Conversa usuario:Norrin strange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
System-file-manager.svg Arquivo de mensaxes antigas:   Arquivo 1    Arquivo 2    Arquivo 3    Arquivo 4  

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición Insert-signature.png, ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon Insert-signature.png).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con Insert-signature.png, o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.

Índice

Votación Edward Elgar[editar a fonte]

Boas Norrin, quedan poucos días para que remate a votación Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Edward Elgar, avísoche porque comentaches que ías revisar o artigo e ó mellor pasóuseche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2015 ás 10:18 (UTC)

Lingua cabilia[editar a fonte]

Boas Norrin, vin que fixeches o artigo Lingua cabilia, pero no corpo do artigo pon que o idioma chámase cabila, no dicionario da RAG pon que cabila son unhas tribos bérber pero non di nada do idioma. Podes revisar se está ben ou se habería que mover o artigo a Lingua cabila? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2015 ás 09:57 (UTC)

Moi ben, movido entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2015 ás 13:23 (UTC)

RE:Favor[editar a fonte]

Pois como ti prefiras. Se queres ir desenvolvendo antes e logo mandar a mensaxe ben, se prefires que a xente vaia revisando xa pois ben tamén, cando ti o vexas máis axeitado :). Pásame o texto que queiras enviar e xa o mando aí a lista dos usuarios activos. Banjo tell me 16 de outubro de 2015 ás 12:35 (UTC)

Feito! Feito! Vai coa túa firma, abaixo xa ves como quedou :). Saúdos Banjo tell me 16 de outubro de 2015 ás 18:19 (UTC)

Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Vin os comentarios novos, a miña opinión segue máis ou menos igual que antes, e tampouco son moi partidario desa solución. Déixame cavilar e investigar un rato, logo comento aí para ver como podemos facer. Banjo tell me 21 de outubro de 2015 ás 07:08 (UTC)
Bótalle un ollo, a ver que che parece. Banjo tell me 21 de outubro de 2015 ás 09:31 (UTC)

Segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE: proposta[editar a fonte]

Boas Norrin, fixen un comentario na proposta sobre o tema dos nomes das institucións gobernamentais, pero deixando claro que xa se debaterá no seu momento como dis ti... Polo xeral estou de acordo co que se di no resto da proposta, aínda que se vexo algo máis comentareino. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 23 de outubro de 2015 ás 09:02 (UTC)

Por certo, esquecín preguntarte antes. No artigo Nova Jersey puxeches o marcador para mudar o Modelo:Estado EUA cara Modelo:Primeira entidade subestatal, entendo polo tanto que habería que facer o mesmo co resto dos estados de Estados Unidos non cres? --AMPERIO (conversa) 23 de outubro de 2015 ás 09:05 (UTC)

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Nome de artigo[editar a fonte]

Boas Norrin, ti poderías revisar o nome do artigo Xaibah para tentar quitarlle o aviso? Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de novembro de 2015 ás 13:57 (UTC)

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.


Muiahidín?[editar a fonte]

Ola, Norrin strange. Como se transcribiría isto? Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de novembro de 2015 ás 17:29 (UTC)

Moitas grazas. Serve, serve. Fareille o artigo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21 de novembro de 2015 ás 09:30 (UTC)
Grazas. --Atobar (conversa comigo) 22 de novembro de 2015 ás 13:06 (UTC)

peticións[editar a fonte]

Ola, Norrin! Como vai? Quería animarte a facer catro artigos relacionados coa relixión, por se che apetecese: seminario, arquidiocese, arquidiácono e vigairo. Fun consultar este último en castelán e non me quedou moi claro; porén, a partir do artigo en portugués cheguei a pt:Lista de posições na hierarquia católica (existe tamén pt:Hierarquia católica, e que ben se podía traducir a xerarquía católica), que me foi moi útil. Serviume tamén para entender a quen corresponde o brasón de armas con tres bordóns que ás veces se ve en edificios relixiosos.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de novembro de 2015 ás 19:26 (UTC)

Bulgákov[editar a fonte]

Está ben transliterado Mikhail Bulgákov? Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 27 de novembro de 2015 ás 18:27 (UTC)

Moitas grazas. E perdoa que siga a molestar, pero como sería este? Cadra que ultimamente ando a mirar cousas de escritores rusos e árabes e de paso aproveito para ir aquelando debidamente o que hai na Wikipedia. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 1 de decembro de 2015 ás 16:56 (UTC)
Grazas, Norrin. --Atobar (conversa comigo) 2 de decembro de 2015 ás 09:25 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)

RE:Universidade de Berlín[editar a fonte]

No problemo, quedan fusionadas en "Universidade Humboldt de Berlín", grazas polo aviso :) Banjo tell me 2 de decembro de 2015 ás 08:25 (UTC)

Feito! Feito! para Wrocław. En canto as de Nova York, non sei moi ben como diferencialas, descoñezo que categoría fai relación con cada universidade, como fan a diferencia alí na orixe e que personalidades pertencen a unha ou outra. Se detectas algún artigo estea incorrecto e que deba ir nunha ou outra avisa e cambiámolo ahí. Banjo tell me 2 de decembro de 2015 ás 08:48 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)

Pregunta[editar a fonte]

Ola Norrin! Por que retiraches un dos libros da bibliografía do artigo Historia dos xudeus de Tesalónica? Unha aperta!! --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 10:35 (UTC)

  • Pois non me dera conta :O! Moitas grazas!! --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 10:57 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Boas Norrin, teño unha dúbida que levo tempo sen dar resolto por que creo que non está claro o tema. Moitos artigos sobre nobres inclúen unha lista de honras e medallas que recibiron ao longo da súa vida e, resulta que nalgúns casos aparece a Orde do Toisón de Ouro. O tema é que a palabra Toisón non aparece na RAG, porén Vélaro si que ven, poñendo como exemplo de uso dese termo:

Vélaro

substantivo masculino
1 Conxunto de la que resulta de rapar unha ovella ou un carneiro.

Despois de tosquiar as ovellas, metían o vélaro en baldes de auga para lavalo.

2 Pel de ovella ou carneiro, coa súa la.

A lenda do vélaro de ouro.
Dicionario da Real Academia Galega

Doutra banda temos Toisón en Faro de Vigo, La Opinión Coruña, La Voz de Galicia ou Galicia Hoxe, sendo todos eles artigos de xornais.

Se buscamos en Google Orde do Toisón de Ouro aparecen 365 resultados fronte aos 9 de Orde do Vélaro de Ouro, sendo 5 deles resultados da propia galipedia.

Pregunteille a Elisardojm que me remitiu ao artigo da Diciopedia do século XXI onde utilizan "Orde do Vélaro de Ouro"(aquí tes a ligazón). Non sei se ti sabes algo do tema. Unha aperta!--AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2016 ás 12:13 (UTC)

Estupendo! Moitas grazas! Xa tiña ganas de meterlle man a ese artigo. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 13:11 (UTC)

Por certo, animaríaste a facer Igrexa Ortodoxa Rusa no exilio? --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 13:19 (UTC)

Wikiproxecto[editar a fonte]

Boas Norrin! Quería informarte de que bota a andar o Wikiproxecto Rusia. Pensei que como ti máis ou menos controlas o tema das transliteracións dos nomes do cirílico ao latino, poderías formar parte do proxecto controlando os títulos dos artigos creados. Non sei se tes tempo ou te apetece meterte nun choio máis, pero só quería que souberas da súa existencia. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 18:34 (UTC)

Pseudónimos[editar a fonte]

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)

Revisión de nomes[editar a fonte]

Boas Norrin! Poderías botarlle unha ollada, cando teñas tempo ao artigo Georgii Chicherin para ver se están ben feitas as transliteracións dos nomes rusos ao galego? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 4 de marzo de 2016 ás 12:41 (UTC)

Moitas grazas! --AMPERIO (conversa) 4 de marzo de 2016 ás 15:15 (UTC)

Juvencus[editar a fonte]

Ola, Norin. Era ben ter en galego o artigo dese home. Como creo que o tema é do teu interese, a ver se te animas a traducilo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 3 de abril de 2016 ás 17:20 (UTC)

Nova escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada[editar a fonte]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)

RE:Tarefa para Bot[editar a fonte]

Está correndo, dependendo do número de artigos debería quedar listo en 1-2 horas, en canto remate aviso Banjo tell me 17 de abril de 2016 ás 09:41 (UTC)

Feito! Feito! O bot rematou de engadir o modelo nos artigos desas tres categorías máis subcategorías. Banjo tell me 17 de abril de 2016 ás 12:18 (UTC)
Fixen unha proba no {{Wikiproxecto Catolicismo oriental}} para combinar a categorización por nota e importancia. Dependendo da valoración inclúe a páxina nunha categoría de tipo "Artigos (nota) (importancia) do wikiproxecto...". Con esas categorías combinadas pódese facer un reconto automático para a táboa de estatísticas. Bótalle un vistazo a ver que che parece, se queres engado as contas así na táboa. Banjo tell me 17 de abril de 2016 ás 11:15 (UTC)
Imos aló. En canto quede listo aviso :) Banjo tell me 18 de abril de 2016 ás 08:31 (UTC)
Queda listo, xa viches. Paseino a un modelo para máis comodidade. Ás veces pode que non se vexan correctas as contas, recargando a caché deberían correxirse. Se aínda así non, pode ser algún retraso na caché do propio servidor, é cuestión de darlle algo de tempo nalgunhas ocasións para que "recupere". Calquera outra cousa que precises avisa. Banjo tell me 18 de abril de 2016 ás 10:37 (UTC)

Rasputin[editar a fonte]

Grazas polo apuntamento sobre o nome! Penso que xa están todos cambiados, se queres bótalle unha ollada ao resto de nomes do artigo e me comentas. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 14:19 (UTC)

Si que adoito traducir os nomes dos nobres, o caso de Aleksei en concreto adoito escribilo sempre como Alexei xa que era a forma na que el se refería a si mesmo (en todo caso non o traduciría a Aleixo ao non tratarse dun monarca reinante). Alexandra si que o traduzo por que foi tsarina. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 14:48 (UTC)
Pero tes razón, mudei os Alexei por Aleksei no artigo Aleksei Nikolaevich Romanov, deixando redirección desde Alexei Nikolaevich Romanov--AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 14:54 (UTC)

Wikisource[editar a fonte]

Ola Norrin.

Deixeiche unhas mensaxes en s:. --. HombreDHojalata.conversa 4 de maio de 2016 ás 20:19 (UTC)

Aviso votación para administrador[editar a fonte]

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)

RE:Revisión de modelos[editar a fonte]

Feito! Feito!. Contaban os espazos en branco que tiña entre os <includeonly>...</includeonly> e <noinclude>...</noinclude>. Deberían verse ben agora. Banjo tell me 6 de maio de 2016 ás 07:07 (UTC)

Please stop - answer[editar a fonte]

Hi Place Clichy! Please stop adding cats such as "Catolicismo en Italia" to Categoría:Igrexa Católica Latina. Keep in mind that sui iuris churches are not national churches and have bishops and dioceses all around the world. Thanks! --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2016 ás 09:23 (UTC)

Hi! I agree that some of the sui iuris Churches are present all around the world. However, in general, they have a link to a place of origin which, imho, deserves categorization in something more specific than only Igrexas particulares. For instance, ‎ deserves to have a link of some kind somewhere inside the category tree, such as Cultura de Eslovaquia or Relixión en Eslovaquia. However, as I am only a visitor here so I will let you do as you want. Place Clichy (conversa) 13 de maio de 2016 ás 11:54 (UTC)

Arquieparquía católica Caldea de Arbil[editar a fonte]

Mira, hai la Categoría:Divisións territoriais da Igrexa Católica Caldea que no consigo colocar en Commons con por exemplo: it:Categoria:Diocesi cattoliche caldee, porque? Mi ordenador hoy es loco!

Rei Momo (conversa) 17 de maio de 2016 ás 08:57 (UTC)

RE:Modelo:Succession box[editar a fonte]

Tal e como está agora non, xa que é un formato algo especialiño. É unha tarefa pendente para máis adiante, ver como podemos amañar iso. Polo momento a solución que eu vexo máis axeitada para ter un formato homoxéneo é o que fixen en Luís I de España, meter as caixas de sucesión dentro de {{Navboxes}}. Así polo menos queda da mesma forma que o formato "navbox" xeral e non racha tanto a maquetación da páxina. Se queres aplicalo nalgún artigo concreto e precisas calquera axuda avisa. Banjo tell me 18 de maio de 2016 ás 11:41 (UTC)

Revisión de movemento[editar a fonte]

Boas, un usuario moveu o artigo Dnipropetrovsk a Dnipro, como ti puxeches na conversa que tiña que ser Dnipropetrovsk, e ademais controlas do tema, cando teñas un momento podes revisalo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2016 ás 10:12 (UTC)

@Elisardojm: Parece que mudaron o nome de xeito oficial hai pouco (Noticia de Radio Free Europe, Ukraine Today). Polo visto todo ven das leis de descomunización vixentes no país para suprimir os vestixios da época soviética (en ingles hai un artigo sobre isto). O que si debería reflictir o artigo é o feito de que o nome cambiou en 2016, xa que parece que o usuario que realizou o cambio mudou todo de xeito automático.--AMPERIO (conversa) 20 de maio de 2016 ás 10:54 (UTC)
Moi ben, grazas ós dous pola revisión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2016 ás 21:58 (UTC)

Iesinei vs Yesinei[editar a fonte]

Ola, Norrin. Esta edición é correcta? Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22 de maio de 2016 ás 14:59 (UTC)

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Artigo transliterar[editar a fonte]

Boas Norrin, estiven vendo algúns artigos que temos duplicados para fusionalos e atopeime con Transliterar e Transliteración. O primeiro deles ten un marcador de aviso para revisalo. Como sei que ti entendes deste tema, poderías botarlle unha ollada e unificar os contidos para que podamos fusionar os artigos? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 26 de maio de 2016 ás 09:54 (UTC)

transliteración[editar a fonte]

Ola, Norrin! Como vai? Quería pedirche axuda cunha transliteración do cirílico. Como sería en galego o nome Иван Сергеевич Шмелёв (es:Iván Shmeliov, en:Ivan Shmelyov)? Graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xuño de 2016 ás 06:06 (UTC)

Transliteración Херсон[editar a fonte]

Boas Norrin, estou traballando en Aleksandr Kolchak e teño unha dúbida sobre como transliterar Херсон. En castelán ven como Jerson, mais seguindo o criterio que establece WP:TRL debería ser algo como Kherson non si? --AMPERIO (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 10:40 (UTC)

Moitas grazas! Non sabía o da RAG. Unha aperta. --AMPERIO (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 11:51 (UTC)

RE:Petición[editar a fonte]

Feito! Feito! Os que xa teñan o {{Control de autoridades}} irán aparecendo na categoría pouco a pouco segundo vaia refrescando a caché do servidor. Banjo tell me 28 de xuño de 2016 ás 13:59 (UTC)

Bos Aires[editar a fonte]

Ola, Norrin!

Non comprendín as túas edicións con redireccións a Bos Aires, Arxentina cando o artigo é Buenos Aires. Entendo que a referencia da RAG prima non só para o título do artigo, senón tamén para as ligazóns noutros artigos. Non creo que a opción do primeiro editor como no caso de Galiza/Galicia sexa aplicable a este caso, porque a propia RAG avala o uso de Galiza, mais neste caso a RAG só dá por válida a forma Bos Aires. Amais, na propia páxina de homónimos Bos Aires xa había un enlace a Buenos Aires, non era necesario duplicar.

Se cadra pode abrirse un debate na páxina de conversa. Como o ves? --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xullo de 2016 ás 13:09 (UTC)

Ola Norrin.
O do criterio do primeiro editor non é tal. Explícome. Nalgúns artigos novos aparece Bos Aires porque no seu día, na Galipedia, falouse de que a forma correcta era Bos Aires, a raíz diso, cambiáronse moitos Buenos Aires por Bos Aires, e os editores que souberon do tema, a partir de aí, empregaron Bos Aires nas súas primeiras edicións, non por elección propia, por "decisión da comunidade". Esas primeiras edicións están influenciadas polo que se dixo na comunidade daquela. Ao que vou: que o tema xa está tan sobado e mudouse tantas veces de criterio e de forma nos artigos que non creo que "o criterio do primeiro editor" sexa válido xa e, en todo caso, de poñer Bos Aires, penso que habería que facer [[Buenos Aires|Bos Aires]]. Facer [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]] iguan ten algún sentido, pero non acabo de saber cal é. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2016 ás 22:44 (UTC)

formas do artigo[editar a fonte]

Ola, Norrin!

Na construción verbo + artigo son válidas as dúas formas, tanto "confirmar a natureza" como "confirma-la natureza". No caso da construción verbo + pronome vai sempre unido; isto é: "confirmar o asunto", "confirma-lo asunto" pero "confirmalo". Ollo no caso de "todos + os", "ambos + os" ou "tras + os", porque son sempre artigos e nunca levan guión; pode ser "todos os" (forma recomendada) ou tódolos/ámbolos/tralos.

Non sei se me expliquei! :D

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xullo de 2016 ás 08:49 (UTC)

Estrutura de artigos taxonómicos[editar a fonte]

Ola Norrin. Non acabo de ver claro que teñan que ter todos os artigos de seres vivos obrigatoriamente a mesma estrutura, pero pode poñerse unha estrutura recomendada, sempre e cando non haxa que reformar por esa causa os moitos artigos xa feitos (mellor gastar as enerxías en facer artigos novos). Por outra parte, hai que recoñecer que pode ser un pouco caótico ter artigos con estruturas tan distintas como hai.

Entre as razóns que me fan dubidar desa necesidade están as seguintes:

  • Este tipo de artigos non ten un modelo de estrutura, pero creo que artigos doutras temáticas tampouco a teñen.
  • Polo que vexo noutras wikipedias tampouco nelas están moi unificados en estrutura (polo menos na práctica).
  • Pode causar unha certa rixidez á hora de facer os artigos, xa que estes son moi variados. Ás veces a información de que se dispón é pouca e se a divides en seccións, estas ao mellor só teñen tres liñas de texto. Neses casos pode ser mellor facer un apartado de “Características” e non dividilo en Reprodución, Descrición, Costumes, Estado de conservación etc. Mesmo hai veces que hai tan pouco que dicir que abonda con poñer todo o pouco que hai como se fose o cabezallo do artigo.
  • Se o nome da especie (científico ou común) ten moito que dicir del pode facerse un apartado á parte, pero outras veces abonda con poñer unha etimoloxía entre paréntese ao inicio.
  • Os seres vivos son moi distintos, e non ten as mesmas necesidades un artigo sobre bacterias, que sobre vertebrados ou plantas. Por exemplo, nun animal parasito pode ser conveniente empezar ou salientar as enfermidades que produce ou o comportamento como parasito. Outros teñen unha taxonomía polémica ou cambiante que requerirá un apartado de taxonomía, que noutros casos é innecesario. Doutros fixéronse estudos importantes sobre un aspecto determinado que ocupan unha gran sección (por exemplo unha serpe que resiste a tetrodotoxina da que fixen a páxina recentemente). Outros son organismos modelo e o máis salientable neles é iso. Doutros se coñecen moi ben os fósiles dos seus antepasados.

Habería que falar tamén con Xoio, que fai moitos artigos de seres vivos a ver que opina. Creo que el é máis partidario de estruturalos todos por igual.

En calquera caso, se hai que darlles unha estrutura, unha posibilidade é:

  • Cabezallo
  • Etimoloxía/nome
  • Área de distribución e hábitat
  • Descrición
    • Morfoloxía externa
    • Anatomía interna
  • Alimentación e depredadores que o consomen
  • Reprodución
  • Taxonomía
  • Estado de conservación
  • Outros

Pero non estou seguro que sempre teña que ser esta orde. Algunhas veces certos aspectos son máis importantes e deberían ir ao principio e noutras especies ao contrario.

Outra cuestión completamente diferente é o cambio que vin nunha páxina de Cambodja por Camboxa. O primeiro editor era eu e puxera Camboxa (creo que daquela busquei que era o que se prefería, xa que eu tampouco tiña un criterio formado). Despois Chairego cambiouno a Cambodja, porque era o que agora recomenda o DRAG. A min pareceume ben, porque, aínda que as dúas aparecen no DRAG, Camboxa aparece como forma non recomendada, e Cambodja como recomendada. Despois ti cambiaches a Camboxa de novo. Francamente, a min dáme igual, e xa vexo que en varios topónimos hai polémica e pouca estabilidade e non sempre me gusta a solución oficial que se propón (eu prefiro Los Ángeles a Os Anxos, por exemplo), pero creo que hai que deixar a forma última recomendada oficialmente independentemente do criterio do primeiro editor.--Miguelferig (conversa) 21 de xullo de 2016 ás 19:25 (UTC)

Boteille unha ollada á túa distribución. O que vexo é que non sei por que o estado de conservación (en perigo de extinción, ameazada etc.) ten que ser un subapartado de hábitat. podía ter un apartado propio. Tamén meter a reprodución e a alimentación dentro de descrición non me parece, quero dicir, se entendemos descrición como o aspecto do animal e anatomía/fisioloxía, e non incluímos aí os comportamentos. Habería que incluír tamén un apartado de Costumes do animal ou algo así para dicir se vive en colonias ou en solitario, se é territorial, se escava tobos ou goridas, que canto ten, como voa etc. En vez de Perigos podería poñerse enfermidades ou toxicidade. Habería que incluír tamén unha sección sobre os usos que lle dá o home a ese ser (planta medicinal, peles, cosmética, caza...). Tamén creo que eses poden ser apartados de seu, é dicir, non incluídos dentro doutro apartado máis grande como Relación cos humanos, porque senón creamos subapartados, que nalgúns casos será necesario subdividilos á súa vez, e créanse moitos niveis de subapartados. Tamén creo que estamos pensando moito en animais, pero talvez as plantas ou as bacterias requerirán outros apartados. Ás veces nas bacterias hai un apartado de xenética ou de probas clínicas de recoñecemento de cepas. Páxinas determinadas poden ter necesidades específicas; por exemplo na páxina da planta lesta que fixen recentemente incluín un apartado de especiación (que non viña no orixinal da wiki inglesa polo que me guiei), pero que é un exemplo típico de especiación e o necesitaba para a páxina de evolución coa cal ligaba. A xenética e evolución da Biston betularia ocupa unha parte considerable da súa páxina. por iso eu dicía que a estrutura non se pode facer moi ríxida. Outras veces pode ser necesario poñer a taxonomía máis arriba, para saber do que se vai falar despois. Non sempre queda mellor poñer todas as páxinas igual.--Miguelferig (conversa) 22 de xullo de 2016 ás 19:25 (UTC)

Pecados cardeais[editar a fonte]

Boas Norrin, como ti sabes máis do tema ca min, veño cunha pregunta. Existen no xudaísmo os pecados cardeais? Está como ligazón interna no artigo Pobo_xudeu. Eu tentei atopar información en galego sobre iso e o que me parece é que son os pecados capitais, pero non estou seguro de todo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2016 ás 01:23 (UTC)

Ves como sabías :), moitras grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2016 ás 22:58 (UTC)

Reflexións sobre os artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Pronuncias "erróneas"[editar a fonte]

ʊ é o símbolo oficial para a vogal case pechada semiposterior arrendondada no Alfabeto Fonético Internacional.

"Naturalmente, estamos a falar de valores medios, non de que todas as realizacións sexan necesariamente así. Estas vogais, de acordo co Alfabeto Fonético Internacional poden representarse como [ɪ], [ɐ], [ʊ]. Neste dicionario, dado que se procura, na medida do posible, unha transcrición accesible e clara para non especialistas, optouse por representar estas vogais cos signos [e̝], [a̝], [o̝]..." http://ilg.usc.es/pronuncia/dicionario_fonetico_introducion.pdf

[e̝] = [ɪ]; [a̝] = [ɐ]; [o̝] = [ʊ]

Non confundas [ʊ] (vogal case pechada semiposterior arrendondada) con [u] (vogal pechada posterior arredondada) ou [ɪ] (vogal case pechada semianterior non arredondada) con [i] (vogal pechada santerior non arredondada)!

En galego como sería?[editar a fonte]

Este xornal ruso, como se transliteraría? Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 5 de decembro de 2016 ás 17:01 (UTC)

Moi agradecido. --Atobar (conversa comigo) 8 de decembro de 2016 ás 10:57 (UTC)

Suxestión[editar a fonte]

Ola Norrin.

Como vai?

Podo pedirche unhas liñas sobre o arcebispo galego Enrique Pérez Serantes? d:Q5833719

Graciñas en calquera caso. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de decembro de 2016 ás 18:30 (UTC)

Wikirreto[editar a fonte]

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Dúbida[editar a fonte]

Boas Norrin, aínda que vexo que levas xa un tempo sen editar, por se acaso les isto, quería consultarte unha transliteración. No artigo Miguel Shishman fálase da cidade búlgara de Yambol. O seu nome en búlgaro é Ямбол, a transliteración correcta sería Iambol? Un saúdo e espero verte pronto de novo por aquí. --AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 22:52 (UTC)

Certo, mirei o ruso. Grazas. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2017 ás 17:51 (UTC)

Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Ola Norrin. Tiña pensado darlle para adiante a votación da túa redacción de Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións, en principio para o 17 de marzo. Como ti fuches o principal redactor quería consultar contigo antes. Non sei se consideras isto axeitado, ou se ves algún detalle ou cuestión que habería que engadir ou determinar antes de proceder a votala, como o ves? Banjo tell me 2 de marzo de 2017 ás 10:44 (UTC)

Catorce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Comentarios na votación[editar a fonte]

Boas Norrin, movín os teus comentarios da votación á páxina da conversa porque entendo que eses comentarios son para cando se abra a votación. Logo cando teña un momento seguimos falando alí sobre o tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 11:49 (UTC)

"Méritos" dos artigos de calidade[editar a fonte]

Ola Norrin! Vin o teu comentario na votación para artigo de calidade de Jane Joseph. Non quero que malinterpretes as miñas palabras, o engadido final da votación (desta e doutras) non pretende ser un mérito do artigo (de feito, como ben indicas, non o é nin o considero). Eu non me limito a poñer simplemente os méritos do artigo de acordo cos criterios de elección, ás veces poño sensacións que me transmite o artigo (como cando puxen que disfrutara traducindo os artigos das viaxes do neno Mozart), non é con ánimo de nada en concreto porque cando propoño un artigo desa temática xa intúo (máis ou menos) quen vai participar, porque case sempre son @s mesm@s, que veñen sendo as persoas ás que lles interesa o tema (oxalá houbera máis, pero é o que hai). Se con poñer a última frase no artigo de Jane Joseph consigo que algunha persoa máis revise o artigo, pois mellor que mellor, aínda que logo non o vote ou vote en contra, canta máis xente se anime a participar mellor será, xa que o artigo estará máis revisado e seguramente teña menos erros (aínda que sempre pode quedar algún), eu non lle vexo nada malo. Non te tomes a mal o comentario, non é a miña intención, simplemente quería explicarcho. Un saúdo!! Piquito (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 19:33 (UTC)

Modelo escolla primeiro editor[editar a fonte]

Boas Norrin, poderías dicirme cal é o modelo para indicar nas conversas cal foi a escolla do primeiro editor? Vin que o usaches varias veces pero levo un rato buscándoo e non o dou atopado... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 08:34 (UTC)

Formas galegas, era ese! Moitas grazas. Eu creo que ese chega ben, polo menos para o que eu quero, indicar cal foi a escolla do primeiro editor. Non é esa a idea dese modelo? Se tal, fágolle unha páxina de axuda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 10:45 (UTC)

Translation request about the article 'United Nations General Assembly Resolution 68/262'[editar a fonte]

Hello dear 'Norrin strange', saw your wonderful contribution in Galician Wikipedia. In this context I would like to ask you translate the small article into Galician, and add it to the Galician-Wikipedia. Thank you in advance for your support/contribution and best wishes!

Louis-Marie Ling Mangkhanekhoun[editar a fonte]

Querido Norrin strange, como estàs? Si tienes 3 minutos, por favor, và en esta nueva pagina que he abierto ahora, pienso que precisa de un contextito; 3 minutos solamente.

Muchas gracias por todo!!!

Rei Momo (conversa) 26 de maio de 2017 ás 08:26 (UTC)

Yevgeny Zamyatin[editar a fonte]

Ola, Norrin. Segundo o criterio que seguimos na Galipedia, como se grafiaría este escritor ruso en galego? Grazas. --Atobar (conversa comigo) 26 de maio de 2017 ás 16:07 (UTC)

Cardeais creados por Francisco[editar a fonte]

Buenas tardes, querido amigo, como vai?

Por favor, terias 3 minutos para re-ler o meu novo contexto desta pagina. Muchas gracias y buna final de semana!!! Rei Momo (conversa) 27 de maio de 2017 ás 12:31 (UTC)

RE:Referencia para leis[editar a fonte]

A que máis se achega así de base é {{cita informe}}. Podo crear unha máis específica para leis en base a esa, mañá reviso coméntoche. Banjo tell me 1 de xuño de 2017 ás 23:22 (UTC)

Estiven revisando algo, coido que {{cita informe}} é a máis axeitada, sen necesidade de crear modelo específico. O único parámetro obrigatorio é o título, o resto son opcionais, e en |tipo= pode indicarse "lexislación" ou algo semellante, se é unha lei gobernamental o autor (o goberno ou ministerio de turno) pode ir en |institución= e se ten un código ou número identificador pode indicarse en |expediente=. A url neste modelo é totalmente opcional, se un día desaparecese non sería un problema. Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 18:41 (UTC)

Escudo episcopal de José Ignacio Munilla Aguirre[editar a fonte]

Te escribo en relación a la reversión del cambio que has realizado en el artículo sobre José Ignacio Munilla Aguirre. Quería justificarte el cambio que he realizado y re-propoponértelo: el escudo que he subido es el oficial del obispo, que puedes encontrar en su web personal (parte inferior, últimas líneas). Mientras que el escudo que está publicado ahora en este artículo es uno que se le aproxima pero es distinto, no es el escudo episcopal oficial del obispo. Gracias. --Inteconfido (conversa) 13 de xuño de 2017 ás 19:10 (UTC)

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia[editar a fonte]

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Terceira malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lucian Mureșan[editar a fonte]

Boas Norrin, o artigo Lucian Mureșan, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:07 (UTC)

Pasa o mesmo co artigo Michael Bruce Curry. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2017 ás 08:24 (UTC)
Boas, tamén ten a marca Igrexa ortodoxa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 22:57 (UTC)
Ola, tamén ten esta marca Maximiliano Kolbe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 10:00 (UTC)

Lonxitude de artigos curtos[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Asociación de amigas e amigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda[editar a fonte]

Boas Norrin, o artigo Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda, que fixeches ti, ten un marcador de atención, a ver se podes botarlle unha ollada e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 11:39 (UTC)

Necesidades do DRAG / Necesidades dunha enciclopedia[editar a fonte]

Lin o artigo de xoaniña e o que me pareceu é que se refire en xeral a todos os coccinélidos, é dicir, a todas as xoaniñas. Menciónase a especie C. septempunctta, poñendo o exemplo dunha xoaniña que foi introducida en Norteamérica, pero o artigo non se refire a ela, senón á familia. Nese sentido o tratamento que lle dá a nosa enciclopedia é correcto (aínda que o artigo é moi breve). Pero no DRAG moitas veces o que fan é dar na definición un nome científico específico para un animal, o cal restrinxe moito o seu significado (e en realidade ás veces non é correcto). Algúns exemplos son mofeta, que para o DRAG é "só" Mephitis mephitis, cando en realidade son mofetas todas as da familia mefítidos; raposo é para o DRAG Vulpes vulpes, o raposo que vive en Galicia, pero é evidente que hai outros raposos (o V. vulpes sería o raposo vermello), e moitos exemplos máis coma estes. Para as necesidades do DRAG, definir o único raposo de Galicia, que aquí se lle chama na lingua común simplemente raposo, como V. vulpes é correcto, porque reflicte o uso da lingua. Pero para unha enciclopedia a cousa é distinta. Nós temos que facer páxinas para todos os raposos do mundo, polo que a voz "raposo", a secas, ten que referirse á subfamilia dos raposos (con varios xéneros e especies), mentres que se queremos facer a páxina do raposo galego teremos que chamarlle raposo vermello, raposo común ou como sexa, pero non simplemente raposo (a min o de común nunca me gusta no nome dos animais). Outras veces non é tan correcta a definición do DRAG, como se ve no caso de mofeta, que nin sequera ten a desculpa de que a mofeta sexa un animal galego. O DRAG non é nin ten por que ser un libro de zooloxía, polo que non habería que tomalo como a Biblia nunha enciclopedia como a nosa. Pero é un tema delicado, porque o DRAG é a autoridade normativa no tocante á lingua, e deixar que cada un faga o que queira sería un caos. De todos modos, en moitos casos nós teremos que darlle apelidos aos animais e plantas (raposo vermello, xoaniña de sete puntos etc.), para o cal hai que buscar nomes referenciados en publicacións en galego (e non aterse simplemente ao DRAG), e, se non os hai, pois haberá que mencionar que na literatura internacional os nomes máis comús son os equivalentes de A, B e C. O que non podemos é inventar nós nomes que nin estean referenciados en galego nin sexan de uso frecuente na literatura internacional. Por último, aclaro por que dixen antes que non me gustaba chamarlles "comúns" aos animais. É porque penso que se deben buscar apelidos para as especies que sexan globais e non locais, xa que a ciencia da Zooloxía (e tamén unha enciclopedia como a nosa) son universais. Por exemplo, para un estadounidense o mapache común é Procyon lotor, pero para un brasileiro o común sería o P. cancrivorus e para un panameño sería tan común un coma o outro. A páxina mapache fíxena eu e é outro exemplo dos problemas que estou comentando. Por ben ser a páxina debería referirse a todos os mapaches (xénero Procyon), pero en realidade referínme á especie de América do Norte e central (P. lotor) porque non hai nome referenciado para el (e mesmo o Dicionario Digalego di que é a especie de Norteamérica, polo que volvemos ao problema de sempre, xa que non o trata como o nome do xénero). Por suposto, mencionei na páxina que as tres especies de mapache se adoitan denominar na literatura internacional mapache norteamericano ou do norte, mapache suramericano ou cangrexeiro e mapache de Cozumel (endemismo da illa mexicana de Cozumel). Pero unha cousa é mencionalo e outra poñelo como nome de páxina sen ter ningunha referencia, ao cal non me atrevín, pero quedei coas ganas.--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2017 ás 17:23 (UTC)

Quince aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Para cando podas botar un ollo[editar a fonte]

Ola, desculpa a demora, andaba lonxe da casa. É un problema de capacidade do sistema. Esa páxina e outras con ese erro exceden o límite imposto polo sistema para o número de modelos/funcións que se poden usar en cada páxina. En en:Wikipedia:Template limits hai unha explicación sobre isto. A única solución nese tipo de casos é simplificar os modelos utilizados para que usen menos funcións, reducir o número de modelos na páxina, meter o contido final directamente sen usar os modelos ou dividir o contido en subpáxinas, non ten moita máis solución, sorry. Banjo tell me 22 de outubro de 2017 ás 17:49 (UTC)

Ola! De novo perdoa por tardar en responder. É complicado porque tal e como está definido non admite moita modificación sen cambiar a esencia do seu funcionamento... o 1 abre a táboa, o 2 engade o código de separación de filas e o 3 pecha a táboa... Se saco algo de tempo reviso máis a fondo a ver cómo se podería facer, pero non podo prometer nada, sorry :( Banjo tell me 15 de novembro de 2017 ás 09:32 (UTC)

Cento cincuenta artigos de calidade para o décimo quinto aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lebedian?[editar a fonte]

Ola, Norrin. Como sería o topónimo en galego para este lugar de Rusia? Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de novembro de 2017 ás 19:42 (UTC)

Cargo militar cosaco[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento, podes dicirme como se tería que escribir en galego o termo yesaúl? Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 16:36 (UTC)

Osetia[editar a fonte]

Outra encarga para cando poidas, podes revisar o cambio do nome do artigo Osetia e comentalo en Conversa:Ossetia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 17:08 (UTC)

Moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 17:57 (UTC)

Gehena/Geena/Gehenna[editar a fonte]

Cal é o nome en galego para o inferno xudeu? Conviña ter ese artigo, e ben referenciado. Saúdos e grazas. --Atobar (conversa comigo) 25 de novembro de 2017 ás 18:25 (UTC)

Teño a Biblia en galego. Mañá miro e dígoche para saírmos de dúbidas. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 28 de novembro de 2017 ás 16:13 (UTC)

Linneo[editar a fonte]

Boas, cando poidas, podes comentar na conversa de Carl von Linné se debemos cambiar o nome do artigo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2017 ás 08:57 (UTC)

Política XXI[editar a fonte]

Boas Norrin, o artigo Política XXI, que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2017 ás 09:22 (UTC)

Wikirreto 2018[editar a fonte]

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:56 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata[editar a fonte]

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Obradoiro Wikidata[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

URXENTE: Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Apoio á solicitude de bolsa para as actividades do aniversario[editar a fonte]

Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018[editar a fonte]

Boas, está a organizarse un obradoiro para coñecer o funcionamento de Wikidata, como mellorar a información que hai alí e como pode usarse nos artigos. Se é do teu interese tes máis información en Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia[editar a fonte]

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo[editar a fonte]

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Congregación da Misión[editar a fonte]

Boas Norrin, o artigo Congregación da Misión, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes botarlle un ollo e amplialo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 10:56 (UTC)

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia[editar a fonte]

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:56 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Diocese católica latina de Astorga[editar a fonte]

Boas Norrin, veño pedirche axuda porque fixeron unha modificación no modelo do artigo Diocese católica latina de Astorga e non sei como amañala. Engadiron o arcebispo metropolitano cun nome de parámetro incorrecto, o problema é que non sei se ese parámetro existe no modelo ou non. Podes revisalo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2018 ás 08:05 (UTC)

Moitas grazas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2018 ás 12:09 (UTC)

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Pedro de Betancur[editar a fonte]

Boas Norrin, cando teñas un momento, a ver se podes botarlle un ollo ó artigo Pedro de Betancur, xa que unha IP está a engadir sen referencias que é "patrón dos sin teito", e non está nada claro. Está a comentarse na páxina de conversa do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2018 ás 07:51 (UTC)

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada[editar a fonte]

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Axuda con tradución de frases en éuscaro[editar a fonte]

Boas Norrin, quero traballar nun novo proxecto adaptado da wiki en éuscaro e precisaba axuda coas traducións dalgunhas frases, ti poderías botarme unha man con iso? Non non textos moi longos, vou a usar un tradutor automático pero preciso que alguén que coñeza a lingua repase o resultado. Polo momento teño que traducir "Kalitatezko 1000 artikulu 12-16 urteko ikasleentzat" que, coa axuda do tradutor, sáeme "1000 artigos de calidade para os estudantes de 12 a 16 anos", está ben? Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2018 ás 22:18 (UTC)

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Yasser Arafat[editar a fonte]

Ola, Norrin. Como se pasaría ese nome ao galego consonte os nosos criterios? Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 6 de agosto de 2018 ás 19:49 (UTC)

Moi agradecido. --Atobar (conversa comigo) 8 de agosto de 2018 ás 07:59 (UTC)

Seguindo coa asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradores[editar a fonte]

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)

Repúblicas[editar a fonte]

Ola Norrrin.

Podes darlle unha volta a República Socialista Soviética de Moldavia e República Socialista Soviética de Taxiquistán?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de setembro de 2018 ás 22:41 (UTC)

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

solicitude artigo[editar a fonte]

Ola, Norrin! Como vai?

Estaba a buscar información sobre o Bispo Aguirre, que dá nome a unha rúa de Lugo, e vin que Gregorio Aguirre García aínda non ten artigo. Anímaste a facelo? Amais de en castelán, ten artigo xa noutras once Wikipedias máis.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de setembro de 2018 ás 09:14 (UTC)

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modiificación en texto de portada[editar a fonte]

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Universidade Rey Juan Carlos[editar a fonte]

Boas Norrin, non teño moi claro que se deba traducir o de Rey Juan Carlos. En WP:TITORG o que di é:

Como regra xeral, os nomes das universidades e centros de ensino superior equivalentes tradúcense ao galego.
Exemplo: Universidade Complutense de Madrid e non Universidad Complutense de Madrid, Universidade de Cambridge e non University of Cambridge.
Atención: cómpre ter coidado cos nomes de universidades que levan o nome dunha persoa: a Harvard University debe traducirse por Universidade Harvard e non por Universidade de Harvard, xa que leva o nome de John Harvard.

Entendo, polo tanto, que o Universidad si que se traduce por Universidade pero o de Rey Juan Carlos xa non. É certo que o nome é por Xoán Carlos I, pero neste caso ao ser o nome dunha institución no sei se debería traducirse. De todos modos non me quita o sono que se chame dunha forma ou doutra, tan só o comentaba por que xurdiume a dúbida. Apertas. --AMPERIO (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 17:01 (UTC)

Pois tes razón, non o entendera dese xeito. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 16 de outubro de 2018 ás 14:45 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Norrin_strange&oldid=4952504"