Conversa usuario:Pontevedra78

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Categoría nova[editar a fonte]

Ola Pontevedra.

Creaches unha categoría nova Categoría:Rede de estradas de Galicia (por certo, non ten categoría nai). Porén, non crees que sería mellor meter os artigos nalgunha categoría das que xa tiñamos?


--. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2014 ás 18:40 (UTC)

Borrado de mapa[editar a fonte]

Boas Pontevedra78. Mira, desfixen a túa petición para borrar o mapa de situación de Agolada antigo porque ese é o mapa a partir do que se creou o mapa que se usa actualmente, e para poder indicar a orixe do mapa novo temos que deixalo aquí. Foi por iso que cando se fixo a nova versión non se borrou, simplemente cambióuselle o nome. Fíxose o mesmo procedimento con tódolos mapas de situación de concellos que se cambiaron pola fusión dos concellos de Oza e Cesuras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 19:29 (UTC)

Wikipedia:Wikiproxecto[editar a fonte]

Ola Pontevedra78.

Desfixen a túa edición en Wikipedia:Wikiproxecto porque o dos modelos xa estaba incluído. Olla o apartado Galipedia.

O mesmo pasa no Modelo:Wikiproxectos.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de febreiro de 2014 ás 23:39 (UTC)

RE:Modelo:Vía[editar a fonte]

Onde queres que saia a cor, no fondo da cabeceira que agora sae negra ou no tipo de letra? Se podes engade os interwikis no Modelo:Vía, e se o adaptaches doutra wiki, a castelá ou a inglesa, pono na conversa con Modelo:Traducido de. Así ademais de darme pistas de por onde mirar cumples a licenza das wikis :). Cando teña un momento tentarei botarlle un ollo con tranquilidade a ver se son capaz de facerlle algo, así dun vistazo rápido non sei o que lle pode pasar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2014 ás 12:26 (UTC)

Modelo Serie de televisión[editar a fonte]

Boas, eu ata a noitiña non podo, por iso se tes un momento, podes revisar o que pasa co Modelo:Serie de televisión? É que da un erro de script e non sae nos artigos, mira por exemplo Era visto!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2014 ás 13:03 (UTC)

Pero entón, o módulo Infobox pasou a usarse en tódolos modelos que tiñan o modelo Infobox? Pois iso é un perigo porque hai centos de artigos que os usan e como haxa algún problema cun dos modelos aparecerán mal nos artigos. Hai que revisar os modelos que usan o Infobox por se algún máis da erros... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 00:02 (UTC)
Xa amañei os modelos que tiñan o mesmo erro, esperemos que non aparezan máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 00:55 (UTC)

RE: Modelo de votación[editar a fonte]

Boas Pontevedra78! Non sabía que había que incluílo, de feito creo que nunca o vin durante o período de votación, creo recordar que só se puña o resumo final, pero se o hai que poñer o poño. Un saúdo! Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 19:17 (UTC)

O certo é que vendo agora o modelo tampouco teño nin idea de cómo se utiliza, eu sempre copio e pego, non teño moitos coñecementos destes asuntos. Pasa algo se non o poño eu? Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 19:20 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 11:08 (UTC)

RE: Cambios na elección de administradores[editar a fonte]

Grazas polo aviso, mais non creo que teña nada que aportar ao debate. Unha aperta!! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 21:17 (UTC)

Nomes propios[editar a fonte]

Boas! Como comentei na Taberna, estamos a traballar nunha proposta de política para os nomes propios nos artigos sobre persoas, e estaría ben que opinases (se podes e tes tempo). Moitas grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 08:14 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Xa cambiei o logo, ti non o podías cambiar porque é un ficheiro protexido e só poden modificalo os administradores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 02:17 (UTC)

RE[editar a fonte]

Agora hei de marchar, mais un par de ideas rápidas: '"infraestruturas e liñas de transporte", tentaría enmarcalo dentro dun "infraestructuras" xeral (portos, aeroportos, liñas aereas, estacións de tren, etc. Tamén penso que cómpre ter coidado con que non haxa outras "AP-9" no mundo. --Norrin_strange (Fala-me) 10 de marzo de 2014 ás 17:23 (UTC)

A modo de consello, logo da experiencia en WP:NPP... non teñas presa ningunha :) --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 15:51 (UTC)

Modelo:Hóckey sobre xeo[editar a fonte]

Xa está feito o modelo Modelo:Hóckey sobre xeo. --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 20:00 (UTC)

Síntoo se che causei algún problema coa creación do modelo, non sabía que o ías facer ti cando o creei! Debería habelo posto na petición de Piquito. De todos modos se queres revisar algo, benvida sexa a axuda! --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 20:06 (UTC)

RE:Modelos[editar a fonte]

O modelo vía está moi ben. O que dis dos lugares polos que pasa a estrada efectivamente non vai, tal vez copiando o código doutra wiki?. En realidade eu non teño aínda moita idea de facer modelos, de feito xa ves que os que fago son case sempre caixas de información como Modelo:Condados de Xeorxia, Estados Unidos, que teñen un código moi sinxelo, no caso dos modelos grandes o que fago é traducir os das outras wikis.

Tal vez Usuario:Toliño pode axudarche nisto un pouco máis, posto que el si que controla máis ca eu o tema dos modelos.

Sobre o que dis de Wikipedia:Nomes de infraestruturas paréceme unha boa idea que exista un consenso sobre a nomenclatura dos artigos, cando teña un pouco de tempo tratarei de dar a miña opinión.

Finalmente, gracias polo teu apoio na votación a administrador, aínda que non está pechada (quen sabe o que pode pasar esta noite :) ). De confirmarse tratarei de facelo o mellor que poda. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 21:08 (UTC)

Modelo:Vía[editar a fonte]

Vin o cambio que fixeches no modelo... cres que é necesario o borde "gordo"? Dígocho porque entón a diferencia con outros modelos será maior... --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 14:41 (UTC)

  • Sí, certo, temos que levalo ao wikiproxecto... hai tanto por facer (políticas e demais...). --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 15:03 (UTC)

Políticas e modelos[editar a fonte]

Boas Pontevedra! Qué che parece se pausamos (non pechamos, ollo!) o WP de Modelos e adicámonos mais en profundidade ás políticas? --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 15:07 (UTC)

Modelo:vía[editar a fonte]

Fixen un arranxiño no modelo:vía para que en lugar de aparecer quilómetro apareza km. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 15:37 (UTC)

Perfecto, queda mellor co novo parámetro das millas (antes quedaba un pouco raro). Sobre o dos lugares ao mellor, poderíase poñer algo como CCAA que atravesa (que xa estaría perfecto de poder cambiarse por Estado de para o caso das Interestatais, podes mirar o código en Modelo:countyrow, que cambia condado por parroquia cando é necesario) e tal vez un parámetro Estado/País (para poñer ahí, España, EEUU, Francia...--AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 23:45 (UTC)
Quedou moi ben. O que non sei se debería poñelos nos artigos das interestatais ao aparecer os estados polos que pasa xa na táboa dos km, e vai quedar como moi cargada non? --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 15:31 (UTC)
Perdoa hoxe estou un pouco espeso. Non entendo que queres dicir. --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 15:36 (UTC)
Exacto. Por certo, estou vendo o modelo que usan na wiki inglesa, que che parece o de poñer o parámetro Estado?--AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 15:51 (UTC)
|country= --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 19:54 (UTC)

A min non me parece que sexa algo desproporcionado engadir a que país pertence a estrada, pero como ti vexas. Sobre o que dis dos outros artigos, ao mellor poderían gardarse todos nunha categoría dentro de [[Categoría:Wikipedia:Páxinas obsoletas]]. --AMPERIO (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:02 (UTC)

Ligazóns rotas a ficheiros[editar a fonte]

Boas Pontevedra78, mira, cando poidas cambia as túas subpáxinas que teñen ligazóns rotas a ficheiro, como Usuario:Pontevedra78/Galipedia Labs, Usuario:Pontevedra78/Lab3 (que creo que afecta a Conversa Wikipedia:Wikiproxecto modelos), porque se non aparecen na categoría de mantemento de páxinas con ligazóns rotas a ficheiros e non deberían estar aí. Isto sucede porque seguramente nesas páxinas tes posta algunha ligazón a unha imaxe que non existe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 09:30 (UTC)

Libro de estilo[editar a fonte]

Boas Pontevedra78, fixen un cambio no que fixeches en Hawai segundo Wikipedia:Libro de estilo, por se lle queres botar un ollo ;) --Norrin (Fálame) 18 de marzo de 2014 ás 17:36 (UTC)

Ninguén nace sabido... terías que ver as miñas eivas cando comecei na wiki! --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 07:46 (UTC)

Lista de moldes[editar a fonte]

Ola Pontevedra78.

A medida que vas facendo cousas, sería estupendo que foras actualizando: Wikipedia:Lista de moldes.

Graciñas e parabéns polo traballo. --. HombreDHojalata.conversa 27 de marzo de 2014 ás 23:00 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Pontevedra78!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:22 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

Modelo:Ficha emisora de radio[editar a fonte]

Boas Pontevedra78, un usuario solicitou a creación do Modelo:Ficha de emisora de radio, mira a ver se podes facelo ti, que tes máis maña nisto ca min. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2014 ás 15:45 (UTC)

Modelo:Image label small[editar a fonte]

Boas Pontevedra78, desfixen o teu cambio no Modelo:Image label small porque facía que non apareceran os usuarios no Modelo:Mapa de galipedistas. Non teño tempo de revisar o problema pero se o volves cambiar ti ten coidado que a túa modificación non altere o funcionamento dos modelos nos que se usa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2014 ás 11:39 (UTC)

artigos de centros de ensino[editar a fonte]

Ola! Pois o luns 15, que comezan as aulas de secundaria, deixarei un aviso entón. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de setembro de 2014 ás 09:10 (UTC)

Estradas galegas[editar a fonte]

Ola! Escríboche porque fixeches o Modelo:Rede de estradas de Galicia, e como sei que estás interesado no tema das infraestruturas viarias, quería preguntarche se sabes onde conseguir a información do listado de estradas provinciais para facer un modelo das vías que dependen das Deputacións. Tes idea do asunto? De saber onde conseguir a información, anímaste a facer os modelos?

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de xuño de 2016 ás 21:55 (UTC)

Escudos[editar a fonte]

Mágoa non lerte antes, pero fíxate no código de Usuario:Sobreira/Escudos. ※ Sobreira ►〓 parlez 15 de novembro de 2017 ás 19:10 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Pontevedra78&oldid=4552626"