Conversa usuario:HombreDHojalata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10
11, 12, 13, 14, 15, 16

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón OOUI JS signature icon LTR.svg, ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon OOUI JS signature icon LTR.svg or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón OOUI JS signature icon LTR.svg, o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão OOUI JS signature icon LTR.svg, ou con --~~~~. Obrigado!

Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa


Comparativo de produción[editar a fonte]

Ola, HombreDHojalata. Creo lembrar que ti un día deras os datos do número de entradas de cada enciclopedia en galego, xa en papel, xa dixital. Agora que na Wikipedia acadamos os 150 000, poderías poñer ese dato en contexto canda a EGU e outras? Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 28 de xullo de 2018 ás 09:35 (UTC)

Alex: Non lembro, mais o que poñemos en cadanseu artigo é o seguinte:
  • DS21: máis de 80.000 entradas de dicionario e máis 45.000 biografías
  • EGU: 200.000 entradas e 30.000 ilustracións
  • GEG: 100 000 entradas, 25 000 fotografías, 2500 gráficos e 500 mapas

--. HombreDHojalata.conversa 28 de xullo de 2018 ás 10:01 (UTC)

Aquí por causalidade temos maneira de saber os números segregados por biografías, ilustracións, mapas, fotograías, gráficos e mapas? --Atobar (conversa comigo) 28 de xullo de 2018 ás 10:18 (UTC)
Habería que contar dalgún xeito automático os artigos únicos que hai debaixo da Categoría:Personalidades. Eu non sei como facelo. Hai que ter en conta que un mesmo artigo pode estar (e normalmente está) ao mesmo tempo en varias subcategorías da antedita.
13.320 artigos levan o Modelo:Biografía, pero temos corenta caixas de información sobre personalidades distintas.
O caso das imaxes, é algo sumamente variable no tempo (máis que os propios artigos) e subxectivo, por que, se contamos as da trastenda, son case cincuenta millóns. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xullo de 2018 ás 10:40 (UTC)
Perfecto. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 28 de xullo de 2018 ás 11:34 (UTC)

Vou completar isto, avísote cando remate. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xullo de 2018 ás 11:39 (UTC)

Caixas de información sobre personalidades
Caixa de información Incluída en
# artigos
Modelo:Actor 2446
Modelo:Árbitro de fútbol 6
Modelo:Arquitecto 36
Modelo:Artista 62
Modelo:Artista musical 1415
Modelo:Astronauta 11
Modelo:Biografía 12198
Modelo:Ciclista 69
Modelo:Científico 661
Modelo:Compositor 139
Modelo:Director de cine 58
Modelo:Eclesiástico 467
Modelo:Escritor 1085
Modelo:Ficha de actriz porno 12
Modelo:Ficha de nobre 578
Modelo:Ficha de personaxe 48
Modelo:Filósofo 31
Modelo:InfBasquet 3
Modelo:Futbolista 2015
Modelo:Militar 24
Modelo:Montañeiro 1
Modelo:Músico 13
Modelo:Personalidade da pirataría 5
Modelo:Personaxe de banda deseñada 11
Modelo:Piloto 8
Modelo:Piloto F1 26
Modelo:Pintor 161
Modelo:Santo 98
Modelo:Superheroe 5
Modelo:Tenista 25
Modelo:Xogador da NBA 464
Modelo:Xogador da NBA retirado 221
Modelo:Xogador da NFL 44
Modelo:Xogador de baloncesto retirado 104
Modelo:Xogador FIBA 292
Modelo:Infmilitanteilegal 5
Modelo:Infpolitico 766
Modelo:Político 401
Outros modelos de
biografías non categorizados en
Categoría:Caixas de información sobre personalidades
???
biografías sen caixa de información ???
T O T A L 24.014 + ??? + ???

Pois iso @Atobar:, seguramente máis de 25.000 biografías (a GEG ten menos de 4.000, pero todas de galegos). --. HombreDHojalata.conversa 28 de xullo de 2018 ás 20:56 (UTC)

  • Moi interesantes todos estes datos. Moi agradecido. --Atobar (conversa comigo) 28 de xullo de 2018 ás 22:05 (UTC)

Re: Posible violación de dereitos de autoría en Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal[editar a fonte]

Ola. Desta vez non sei cal podería ser a violación. A primeira edición tireina da páxina en portugués, e aí non hai violación ningunha, que eu saiba. Ti mesmo fixeches varias edicións anteriormente, e non encontraras nada raro. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 28 de xullo de 2018 ás 23:29 (UTC)

"masonaría" e "masonería"[editar a fonte]

Ola, HombreDHojalata

Si, pero non sei se viches que eu fun o primeiro editor e, por erro, vin que deixei o termo do escrito meu orixinal en castelán, cando é unha voz que sempre escribo doutro xeito. Estou empregando o termo masonaría por diante de masonería, porque considero que é máis apropiada e é a que emprega como principal tanto o dicionario da RAG como a nosa Galipedia.

Por favor, prégoche que respectes neste sentido o meu criterio, que ao fin é o que entendo que é o máis aceptado. Non quero que se me identifique con esta terminoloxía, sobre todo cando estou por publicar un libro onde falo sempre de "masonaría" e non de "masonería".

Grazas e un saúdo!--Castelao (conversa) 31 de xullo de 2018 ás 14:50 (UTC)

Ola aos dous. Participo da conversa para matizar unha cousa: na Wikipedia en galego cómpre respectar a escolla do primeiro editor cando hai máis dunha opción correcta. En rigor, se foi -ería, cumpriría deixar -ería. Non osbtante, polo que explica Castelao (que, en sendo o primeiro editor do artigo, na primeira edición optara por -ería por un simple equívoco), entendo que cabe a enmenda, polo que non habería ningún problema en tirar polo camiño dos -aría. Mesmo cando, insisto, as dúas formas son correctas. E segundo matiz: as Normas se fixan unha preferencia, din: Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a cousas e indicaban o lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había abundancia delas. A forma -aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución: armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría, cestaría, chancelaría, charlatanaría, chocolataría, enfermaría, enxeñaría, ferraría, gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría, panadaría, papelaría, pedraría, peixaría, perfumaría, pradaría, refinaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría, zapataría.... Saúde. --Atobar (conversa comigo) 31 de xullo de 2018 ás 18:30 (UTC)
Si, moi ben @Atobar:, pero, como xa lle expliquei a el, Castelao non é o tal primeiro editor. "Masonería" está no artigo Camilo Díaz Baliño desde o ano 2009 [1] e é correcto, tal e como aclara o Dicionario da Real Academia. --. HombreDHojalata.conversa 31 de xullo de 2018 ás 18:37 (UTC)

Ah, por suposto! Crin que estabamos a falar de Masonaría! Deino por sentado, e vexo que me informara mal. Por suposto, cómpre deixar cada artigo coa escolla do primeiro editor. --Atobar (conversa comigo) 31 de xullo de 2018 ás 18:51 (UTC)

Vaia! Non vin o de o 2009! Eu fixen unha modificación completa do tema, como podes ver polo historial, e non vin que eliminara antes o que puxo o outro editor. Sendo así, é correcto o que dis: ten preferencia o anterior. Perdoa que insistira, pero nesta temática da masonaría quero ser especialmente preciso e o historial chiva quen fai que, como é lóxico e xusto. Así que perante a perspectiva de que por un erro meu figurase un termo do que non gusto, fixen a modificación. Grazas pola aclaración e o traballo. Saúdos!--Castelao (conversa) 31 de xullo de 2018 ás 21:08 (UTC) P.D.: De verdade, HombreDHojalata, que xeito tiven de perder o tempo nesta parvada! Isto pásame por estar a saltar dun lado a outro... :( Disculpa!--Castelao (conversa) 31 de xullo de 2018 ás 21:16 (UTC)

erro en ligazón interna en Xosé Filgueira Valverde[editar a fonte]

Ola, veño por acó para desculparme no erro garrafal na ligazón interna que afortunadamente corrixiches:

 Xosé Filgueira Valverde‎ (dif | hist) . . (-1)‎ . . HombreDHojalata (Conversa | contribucións) (reparando ligazón interna (apelidos-nome por nome-apelidos))

Fíxeno as présas e nin me decatei, mil perdóns. E grazas de novo.

Un saúdo--Maria zaos (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 20:16 (UTC)

Escusas escusarte. Todos cometemos erros. Esa é unha das cousas boas deste proxecto, todo pode amañarse. Outra é que traballamos en comunidade. --. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2018 ás 22:00 (UTC)

Camilo Díaz Baliño[editar a fonte]

Bos días HombreDHojalata. Fixen unhas pequenas aportacións ao artigo, como podes ver, no respectante á dúa vida persoal. Teño unha dúbida co que dis da filla que puxeches que se chamaba "Cuca". Supoño que a fonte na que te baseas é dalgunha publicación ou/e de declaracións dos Díaz Pardo, polo que seguro que ten que haber unha filla á que lle chamaban así. Puxen as referencias para que veras de onde ven o de "Marujita", pero non me esquezo do de "Cuca". Talvez ti teñas outra info que poida clarexar o tema.

Máis cousas, teño a portada do outro libro de Manuel Vidal na miña biblioteca. En canto poida a escaneo e póñoa tamén. Está en malas condicións, así que se ti o tes mellor, xa non o fago. Parabéns polo desenvolvemento do artigo! Un saúdo!--Castelao (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 13:21 (UTC)

@Castelao: Grazas. Carguei unha imaxe do vol. II do libro.
O nome de "Cuca" está tirado de aquí: Mariño, Esperanza: "Roteiro compostelán de Isaac Díaz Pardo": "Neste predio naceu Isaac o vinte e dous de agosto, terceiro fillo do casal tras as irmás Cuca -finada antes de el nacer- e Mercedes (Chita) e nel viviu a familia de aluguer durante un bienio até unha estadía en Madrid de ano e medio. Logo voltaron todos e alí estiveron até o ano 1927, cando a casa foi mercada polo cóengo don Calixto".
Da que non dou atopado datos biográficos é de Mercedes. --. HombreDHojalata.conversa 2 de agosto de 2018 ás 18:19 (UTC)

Bos días! De Mercedes tampouco atopei nada, pero tampouco pescudei moito, a verdade. Por outra banda, teño tamén unha acción das emitidas por Isaac Fraga en 1922, que creo que lin por algures que foi debuxada por Camilo, pero non ven asinada. Tampouco sei onde o lin. Se ti cres que é seu, súboo e así pódelo engadir ao artigo. Un saúdo!--Castelao (conversa) 3 de agosto de 2018 ás 11:22 (UTC)

Si, traballou moito para o seu compadre Isaac Fraga, mais non me consta a autoría dese tipo de documentos. --. HombreDHojalata.conversa 3 de agosto de 2018 ás 11:26 (UTC)

Seguindo coa asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradores[editar a fonte]

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)

Diego Pelaez[editar a fonte]

Ola, HdH. Revertiches unha edición miña en Diego Peláez. En que metín a zoca? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 19 de agosto de 2018 ás 14:16 (UTC)

Ola MAGHOI.
Diego Peláez é un personaxe medieval. Neses casos adoitan ordenarse polo nome completo. Se tes unha biblioteca a man podes procurar a Diego Peláez na GEG, na EGU, na DS21 ou no DEGU. En todas elas aparece, pero non o atoparás en ningunha delas pola letra "P". Hai que buscalo pola "D" de Diego. --. HombreDHojalata.conversa 19 de agosto de 2018 ás 19:42 (UTC)
Ok. Entendido. Graciñas--MAGHOI (conversa) 19 de agosto de 2018 ás 21:44 (UTC)

Correccións en Ana Peletiro[editar a fonte]

Ola. Mira a ver se quedaron ben as correccións que acabo de facer no artigo Ana Peleteiro e cres se podes quitar os avisos. Coido que suprimín o que puiden do estilo periodístico, deixando, basicamente, os datos e as citas. Grazas. --XoioÉche o que hai 19 de agosto de 2018 ás 20:16 (UTC)

Pois non. A redacción segue sendo impropia dunha enciclopedia. --. HombreDHojalata.conversa 19 de agosto de 2018 ás 20:21 (UTC)
Por favor, mira agora. --XoioÉche o que hai 21 de agosto de 2018 ás 15:28 (UTC)
Mellor. Grazas. Retoquei e retirei os carteis. --. HombreDHojalata.conversa 21 de agosto de 2018 ás 19:56 (UTC)

Re: Faro de Vigo[editar a fonte]

Pois non o vira, que non andiven por aquí eses días. Grazas! --Xas (conversa) 22 de agosto de 2018 ás 17:44 (UTC)

O anarquista[editar a fonte]

Bo día!!

O relato O anarquista foi escrito en castelán, e aínda que nunca foi publicado nesa lingua, a edición en galego en Lar foi unha tradución, polo que creo que debería estar en Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego. Como o ves? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de agosto de 2018 ás 07:55 (UTC)

Ola Adrián.
Son consciente, e así o reflicte o artigo, de que Pita o escribiu en castelán, pero iso é cociña interna antes da publicación. A publicación primeira foi en galego, de feito levou o subtítulo de novela orixinal e inédita. Se me permites a expresión, foi concibida en castelán máis parida en galego. Coido que non deberíamos, por tanto, clasificala como unha obra (publicada) en lingua x traducida ao galego, senón como unha obra orixinal da literatura en lingua galega a tódolos efectos. Igual que, por exemplo, a obra publicada en galego de Luís Pimentel (Día das Letras 1990), que din que escribía en castelán e eran os do círculo de amigos os que a traducían á nosa lingua antes de saír publicada (anos despois incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega e na Biblioteca Galega 120). --. HombreDHojalata.conversa 28 de agosto de 2018 ás 18:29 (UTC)

Texto pequeno== Inés Pérez de Ceta: bibliografía ==

Cómpre a túa axuda, HombreDHojalata, no artigo Inés Pérez de Ceta. (1) Engadimos unha nova e importante referencia bibliográfica tamén referenciada no texto, Otero, mais non o podemos facer porque aparece editada con TRANSCLUSIóN. Podes arranxar? (2) Na bibliografía con TRANSCLUSIÓN parece que HombreDHojalata incluíu as referencias López, Aurora (non hai problema, e Costa (non o temos á man). É axeitada para o artigo Inés Pérez de Ceta? FINALMENTE, obligadxs polo teu arranxo co Rueiro de Vigo > Gaiteiros de Airiños. Wikiaprendendo... --Xohanatorres (conversa) 1 de setembro de 2018 ás 07:46 (UTC)

Inés Pérez de Ceta: bibliografía[editar a fonte]

Outra vez... Vaia liada que montamos con esta mensaxe. Repetimos. Cómpre a túa axuda, HombreDHojalata, co artigo Inés Pérez de Ceta. (1) Engadimos unha nova e importante referencia bibliográfica tamén referenciada no texto, Otero, mais non o podemos facer porque aparece editada con TRANSCLUSIóN. Podes arranxar? (2) Na bibliografía con TRANSCLUSIÓN parece que HombreDHojalata incluíu as referencias López, Aurora (non hai problema, e Costa (non o temos á man). É axeitada para o artigo Inés Pérez de Ceta? FINALMENTE, obligadxs polo teu arranxo co Rueiro de Vigo > Gaiteiros de Airiños. Wikiaprendendo... --Xohanatorres (conversa) 1 de setembro de 2018 ás 07:46

Artigos da GEG[editar a fonte]

Mira unha cousiña, cando teñas un momento, podes botarlle un ollo ó que comentei en Conversa Wikipedia:Artigos da Gran Enciclopedia Galega? É que quería ver se dou rematado a lista para non deixar o tema a medias... Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 19:32 (UTC)

Eli: Contesteiche alí. --. HombreDHojalata.conversa 4 de setembro de 2018 ás 20:28 (UTC)

Artigo: Inés Pérez de Ceta[editar a fonte]

Boas, Elisardojm. Boas, HombreDHojalata. Poñemos esta mensaxe nos dous perfís, por se acaso. Aquí, wikiaprendendo, e wikidubidando, sobre as correccións a Inés Pérez de Ceta --Elisardojm, na sección "Traxectoria", suprimes esta cita: "Cumprido un ano da creación do beaterio, primeiro instalado nunhas casas humildes do Areal, solicítalle ao nuncio licenza para que a casa profesase baixo a Regra da Terceira Orde de San Francisco. Ao ser concedida chega á comunidade Dna. María de Melide, monxa de Santa Clara en Pontevedra, que fixo as veces de superiora. Nun primeiro momento dependeron do bispado de Santiago e logo pasou a depender de Tui.[1]" Agora ben, (1) a cita aporta información exacta sobre a fundación da comunidade; (2) coa súa supresión resulta inintelixíbel o parágrafo resultante, pois non se entende a referencia á rápida constitución e aparece repetido o nome da biografiada de maneira innecesaria. Xohanatorres somos partidarixs de manter a edición con cita. Poderías resolver? --HombreDHojalata, engades, e con razón, unha variación no nome, "Pérez de Zeta", que, segundo a nosa pescuda está documentada no s. XVII (vid. España Sagrada. Theatro geográfico-histórico de la Iglesia de España, t. XXIII, 1767); non sabemos se antes. Agora ben, revisamos a bibliografía á nosa man e comprobamos que o nome no documento de constitución do beaterio, de 1553, aparece como "Pérez de Çeta", con cedilla (vid., desde Bibliografía do artigo, Otero Piñeiro, que estudia e transcribe fragmentos desa constitución, p.e., nas páxinas 218-219. En documentos notariais de Baiona -de onde procede a familia- e escritos en galego, aparece como nome de rúa: no de 1274 documéntase unha "rúa Ceta" e noutro, de 1319, aparece "rua Çeta" (vid. reproducción en Xulián Maure, https://issuu.com/pontederosas/docs/documentos_baiona_xiii_e_xiv). Cremos que se debería consignar, xa que iso explica de seu a evolución cara ao antropónimo moderno "Ceta", que é a forma regularizada nas fontes dos s. XX e XXI. Xohanatorres non sabemos de paleografía e nin como wikiconsignar esta variante Çeta, máis antiga que Zeta, no nome de Inés Pérez de- con wikicriterios. Alén diso, os datos anteriores ofrécennos dúbidas sobre como debería ser denominada a familia: "Casa de Ceta" ou "Casa de Çeta"? Descoñecemos cal é a denominación máis adecuada segundo os wikicriterios; desde logo a actual é "Casa de Ceta".

Saúdos.--Xohanatorres (conversa)

Referencias

  1. PARES, [s.d.].
Ola Xohanatorres: Fixen un retoque e redirección para incluír a forma con "Ç" e engadín a bibliografía.
Para outra, é mellor que escribas na conversa do propio artigo, para non dispersar partes do diálogo por varias páxinas de varios usuarios y para futuras referencias. Por exemplo: dentro de cinco anos seguirá sendo doado para calquera seguir (e participar) o fío do tema na páxina do artigo e complicado seguilo nas páxinas varias de varios usuarios.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2018 ás 20:30 (UTC)

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)

Fernanda Tabarés[editar a fonte]

Ola. Eliminaches a Categoría:Premios Mestre Mateo, acaso non hai tal Categoría? --XoioÉche o que hai 12 de setembro de 2018 ás 19:58 (UTC)

Haina, pero, como podes ver, o seu contido son as convocatorias, non os premiados. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2018 ás 20:01 (UTC)

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Fotografias Biblioteca nacional de España[editar a fonte]

Boas @HombreDHojalata, polo que eu entendin aí -> http://www.bne.es/es/NavegacionRecursiva/Pie/avisoLegal/ as fotografias que subín do estatudo do 36 están baixo a licenza: (CC BY-SA 4.0). Non é asi? Saudos Cossue (conversa) 21 de setembro de 2018 ás 22:25 (UTC)

Segundo isto https://es.wikipedia.org/wiki/Propiedad_intelectual#La_mera_fotograf%C3%ADa son 25 anos após a realización da fotografía. One2 (conversa) 21 de setembro de 2018 ás 22:59 (UTC)
Ola Cossue.
Non. As fotografías que subiches non están baixo CC BY-SA 4.0. Iso non é o que di [2]
O que di a BNE nesa páxina e:
  1. Esta autorización no es aplicable a obras que no estén en dominio público, y cuyos derechos de explotación sigan bajo protección de la ley sobre propiedad intelectual.
  2. ...las imágenes en dominio público que se encuentren en el dominio bne.es están bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons.
Lembra que as licencias para uso non comercial non son compatibles co noso proxecto. Os contidos que achegamos teñen que poder ser válidos para calquera uso, mesmo obras derivadas e o uso comercial.
Inda así, o que di a BNE é absurdo. Se unha obra está en dominio público, está en dominio público, e calquera pode facer o que lle pete con ela. A BNE non é ninguén para impoñer unha CC BY-NC 4.0.
Se esas obras estivesen en dominio público a licencia correcta sería {{PD-...}}, pero é que non o están:
As obras dos fotógrafos Luís Casado (1887-1972), Juan Cancelo (1892-1988)... non están no dominio público. Pasarán a dominio público 80 anos despois dos seus pasamentos. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2018 ás 11:30 (UTC)
Ola Usuario:One2.
Efectivamente. Pero quen di que estas son "meras fotografías"? Ti? Eu?
Ese é o quid da cuestión
Pra min non o son.
En España hai que agardar 80 anos após o pasamento dos autores para que calquera obra pase a dominio público.
Polo tanto, e aplicando o principio de precaución, as imaxes deberían borrarse. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2018 ás 11:30 (UTC)

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

cemiterio de San Francisco[editar a fonte]

Ola, HdH! Moitas grazas pola colaboración á hora de preparar a WM-Nós. Sería fantástico se te animases a vir o día 20 a Ourense.

Vexo que puxeches en varios modelos Biografía "soterrado = Cemiterio de San Francisco". Se cadra érache mellor facer o ítem en WikiData e indicar alí o lugar de enterro (P119). Estiven o mércores alí tomando fotos de nichos e lápidas, pero hei volver esta semana cando faga peor tempo (con moito sol, as fotos saen mal). Tamén teño pendente, por certo, facer varrido fotográfico no cemiterio de Vigo.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de outubro de 2018 ás 21:29 (UTC)

Grazas a ti pola iniciativa. Teño cargas familiares que non me animan a desprazarme.
Certamente a solución de Wikidata é mellor, mañá me poño a iso.
En Pereiró tíralle ao monumento grande que hai a Concepción Arenal (mesmiño na entrada), que de cando estiven tirando eu, inexplicablemente, non conservo foto ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 7 de outubro de 2018 ás 21:42 (UTC)

Modiificación en texto de portada[editar a fonte]

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Pedro Ignacio Wolcan Olano[editar a fonte]

Hola, querido HombreDHojalata, como estàs? Yo bien!

He abierto esta pagina, en la Galipedia, y te pido por favor 4 minutos de tu tiempo por un contextito rapido.

Muchas gracias por todo, y si quieres te contexto en Italiano y Francès. Hasta luego

Rei Momo (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 08:04 (UTC)

Cine > Cinema[editar a fonte]

Xa desfixen os cambios. Perdoa pola confusión e polas molestias.--Breogan2008 (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 10:11 (UTC)

FC Barcelona[editar a fonte]

Boas HombreDHojalata, poderías mirar nalgunha das túas enciclopedias, se o nome do FC Barcelona ven con til en Fútbol ou non? Hai un debate aberto en Conversa:Futbol Club Barcelona#FC Barcelona. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 11:28 (UTC)

Preparación do servizo ORES na Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

gramática da lingua galega[editar a fonte]

Discrepo de que sexa unha lista "porque se pronuncian ou escriben igual", máis ben é porque tratan un mismo tema. Axuda á navegación, pero tamén dá unha visión da evolución das obras nese tema. Por iso non quitaría algunhas, nin as ilustracións. E dos autores, non sei o criterio que hai para poñer iniciais nuns autores e non noutros. De feito, quizais nin debería ir marcada como homónimos. Polo demais, pois nada, e edición é libre. ※ Sobreira ►〓 parlez 31 de outubro de 2018 ás 13:10 (UTC)

Ola Sobreira.
Pois esa é cuestión principal e primeira que hai que concretar. Se é unha páxina de homónimos ou un artigo. Se é o primeiro ten que levar o formato dunha páxina de homónimos e se é o segundo o formato dun artigo. Mesturar as dúas cousas no é bo e da resultados turbios.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 31 de outubro de 2018 ás 20:32 (UTC)

Pois se che parece quitámoslle homónimos, porque non pode ser que a categoría homónima non teña o seu artigo. (como non puxeches PING nin respondiches na miña de discusión case nin me entero de que o fixeches) ※ Sobreira ►〓 parlez 31 de outubro de 2018 ás 21:20 (UTC)

@Sobreira: Se consideras que é mellor darlle formato de artigo, adiante, quítalle o de homónimos (que lle puxeches ti Face-smile.svg).
Por certo que eu non quitei ningunha entrada da listaxe. Pola contra, engadín tres. Ti comezaches cunha ducia e agora ten quince.
Fíxenche "ping", fixen. Puxen "Ola [[User:Sobreira|Sobreira]]" (con ligazón interna). Facendo iso o sistema avísate da mención. De feito, o Modelo:Resposta a (alias Modelo:Resposta, alias Modelo:@, alias Modelo:Responder a, alias Modelo:Responder, alias Modelo:Ping) non fai, en esencia, máis que iso, poñerlle ligazón interna a un nome de usuario dado. Non che chegou o aviso?! --. HombreDHojalata.conversa 31 de outubro de 2018 ás 21:33 (UTC)
Dis á campaíña? ※ Sobreira ►〓 parlez 1 de novembro de 2018 ás 15:26 (UTC)
Si. --. HombreDHojalata.conversa 1 de novembro de 2018 ás 17:20 (UTC)

Lista de wikipedias[editar a fonte]

Boa idea a de jem. Saúdos, Agremon(contacto) 1 de novembro de 2018 ás 18:57 (UTC)

Castelo de Maside, non Masid ou de Ferreira[editar a fonte]

Boa noite, quería comentar unha cousa. O castelo de Maside é Maside non Masid, de feito empregar Masid é un erro. Realizáronse obras sobre el dende o século XX é a forma correcta é Maside. Hai unha casa próxima a el que conserva o nome correcto Maside. Ademáis tamén quería puntualizar que chamalo de Ferreira é un erro dado que o topónimo de Ferreira é toponimicamente incorrecto sendo o correcto Castro de Ferreira. Quería dicircho por que mudaches ti o nome da páxina a Masid, mesmo a xente do lugar da Torre onde atópase o castelo sempre emprega Maside nunca Masid, quería ver se podías mudar o nome da páxina e quitar o de Ferreira para sermos rigurosos. E moitas grazas!!!!!!--Segredos de Pantón (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 21:58 (UTC)

Ola Usuario:Segredos de Pantón.
A cousa é que nós temos que dicir o que din as fontes acreditadas (WP:V, WP:CITE, WP:FF, WP:NFP...).
En base a iso, fixen uns arranxos e penso que agora queda máis claro.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2018 ás 22:17 (UTC)

É que segue sen ser correcto, certo é que temos que empregar fontes acreditadas pero a fonte que debe de primar neste caso é a toponimia se miras en calquer plano observas que ese lugar chámase Maside non Masid, empregar esta última forma é unha clara invención. Nos mapas de Información Xeográfica de Galicia aparecen en tódolos planos ese lugar como Maside nunca como Masid.--Segredos de Pantón (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 22:23 (UTC)

Xa, pero estamos a falar do nome/s do castelo, non do nome do lugar, non si?
En calquera caso, quedan reflectidas no artigo as variantes coas súas referencias. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2018 ás 22:49 (UTC)

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Mover a galifontes[editar a fonte]

Boas HombreDHojalata, como vexo que es administrador en Galifontes, poderíaste encargar de mover alí Categoría:Normativa oficial do galego e as citas de Stanley Matthews? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 18:45 (UTC)

Ola AMPERIO. Apúntoo.
No caso das citas, deberían ir a outro proxecto, as Galicitas. En Galicitas non hai administradores.
En calquera caso, calquera pode trasladar contidos a un ou ao outro. Eso si, hai que facer bo uso do resumo de edición e/ou da páxina de conversa da páxina de destino, poñendo, por exemplo: contido procedente de gl.wikipedia.org... engadido orixinalmente en data X polo usuario:fulano. --. HombreDHojalata.conversa 6 de novembro de 2018 ás 20:38 (UTC)
Non me decatara que o que hai en Stanley Matthews son citas... estiven mirando varios artigos e me pareceu ver Galifontes. Non sabía que calquera podía facelo, como pon que hai que avisar a un administrador e o primeiro que vin fuches ti por iso te escribín. Para a próxima xa o sei. Grazas. --AMPERIO (conversa) 7 de novembro de 2018 ás 16:00 (UTC)
@AMPERIO:. Si. Conste que, para páxinas completas, a opción do administrador é a mellor (se hai un dispoñible). Os administradores dispoñen dun botón "Especial:Importar", que traslada automaticamente todo o contido e todo o historial de edición, dun proxecto ao outro. Porén, se non hai administrador dispoñible, pode facerse como che dixen antes. --. HombreDHojalata.conversa 7 de novembro de 2018 ás 20:18 (UTC)

Caixa Vigo[editar a fonte]

Boa noite!

Escríboche por se che apetece crear un artigo relacionado coa historia de Vigo do século XX: Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Como o ves?

Graciñas! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de novembro de 2018 ás 20:34 (UTC)

Ola Adrián.
Tomo nota. Grazas pola suxestión. --. HombreDHojalata.conversa 6 de novembro de 2018 ás 20:38 (UTC)

Manuela Barreiro[editar a fonte]

Ola, HdH. Vin que corrixindo o artigo Manuela Barreiro, variaches a minúsculas títulos que viñan en maiúscula en orixe e como tal os puxen. Por iso non entendo o porque. Saúdos, Agremon(contacto) 11 de novembro de 2018 ás 17:52 (UTC)

Face-grin.svg Ola Agremon.
Refíreste a títulos que nas publicacións de orixe están con tódalas letras en maiúsculas?
P. ex.: "CON TÓDOLOS PERMISOS. A PRIMEIRA UNIVERSITARIA GALEGA: MANUELA A. BARREIRO PICO"*
Esas publicacións teñen o seu estilo e este proxecto ten o seu (WP:LE). Non hai motivo para que aquí poñamos os títulos con tódalas letras en maiúsculas.
Ese é o motivo de que o mudase por "Con tódolos permisos. A primeira universitaria galega: Manuela A. Barreiro Pico".
Nesa mesma publicación [3] ese mesmo título aparece tres veces (páxinas 6, 10 e 107), a primeira e a segunda en minúsculas e unicamente a terceira con tódalas letras en maiúsculas, por una cuestión estética, supoño, de preferencia do editor desa publicación, que non ten por que coincidir co noso criterio.
De feito, fágolle unha edición máis, para darlle un formato, coido, máis acaído [4].
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de novembro de 2018 ás 20:59 (UTC)
Face-grin.svg Grazas pola completa explicación! (mesmo ó contestar xa aprendín a sorrir) Agremon(contacto) 11 de novembro de 2018 ás 21:20 (UTC)

Luiz Caracol[editar a fonte]

Bo día, moitas grazas por mencionarme na "Votación para borrar Luiz_Caracol". Se non fose polo aviso, non sabería desta votación. Mesmo así cheguei tarde para expresar o meu punto de vista.

Penso que todos artistas nos seus inicios teñen páxinas similares que van completándose a medida que pasa o tempo e van creando e publicando os seus traballos. Por exemplo, na páxina A_Viñeta_de_Schrödinger podemos atopar nomes de debuxantes noveis, algúns sen páxina e outros con ela, como Aldara. É difícil determinar o momento en que se poden considerar relevantes, mais desde o momento en que están relacionados con un produto que si o é, desde a miña modesta opinión, deberían poder ter a súa entrada na Wikipedia. En caso contrario podiamos caer no paradoxo de eliminar unha entrada para ter que creala de novo un ou dous anos máis tarde cando o/a artista "consolide" a súa carreira.

Eu propoño centrar os esforzos en completar publicacións sobre artistas recoñecidos que teñen páxinas cativas como por exemplo Pilocha en vez de buscar páxinas para o seu borrado ;-)

Grazas de novo!

--Marcos Vence Ruibal (conversa) 17 de novembro de 2018 ás 08:42 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:HombreDHojalata&oldid=4992093"