Conversa Wikipedia:Filtro de abusos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Conversa usuario:Filtro de abusos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Castelanismos[editar a fonte]

Boas, estiven pensando en meter unha regra que non permita gardar castelanismos a ninguén salvo ós administradores, se algún usuario precisa engadir algún castelanismo, dunha cita ou algo así, pode avisar no taboleiro e listo. Se poñemos esta lista e logo facemos un repaso por tódolos artigos que temos para eliminar os que haxa, cousa que non é complicada coa axuda de todos e dos bots, poderíamos eliminar estes erros para sempre na Galipedia. Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 13:29 (UTC)

O problema que lle vexo é que podería arredar a novos editores que quizais non teñan un nivel académico de galego aínda que sexan galegofalantes de toda a vida, e sería unha pena, editar na Galipedia axuda a mellorar a lingua.--HacheDous=0 (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 13:51 (UTC)
(conflito de edición × 2) Paréceme un cambio controvertido, canda menos. As intencións son boas, dende logo, pero a medida semella excesiva. Quizais eu sería partidario dunha opción intermedia. Eu estaría máis a favor de impedir o gardado cun primeiro aviso que incluíse claramente a lista de castelanismos para alertar o usuario de que os corrixa (en caso de necesitaren corrección), pero coa posibilidade de confirmar o gardado da edición. Evitamos así sobrecargar de traballo aos administradores e a necesidade de que calquera usuario teña que pedir axuda en moitas ocasións, o que pode coartar as melloras dalgunhas persoas. --Toliño Fala aquí comigo 11 de outubro de 2016 ás 13:53 (UTC)
Symbol support vote.svgConcordo con Toliño, para novos editores (- de 10/20/50? edits) pode poñerse un aviso se o filtro detecta algún dos que se lle definan, pero non se pode impedir a edición sen máis, daría demasiados falsos positivos. Banjo tell me 11 de outubro de 2016 ás 14:22 (UTC)
Banjo, en que casos pode dar falsos positivos? A idea é poñer só os castelanismos que sexan erros perfectamente definidos e totalmente incorrectos, se algún pode dar un falso positivo nalgún caso raro entón non o engadimos, pero non sei se haberá algún así... Logo contesto ó resto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 18:06 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Se un usuario novo edita polbo, engade unha referencia a "Moxica, C., et al. "Cultivo intensivo de paralarvas de pulpo, Octopus vulgaris Cuvier, 1797, en tanques de 9 m 3." Boletín. Instituto Español de Oceanografía 18.1-4 (2011): 31-36.", temos *pulpo como castelanismo e non lle deixamos gardar a edición, é un falso positivo. Se outro usuario novo edita historia da medicina, engade unha referencia a "Melendo, E.B., 2007. Instrumental médico-quirúrgico en la" Hispania" romana. Sautuola: Revista del Instituto de Prehistoria y Arqueología Sautuola, (13), pp.181-196.", temos *quirúrgico como castelanismo e non lle deixamos gardar a edición, é un falso positivo... ad infinitum Banjo tell me 11 de outubro de 2016 ás 18:17 (UTC)

Non creo que sexa boa idea nin que de bo resultado empregar o filtro de abusos como filtro ortográfico. ¿Hai algunha outra Wikipedia, nalgunha lingua, que o faga? --. HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2016 ás 22:08 (UTC)
Ah, vale Banjo, non caera na conta das referencias... Dareille outra volta a ver se vexo como facer. HombreDHojalata, o filtro de abusos xa está a ser usado para filtrar insultos e palabras malsoantes, a nova regra sería bastante semellante e semellante a outras que teñen en es.wiki e en.wiki. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 22:50 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Wikipedia:Filtro_de_abusos&oldid=4284390"