018 ás 00:24 (UTC)

Constato repasando esa outra conversa que, efectivamente, non se decidira nada en concreto. Con poñer en progreso xa se sabe que hai que amplialo e para min xa chega. Pero tampouco quero ser teimudo con iso.--Miguelferig (conversa) 3 de xaneiro de 2018 ás 00:58 (UTC)

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:56 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Dereitos de autor en Ara de Eiras[editar a fonte]

Ola, Boa tarde.

Son o autor da páxina citada, polo que non existe violación de dereitos doutras persoas. Prego instrucións. --Lanobriga (conversa) 8 de xaneiro de 2018 ás 18:51 (UTC)

@Lanobriga: Feito! Feito! Banjo tell me 8 de xaneiro de 2018 ás 18:53 (UTC)

Botear (2ª parte)[editar a fonte]

Ola B.

Agora, poderías botear a substitución automática dos alias {{AMULL}} e {{AEMI}} polos modelos fetén? Sería: {{AMULL| -> {{Álbum de Mulleres| e {{AEMI| -> {{Álbum da Emigración|. Obrigado! --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2018 ás 21:33 (UTC)

@HombreDHojalata: Feito! Feito! Banjo tell me 8 de xaneiro de 2018 ás 22:10 (UTC)

Eliminar as referencias, non entendo[editar a fonte]

Boas tardes, porque eliminaches as referencias que engadín ao artigo de Olià Saúdos --Davidfirvida (conversa) 9 de xaneiro de 2018 ás 18:49 (UTC)

Ola, primeiro gustaríame agradecer a túa resposta, segundo pedirche desculpas pola eliminación de todos os avisos, a miña intención nesa modificación era engadir máis referencias e, en todo caso, eliminar só o aviso correspondente. As referencias que engadín eran do concello correspondente (Ajuntament de Bellver) o outras páxinas oficiais o verificadas. En calquera caso, farei outra edición engadindo só as referencias oficiais e indo con máis coidado de non eliminar nada (podes revisar esta edición cando a faga e, se procede, modificala pero non a eliminarla). E por último, perdoa por as faltas porque non son galego (aínda que podo falar e escribir cun nivel medio), eu só estou traducindo e adaptando o artigo en cuestión. Gràcies per l'atenció/Grazas pola atención --Davidfirvida (conversa) 10 de xaneiro de 2018 ás 16:29 (UTC)

Tradución con problemas?[editar a fonte]

Boas, eu entendo que a mensaxe do marcador indica o prazo de eliminación pero aquilo carece de sentido. Saúdos.--Bluestone Beagle (conversa) 10 de xaneiro de 2018 ás 09:15 (UTC)

Outra cousa, o artigo posúe unha redacción enciclopédica.--Bluestone Beagle (conversa) 10 de xaneiro de 2018 ás 09:30 (UTC)
Boas novamente, a tradución do artigo xa non precisa dunha revisión e as referencias están en castelán, o marcador xa non teñe sentido. Agora poderías proceder ao retiro o aviso??. Saúdos para vos.--Bluestone Beagle (conversa) 13 de xaneiro de 2018 ás 02:20 (UTC)

Modelo:Biografía[editar a fonte]

Ola, Banjo. Eu creo que o que hai que facer é o contrario, traballar no Modelo:Biografía para que dea acollida a todas as particularidades. Cun cambio tan sinxelo como o que fixen no caso concreto de Michael Winterbottom, agora acolle información como a súa ocupación e os lugares onde estudou, que antes non aparecían reflectidos. O único que se suprimiu foi a ligazón á ficha en IMDb no modelo, pero esa ligazón xa aparece dúas veces, nas ligazóns externas e no control de autoridades. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de xaneiro de 2018 ás 07:29 (UTC)

Seguindo o teu criterio, o Modelo:Biografía é inútil per se, porque ninguén é simplemente "personalidade", senón que a cadaquén habería que asignarlle o respectivo modelo oportuno. A que determinados campos xenéricos aplicarías este modelo?
Penso que na Wikipedia en galego, hoxe por hoxe, é o preferible usar un modelo que liga correctamente a Wikidata e que inclúe bastantes variables, a usar unha cantidade inxente de modelos particulares con numerosas carencias. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de xaneiro de 2018 ás 07:41 (UTC)
Sigo aquí para non molestar a Estevo. E que artigos hai na categoría de Personalidades que non son personalidades? Atopei por exemplo o artigo de Afroamericano, supoño que te referirás a este tipo de artigos, os que explican a área das personalidades e ós engadidos como "artigos principais" da categoría, non? Pero o máis normal é que eses xa teñan outro modelo, co cal xa non se van a modificar. Eu penso que coa restricción de que o artigo non teña ningún modelo (é dicir que non teña {{), a ficha de biografía engadirase en poucos artigos. Podería facerse a tarefa por partes para revisar como funciona. Por exemplo, segundo Petscan, a categoría "Personalidades por etnia" ten 1761 páxinas, se pode limitarse a esa categoría e con esa restricción, eu podo revisar tódalas modificacións que faga o bot dese cambio, e logo dependo do que vaia facendo, imos axustando. Se o prefires buscamos unha categoría con menos páxinas para reducir máis os posibles erros... Se o fas pola noitiña en canto me digas xa os reviso e así case non se da conta ninguén :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 12:08 (UTC)
@Elisardojm: Si, hai ese e outros semellantes, tamén cruza con categorías de tipo "obras de X personalidade" e demais. Segue sendo pouco efectivo. Ademais o criterio de exclusión de "{{" probablemente non consiga moitos resultados, a gran maioría de artigos de personalidades teñen o {{control de autoridades}} e neses xa non entraría a editar o bot. Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 12:23 (UTC)
Tes razón, entón nada, xa se fará. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 12:38 (UTC)

Problemas coa "coroa británica"[editar a fonte]

Na páxina de homónimos de Coroa, dentro da sección Numismática, unha das ligazóns é a Coroa británica, pero en lugar de dirixirnos ao artigo sobre esta moeda, a onde realmente redirixe é a Monarquía británica, que non ten nada que ver coa numismática. De feito, o artigo desta moeda, que sería o equivalente ao de Crown (British coin) na Wikipedia en inglés, aínda non existe. Xa que logo, propoño que se elimine a ligazón existente dentro da sección Numismática e se substitúa por Coroa (moeda británica).--Moedagalega (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 11:56 (UTC)

@Moedagalega: Feito! Feito! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2018 ás 12:08 (UTC)

Callitris pancheri[editar a fonte]

Ola Bajo. Moitas grazas polos arranxos que fixeches. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 11 de xaneiro de 2018 ás 22:38 (UTC)

Rosa Luxemburg[editar a fonte]

Boas, mira, creo que amañei os últimos problemas que comentaras na votación, a ver se podes botarlle un ollo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 08:41 (UTC)

@Elisardojm: Bo traballo, de novo. Sigo considerando que non é de calidade aínda, fáltalle para iso ó meu parecer. Deberías presentalo a AB. Banjo tell me 15 de xaneiro de 2018 ás 09:16 (UTC)
Engadín máis contidos de en.wiki, pequenas cousas nalgunhas seccións, e traducín as seccións de "Die Akkumulation des Kapitals: Ein Beitrag zur ökonomischen Erklärung des Imperialismus", "Dialéctica de espontaneidade e organización", "Epitafio pola súa morte", "Citas", "Últimas palabras: crenza na revolución", "Xenealoxía" e "Controversia na identificación do cadáver". Que tal agora? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 14:58 (UTC)
@Elisardojm: Reviso pola noite e dígoche. A simple vista aínda hai cousas a mellorar. Banjo tell me 15 de xaneiro de 2018 ás 15:13 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────@Elisardojm:

  • A extensión da intro está ben agora, precisa unha redacción máis cohesiva
  • As referencias na intro sobran nos casos que xa se inclúan no propio artigo, mellor trasladalas a onde corresponda
  • As citas relevantes poden incluírse no corpo do artigo nas seccións correspondentes se hai algunha, se non deberían pasarse ó Galicitas
  • A xenealoxía é relevante? Hai algún familiar destacado nela? Non está referenciada.
  • A sección da filatelia non está referenciada
  • Segue tendo notas separadas por comas (34],[35] - [nota 3],[74] - [77],[78],[79]...)
  • Indiquei que o da controversia do cadáver era interesante, pero tamén indiquei "aínda que alí non estea ben referenciado".
  • Nettl 1969 e 1966 son probablemente o mesmo. A primeira nota fai referencia a unha destas, non sei cal.
  • 3ª nota sen ref.
  • Non sei se as "últimas palabras" merecen unha sección propia, igual están mellor incluídas directamente na sección xeral de teorías.
  • "Apoio e crítica da revolución rusa" é prácticamente unha análise primaria WP:NFP, só indica dúas fontes secundarias.
  • Segue a ter entradas bibliográficas (Schütrumpf, Cliff) non incorporadas, nin no contido nin como referencias
  • Gran parte dos rangos de páxinas de Ettinger parécenme excesivos e creo que deberían estar máis acotados nas referencias (Ettinger 1990, p. 153-171 / Ettinger 1990, p. 118-134 ...)
  • Se na web das súas obras destacan 12 delas, quizáis nos deberíamos usar ese criterio tamén e evitar un criterio arbitrario/falta del no destaque das obras

Sigo véndoo bo pero non de calidade. Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 10:56 (UTC)

Vídeos de YouTube[editar a fonte]

Estimado Administrador,

Veo que ha borrado Ud. un vídeo de YouTube que publiqué hace días en el artículo de María Casares (en la sección de enlaces externos). Si los vídeos, por principio, no están permitidos en la Wikipedia galega (en la Wikipedia francesa sí se admiten), ¿considera Ud. conveninente que yo misma elimine un vídeo de la BBC que colgué en el artículo de Albert Camus?

Por otro lado, en el artículo de María Casares he publicado hoy 4 textos que remiten a la misma fuente: "María Casares: do trasterro ó exilio". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. ¿Las notas 11, 16, 19 y 20 se podrían unificar? En la Wikipedia francesa sí se realizan agrupaciones.

Saludos.

Soleil222 (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:55 (UTC)

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata[editar a fonte]

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Edición de cuadros adjuntos[editar a fonte]

Hola de nuevo. Siguiendo sus instrucciones, he realizado una agrupación de fuentes en el artículo de María Casares. Ahora encuentro una dificultad técnica: no soy capaz de editar los cuadros de Wikidata. ¿Podría Ud. modificar los datos biográficos de Albert Camus? Habría que cambiar "ateo" (el propio Camus afirmó que no lo era) por "agnóstico". Y en el apartado Cónxuxes habría que añadir el nombre de Simone Hié (su 1ª esposa). Saludos. Soleil222 (conversa) 17 de xaneiro de 2018 ás 15:46 (UTC)

@Soleil222: Feito! Feito! Modificados localmente. Banjo tell me 17 de xaneiro de 2018 ás 17:31 (UTC)

Mover[editar a fonte]

Boas, fixen un borrador que quero publicar na Galipedia. Como fago para movelo? Lles (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 22:41 (UTC) Xa atopei que non podo de momento https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Como_trocar_o_nome_dunha_p%C3%A1xina. Non é preciso que me contestes. Un saúdo. Lles (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 23:07 (UTC)

@Lles: Feito! Feito! Banjo tell me 20 de xaneiro de 2018 ás 10:29 (UTC)

contracción[editar a fonte]

Ola, Banjo!

Estiven buscando no como se facía para que cando nun modelo aparece a preposición de + o nome do artigo, aparecese contraído cando este leva artigo. Creo recordar que se modificara no Modelo:Concello, pero non atopo onde. Ti lembras como era o asunto? Porque habería que facelo no Modelo:Gráfica de evolución (incluído, por exemplo, no artigo O Abollo, Carbia, Vila de Cruces) e no Modelo:Hab info (incluído, por exemplo, no artigo O Carballiño). En ambos os dous casos, aparece "de O Abrollo" e "de O Carballiño" en vez de "do Abrollo" e "do Carballiño". Lembro que hai tempo se modificara un modelo, pero non dou atopado cal para copiar o arranxo :/ Ti sabes como era?

Noutra orde de cousas: o polígono industrial de Penapurreira está en Pena Porreira?

Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xaneiro de 2018 ás 22:09 (UTC)

Obradoiro Wikidata[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Polio[editar a fonte]

Ola. Contesto. Non creo que sexa unha boa tradución falar de casos controlados e non controlados, porque o derivado da vacina é tamén un caso incontrolado (un fallo inesperado). Wild polio refírese á polio producida polo virus silvestre (ou salvaxe) da polio, é dicir, o virus tal como se encontra na natureza, que é o que se contaxia dunha persoa a outra por vía fecal-oral ou como sexa. Este virus está plenamente activo, xa que é o virus natural sen ningunha modificación. Aínda que a polio é unha enfermidade moi controlada pola extensa vacinación que se fai en todo o mundo, nalgúns países ainda se producen abrochos de polio por contaxio co virus silvestre ou salvaxe. Por outra parte, a principal vacina da polio está formada por un virus da polio atenuado, é dicir, un virus que foi sometido a certos procedementos que o deixan debilitado e sen capacidade de reproducirse, polo que non pode orixinar unha infección, pero si ten os antíxenos, polo que pode provocar a inmunización contra o virus da polio, que é o que se pretende. O problema con este virus atenuado é que en rarísimos casos a forma atenuada pode reverter a unha forma activa e, nese caso, o virus derivado dunha vacinación pode orixinar tamén polio (son os casos de vaccine-derived polio) . Pero iso só ocorre nun caso en cada moitos centos de miles de vacinacións, polo que é un risco moi baixo, e segue sendo moitísimo máis seguro vacinarse que non vacinarse. O mellor é traducilo polio silvestre ou salvaxe e polio derivada da vacina.--Miguelferig (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 17:15 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Banjo&oldid=4625399"