Conversa usuario:Prevert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GardenED.jpg

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición Insert-signature2.svg, ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon Insert-signature2.svg).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con Insert-signature2.svg, o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.


Arquivo de mensaxes antigas:
Do 02/10/2004 ao 02/08/2010

  1  

2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12  

13    

System-file-manager.svg


Índice

Ben falado![editar a fonte]

Grazas de novo, Prevert. Coido que os tic que teño non deixaron nada lúcida a entrevista.Un saúdo.--Agremon(contacto) 08:12, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Chamada á participación / proselitismo[editar a fonte]

O que comentas tería moito sentido se non fora porque limiteime a chamar á participación, sen pedir o voto nin nun sentido nin no outro.

Chamo/chamei a votar a todos, incluíndo a usuarios que coñecen os dous sistemas e que estes días non asemellan activos e pode que non se decaten que hai unha votación aberta. Algúns dos que avisei votaron a favor e outros en contra da proposta, e varios deles comentaron comigo, varios dos que votaron en contra e varios dos que votaron a favor.

De tódolos xeitos, tomo nota. Grazas--. HombreDHojalata.conversa 21:44, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Tento telo en conta todo, dentro das miñas capacidades. Inda que non descarto chamar ó voto/participación proximamente a algún usuario que considero piar desta comunidade e que inda non se expresou. Penso que neste tema hai que mollarse. Espero que non teñas inconveniente--. HombreDHojalata.conversa 22:39, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Boas[editar a fonte]

Dá gusto ver que sigues tendo interese polo proxecto da Galipedia. Eu son a de sempre que acolliches aqui, solo collin anos como calquera. A miña postura sobre o tema Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons‎‎ é (e foi sempre inda que non tivese antes ocasion de expresalo) rotundamente a favor para os proxectos de WIKIMEDIA, e en base teño a cousa clara. Con todo cada comunidade ten que levar politicas de desenvolvemento propias da súa realidade e intento sempre adaptarme as decisións colectivas. No caso da votación en curso de debate votei coa miña base firme de comprensión do conxunto dos proxectos. E con todo vexo que XabierCid (para mín un piar) comezou a votar en contra e logo siguén usuarios mui valiosos. Nos vindeiros días teño que coller tempo para ler polo miúdo todo o debate. Non veño contarche esto para que me contestes, non son de levar as conversas da comunidade dise xeito, sen contar que seria falla de respecto para tí. É únicamente por ocasion de alegría de compañeirismo e darche un saúdo de benvida --Elvira (conversa comigo) 23:40, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns rotas a ficheiros[editar a fonte]

Boas!. Mira unha cousiña, resulta que no proxecto de mantenmento estamos limpando as ligazóns rotas a ficheiros, e tes unha [Usuario:Prevert/Experimentos|subpáxina]] que está nesa categoría porque ten ligazóns a imaxes que non existen. Se tiveras un momento agradeceríache moito que amañaras esas ligazóns para que se vaia vaciando esa categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:37, 12 de decembro de 2011 (UTC)

Si, ó final fíxeno eu porque non sabía cándo pasarías por aquí e porque era pouca cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:55, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)

Conflito de intereses[editar a fonte]

Non sei se te decataches, pero ultimamente ando argallando na política sobre os conflitos de intereses que iniciaches ti hai bastante tempo e que quedou incompleta. Gustaríame saber, aínda que sexa polo miúdo, os aspectos que querías tocar e remarcar. En principio, non pensaba facer unha versión da política de en.wp, malia que me estou baseando bastante nela, e quizais con un par de seccións máis quede completa para nós. Que me dis? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:03, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

Graciñas polos apuntamentos, tereinos en conta. Xa avisarei cando pense que está rematada pola miña parte para que a repasedes os demais. Coido que é unha política importante que deberiamos aprobar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:31, 10 de febreiro de 2012 (UTC)
Perde coidado: sei ben que cómpre andar con moito tino nesas augas convulsas. Intentarei tomalo con calma... e sexan benvidas as achegas dos demais, por suposto. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 23:10, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

Saúdos[editar a fonte]

É un pracer terte de volta ao proxecto. Só quería agradecer ter sido o meu "mestre" cando comecei a dar os meu primeiros pasiños aquí e alégrame moito que volvas a colaborar novamente. Un saúdo! --Beninho 18:25, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas pola información sobre os formatos das referencias. Fixen o que me dicías e agora xa está o problema solucionado.--Miguelferig 20:46, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Saúdo[editar a fonte]

Ola, Prevert. Lin a túa última mensaxe sobre na conversa da entrada sobre min mentres escribía eu a miña e soamente che escribo para aclarar que me parece perfectamente ben que pescudes, rebatas e fagas o que creas que debes facer como usuario; coméntocho porque ás veces por escrito pode parecer que nas conversas un emprega un ton máis duro ou apático do que en realidade pretende. Pásanos sobre todo a quen non usamos smileys. Saúdos outra vez. --Atobar (conversa comigo) 20:28, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Entendo, Prevert, pero insisto: eu nada sei nin pedín nin escoitei da ip anónima que creou o artigo. Por suposto, pode ser un amigo, un familiar ou mesmo alguén que secretamente me quere ben, pero eu diso non teño ningunha noticia e nin sequera sospeitas nin especulacións, co cal non me parece de borrado. De calquera maneira, seguro que me entendes se che digo que dende este momento prefiro manterme á marxe e aceptar o que se decida, sexa nun ou noutro sentido. Así pois, a próxima mensaxe que cruzamos esperamos que xa sexa sobre outro tema. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:27, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Pilar Rojo[editar a fonte]

Ola Prevert, benvido de novo a Galipedia. Moito me alegra verte de novo por aquí. E si, claro, no artigo do Pilar Rojo tes toda a razón do mundo. O procedemento correcto sería borralo e empezar de novo... se non o fixen así foi un pouco por preguiza... Xa o fago agora... Grazas e Saúdos! --Xas (conversa) 14:33, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Vale, entón agardaremos a resposta de Pargal. Grazas de novo. --Xas (conversa) 14:39, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

sección demografía[editar a fonte]

Pois ao respecto do que me preguntas sobre a sección demografía para os lugares e parroquias, a verdade non o teño moi claro. A ver: Por unha parte os datos que imos manexar correspóndense cun período moi curto de tempo (10 anos) que non me parece moi significativo ao respecto dos lugares, quizais si tivera un certo interese se o facemos para as parroquias, aínda que tampouco o vexo moi claro... Por outra parte facer iso con todos os lugares de Galicia sería un traballo inmenso, que non sei se seriamos quen de abordar... E sobre todo, paréceme moito máis importante ir completando a información que temos sobre as parroquias e lugares con algúns outros datos (situación, patrimonio, etc...), xa que a maioría dos artigos son moi pobres de contido. Dito todo isto, a túa iniciativa paréceme moi boa, sobre todo porque parece fácil de aplicar, e si que polo menos axudaría a completar un pouco a información sobre os lugares e parroquias. Ben isto é o que se me ocorre sobre o asunto e non sei moi ben se paga a pena deixar estas reflexións na Taberna... Saúdos e grazas tamén por arrincarme este cacho de conversa...--Xas (conversa) 15:36, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Dakota[editar a fonte]

Ok, non tiña en mente todo o que me dis, grazas, gardo as ligazóns. Eu fieime da EGU [1] [2].

Curiosamente, entre ducias e ducias de linguas, só a wikipedia en latín e nós escribiremos Dakota con c. --. HombreDHojalata.conversa 15:20, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Pois si, é un problemón. Nas referencias que puxeches nin sequera aparecen os nomes de tódolos estados, as veces se contradín [Lusiana (UDC), Luisiana (UVIGO)... e Louisiana (EGU)].
Temos artigos, carpetas e subcarpetas dispares. O nome do artigo Delaware, por exemplo, escrito así en infinidade de textos en multitude de linguas, dentro e fora da Wikipedia. Pois nas ligazóns de marras (non sei se os da UDC de 2007 partiron dos da UVIGO de 2004) aparece Delawere!
Deberíamos mudar o noso artigo DelawareDelawere? Pois... eu penso que non. E, en xeral, se me preguntas a miña opinión, prefiro o criterio da EGU ao das outras dúas publicacións. --. HombreDHojalata.conversa 16:01, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Consulta sobre bots[editar a fonte]

Prevert, como fas para que Prebot saiba distinguir o homónimo axeitado en cada caso?--. HombreDHojalata.conversa 12:58, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Saúdos![editar a fonte]

Saúdos, vello amigo!--Agremon(contacto) 07:27, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Tradución[editar a fonte]

Ola, Prevert. Revisei a tradución: ese matiz que mencionabas e tamén un par de palabriñas máis. Apertas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 08:19, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Re : Dictionnaire raisonné de l’architecture française[editar a fonte]

Ola Prevert ! Si o Dictionnaire raisonné de l’architecture française du XIe au XVIe siècle - Index Tome 6 ten datos relacionados co artigo Casa do concello. Non resulta doado engadilos no estado actual do artigo. En francés, hoxe, podese falar do hôtel de ville sen problema para refirirse a casa do concello. Isto non quita ca palabra adecuada é mairie. Hôtel de ville e o nomme adecuado, en Francia, para falar das casas dos concellos antes da revolución francesa. Unha carateristica mui vistoza, e importante do punta de vista arquitectónico e simbólico do hôtel de ville é o beffroi (que non sei traducir ao galego) e que xa non esta na arquitectura da mairie. Xa cavilo un pouco como colaborar nise artigo, estando claro que para non perder tempo podese que faga edicións que sexan problemáticas por calquera razón, e conto que non dubides en corrixir, retirar ou o que sexa sen preocuparte de ofenderme. Sen saber si serei de axuda niste caso, alegrome que contes comigo. Saúdos Prevert --Elvira (fálame) 08:20, 29 de febreiro de 2012 (UTC) Esta claro que si necesitas que che traduza algo para que entendas, non hai problema, si non sei a palabra podo esplicarche igual--Elvira (fálame) 08:22, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

Pois non estou eu tan contenta, por falta de tempo, subina a Galipedia, e xa sabes que eu estou a favor de (case) todas imaxes a commons. En commons hai un montòn increible de imaxes de Viollet le Duc e esa imaxe esta xá, pero escaneada nas páxinas do seu dicionario. Por outra banda, sabés co tema dos concellos na colaboraciòn na Galipedia gustame moito. A ver si nos vindeiros meses volto o tema. Tempo sempre o podo atopar, o que necesito é tempo con real disponibilidade mental. A ver si no vraú collo vacaciòns de verdade e metome a traballos mais serios (na Galipedia como na wiki en francés, onde teño tarefas mui interesantes (sobre galegos e Galicia) pendentes). Un saúdo Prevert e sempre encantada de verte acá.--Elvira (fálame) 15:19, 3 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Aviso de edición[editar a fonte]

Éche doado. Na Wikipedia én inglés teñen o modelo {{BLP editintro}}. Adaptando algún código de MediaWiki:Common.js debería funcionar. Cales serían as categorías? --Toliño Fala aquí comigo 22:21, 1 de marzo de 2012 (UTC)

Categoría persoas vivas[editar a fonte]

Supoño que xa saberás todo isto, pero por se non é así. Nalgunhas wikis o tema da inclusión dos artigos de biografías na "categoría persoas vivas" ven dado pola implantación dun modelo onde se introduce o ano de nacemento (e a data de falecemento no seu caso). É dicir, a categoría non se engade manualmente. Se o modelo inclúe ano de nacemento, e se deixa en branco o de pasamento, a clasificación é automática. Así mesmo o artigo queda automaticamente clasificado na correspondente cat "Nados en X" (onde X é un ano) e mete o criterio do DEFAULTSORT. O modelo é sinxelo de usar e ten unha tripla función. P.ex. {{BD|1965| |Vazquez, Jesus} en es:Jesús Vázquez. Véxanse as instrucións de uso en es:Plantilla:BD.

Indo máis aló e como anécdota, na italiana, por exemplo, non redactan o primeiro parágrafo das biografías. Meten un cadro de datos e é un modelo o que debuxa a ficha e xera tamén automaticamente o texto.

Coméntocho porque é un xeito de facelo a considerar, se chegaramos á conclusión de que ten utilidade o de meter o de "persoas vivas".--. HombreDHojalata.conversa 10:05, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Imaxe borrada en Commons[editar a fonte]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 19:59, 4 de marzo de 2012 (UTC)

conflito de intereses[editar a fonte]

Grazas pola orientación e a advertencia. Procurei amañar e aquilatar o texto, aínda que non estou certo de ter arranxado o conflito. --Zarrulheiro (conversa) 23:11, 4 de marzo de 2012 (UTC)

conflito de intereses (2)[editar a fonte]

Beizón pola axuda; comprendo. Agardo entón pola revisión antes de corrixir algunha data que, ademais, vexo vai inexacta. --Zarrulheiro (conversa) 09:22, 5 de marzo de 2012 (UTC)

c.i. 3[editar a fonte]

Corrixín, atordei nunha altura, e engadín elementos. Saúdos cordiais. --Zarrulheiro (conversa) 17:36, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Borrar conversa[editar a fonte]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 20:59, 6 de marzo de 2012 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Todo OK, Prevert.--Agremon(contacto) 19:05, 8 de marzo de 2012 (UTC)

Onde?[editar a fonte]

En que apartado do Wikipedia:Taboleiro dos administradores? Por favor. --. HombreDHojalata.conversa 10:12, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Posse[editar a fonte]

Ola, Prevert. O novo usuario que achega o artigo é un coñecido meu con moitas ganas de aprender a editar na Galipedia. Efectivamente, hai moito que modificar, pero non creo que presente ningún problema de compatibilidade (unha vez resoltos os moito fallos que como digo ten, porque o usuario está moi, moi verde na edición wiki). Estarei atento. --Atobar (conversa comigo) 11:09, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Non ten, sei de boa fe que esté redactado pasiño a paso nun documento de word para despois chantalo de vez aquí. Se despois andas con tempo e ganas, dálle ti tamén unha revisión ao artigo e márcalle os erros ao usuario, porque saber sabe moito pero de wikis nada de nada. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:24, 9 de marzo de 2012 (UTC)

WikiSkills[editar a fonte]

Ok Prevert, que fago entón??Borro o artigo???

Torres de delay[editar a fonte]

Botareille un ollo entón. Non é que sexa un experto nese tema, pero procurarei limpalo un pouco e facelo máis entendible. Un saúdo! --Beninho (conversa) 13:03, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Galicia/Galiza[editar a fonte]

Grazas polo comentario, Prevert :) a verdade que actuei mal no artigo, ao mirar os trocos feitos, como había unha IP anónima polo medio trabuqueime pensando que o trocara ela, e creo que actuei algo impulsivo. Fixareime ben a partir de agora. Un saúdo!--Adorian (fálame) 08:44, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Graciñas !!! ....[editar a fonte]

Graciñas !!! .... Agora xa sabes, vaiche tocando a ti tamén o de falece-la páxina de usuario ;) .--Xabier Cancela (fálame) 12:18, 12 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Categoría oculta automática[editar a fonte]

Apañámonos cun simple {{#if:...}}. Fíxeno así. Avisa se atopas algún problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:59, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Sobre o comentario para separar as categorías ocultas, non é necesario colocalo, porque non sei se te decataches de que a categoría non se engade "fisicamente" (por así dicilo) no corpo do artigo. Non sei se me explico. Dos outros temas déixoche noutro momento unha resposta, que agora ando fedellando noutras cousas :) --Toliño Fala aquí comigo 15:47, 12 de marzo de 2012 (UTC)
O que vin eu é que moitas páxinas ligan coa páxina wbe do INE desde o corpo do artigo, no canto de facelo mediante ligazóns internas. A lista completa está aquí. Vou ver de poñer o bot, porque nalgún dos primeiros resultados o uso é lexítimo. E agora míroche o outro! --Toliño Fala aquí comigo 16:14, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Agora vou co modelo "Parroquia2". En principio, non vexo motivo para a creación. Se o modelo actual non ten o campo para o ano, engadámosllo! Coido que é moito máis laborioso termos dous modelos e logo fusionar todo nun que engadir directamente o campo no actual e ir incluíndo a información en base ao que temos. Engadir un novo campo non provoca que o modelo deixe de funcionar, se era iso o que che preocupaba. A única tarefa que vexo entón é colocar os anos en todas as parroquias, pero polo menos non é tanto como do outro xeito, non? --Toliño Fala aquí comigo 16:18, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Desta volta, si que era necesario empregar un {{#switch:...}} e non complicar a vida. Fago que comprobe se provincia = Coruña e configuro a sentenza de selección para que categorice en A Coruña poboación {{{ano poboación}}}, en caso contrario, van en {{{provincia}}} poboación {{{ano poboación}}}. Se ves algún erro avísame. E para calquera outra cousa, encantado de axudar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:28, 13 de marzo de 2012 (UTC)
Non se me ocorre xeito doado e rápido de arranxar os problemas coas contraccións. Síntoo, imos ter que facelo do outro modo, aínda que non sexa coherente coas categorías xa existentes. --Toliño Fala aquí comigo 14:33, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Feito! Feito! E o que eu dicía da ligazón ao INE era que estaría ben mudar as ligazóns externas por internas dado que están no corpo do artigo. O problema é que intentei facelo eu co meu bot pero non puiden. --Toliño Fala aquí comigo 15:49, 14 de marzo de 2012 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Feito! Arranxado. Coido que xa corrixín o problema que tiñamos co modelo {{Lugar}}. --Toliño Fala aquí comigo 11:59, 19 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Igrexa de Santiago da Coruña[editar a fonte]

Non teño apenas información sobre Coruña, nin sabía nada do que me dis do uso desta igrexa para reuniósn do Concello, pero, efectiavemente, na Gran Enciclopedia Galega di o seguinte: "Nesta igrexa, no seu antigo portal e aínda dentro, reuníase o Concello por pregón e a son de campá tanxida. Consta que se facía isto xa en 1380". Xa pasei a encarga a unha compañeira natural da Coruña para ver se me pode dar máis datos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:02, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Wikipedia:Conflito de intereses[editar a fonte]

Dado que ti iniciaches a redacción da política, gustaríame informarche de que dei por rematada a elaboración do texto pola miña banda. Deixo agora que a comunidade fale na conversa sobre todos os aspectos antes de pasarmos á votación para facela oficial. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:08, 13 de marzo de 2012 (UTC)

RE:Ticket OTRS[editar a fonte]

Non, eu non teño acceso a ese sistema pero coñezo ben a varios usuarios que si o poden ver, se queres dígolles que me pasen a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:54, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Boas, xa me mandaron a información do ticket e dixéronme:
Básicamente, el ministerio afirma (sic):
"En este sentido se le informa, que se pueden capturar las imágenes de la pantalla del visor SIGPAC, ya que son de carácter público y se pueden descargar de forma gratuita en las Webs del SIGPAC, sin ningún tipo de licencia, siempre que se mencione la fuente de procedencia ( SIGPAC, Fondo Español de Garantía Agraria- FEGA.)". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:23, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Dixéronme que a mensaxe é do dominio fega.mapya.es do que debe ser o servizo de axuda do SIGPAC e que nese correo eles mesmos reenvían unha copia unha persoa concreta do mesmo domino e a outra do dominio mma.es. Se queres os detalles concretos mándame un correo e reenvíoche a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:39, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Modelo de lugar[editar a fonte]

Boas Prevert, grazas polas explicacións. O erro ao que me refería xa desapareceu. Canto á nova categoría de lugares sen imaxe é normal que non a teñades feita aínda pois mira que non temos milleiros de lugares neste país!Saúdos,--Xosé Antonio (fálame sempre) 19:09, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Borrar foto aniversario[editar a fonte]

Feito--. HombreDHojalata.conversa 23:30, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Saúdos e RE:Saúdos[editar a fonte]

Con todo o afecto e inda agradecendo os teus comentarios, véxote a ti e a Galipedia con tanta distancia que me podo permitir dicir que non me sinto implicado. Desculpa, noutro tempo impliqueime moito, actualmente non estou disposto a manter relacións exclusivamente virtuais. É unha mágoa. Que che vaia ben, sabes que te quero inda que non saiba quen es nin coñeza máis ca túa voz polo teléfono. Non vexo que as cousas teñan que estar distintas a como están-- Lmbuga / Conversa comigo  02:59, 17 de marzo de 2012 (UTC)

Hoxe, reparando no tempo pasado, entendo ou considero que cometiches un erro (non un pecado). Dígoo desde a miña perspectiva, desde a miña moi persoal perspectiva. Cando deixaches de ser administrador, debiches afortalar lazos comigo. Ti saberás-- Lmbuga / Conversa comigo  03:12, 17 de marzo de 2012 (UTC)
Por certo, eu cometín moitos erros e máis graves, pero -isto vai para outros usuarios- teño dereito a existir-- Lmbuga / Conversa comigo  03:16, 17 de marzo de 2012 (UTC)

RE:Les mains sales‎[editar a fonte]

Pois a verdade non sei moi ben como será a forma correcta. Mañá pregunto a algún especialista. Grazas. Da gusto traballar con xente coma ti, sempre atento. Saúdos. --Xas (conversa) 22:26, 21 de marzo de 2012 (UTC)

Perdoar de meterme : As regras da ortotipografía en francés din ca primeira palabra dun titulo leva maiuscula, inda que teña diante un artigo. Mais moitos editores non na respetan, a coberta da edición que teño eu (é xa ten un montón de anos) :"Les mains sales", igual nesta edición que sendo mais recente tamén leva minuscula ; e nas publicacións vense as dúas formas. Agora ben, si queremos respetar a regra convencional en francés é : "Les Mains sales". --Elvira (Conversa comigo) 21:28, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Data nos marcadores[editar a fonte]

Paréceme moi acertado ir metendo ese parámetro nos marcadores de mantemento. Adiante e grazas. --. HombreDHojalata.conversa 10:53, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Permíteme dicir que estou en contra de empregar subst: para transcluír o contido do modelo, non cumpre. A categoría débese engadir de fondo automaticamente a partir do parámetro que se lle pase ao modelo. Algo similar ao que fixemos estes días cos modelos de lugares. --Toliño Fala aquí comigo 12:10, 25 de marzo de 2012 (UTC)
Retiro o que dixen, falei antes de tempo. Acabo de comprobar que o uso do subst: engade o parámetro da data, non traslada os contidos do modelo ao artigo no que se inclúe. Desculpas. O que si hai que modificar é o uso transversal que se fai do modelo de probas que creaches. --Toliño Fala aquí comigo 12:14, 25 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Código para situar lugares nos mapas[editar a fonte]

Descoñézoo, pero coido que non. En calquera caso, pódese estudar a posible incorporación, supoño que non será demasiado traballo. Se o cres conveniente, póñome con iso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:05, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Auditorio de Galicia[editar a fonte]

Ola Prevert! Tentei non facer copia literal na medida do posible, mais non atopei polo momento o xeito de expresar os datos de dimensións do Auditorio, tentarei facelo mañán, xa que hoxe non creo que poda, ou se cres que debería cambiarse canto antes vai mirandoo ti. Moitas grazas, un saúdo. --Piquito (conversa) 19:59, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas pola Corrección Prevert, o certo é que onte non tiña moito tempo para mirar o xeito de cadralo, se logo se quere ampliar hai tempo, de momento mellor que quede como o deixaches para evitar problemas. Saúdos!!! --Piquito (conversa) 07:12, 28 de marzo de 2012 (UTC)

2 horas[editar a fonte]

A ti polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 20:20, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Quixen dicir, bloqueado por 2 horas, grazas a ti polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 20:21, 27 de marzo de 2012 (UTC)

subst[editar a fonte]

Tes máis razón cun santo. Perdoa, é a forza do costume. --. HombreDHojalata.conversa 15:49, 30 de marzo de 2012 (UTC)

OKs --. HombreDHojalata.conversa 18:51, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Borrado de páxinas[editar a fonte]

Grazas pola información, xa vin que a categoría borrouna HombreDHojalata. Saúdos,--Xosé Antonio (fálame sempre) 18:59, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Filtro[editar a fonte]

A min tampouco me deixa, Prevert.

Dime: "A páxina que quixo gardar foi bloqueada polo filtro antispam. Isto, probabelmente, se debe a unha ligazón cara a un sitio externo que está na lista negra.

O seguinte texto foi o que activou o noso filtro de spam: http://birdwatc..." --. HombreDHojalata.conversa 22:50, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Lugares de Abadín[editar a fonte]

Moi ben, moitas grazas. Tereino en conta para futuros artigos. Un saúdo e bo traballo. --Chairego (si?) 21:03, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Vaites, non o sabía! Tentarei corrixilo en tódolos artigos que levo feito. Por certo, non saberás onde podo atopar a miña listaxe de artigos creados? e que así éme máis cómodo traballar para saber en que artigos cometín erros. Antes usaba unha táboa de toolserver.org, pero coido que expirou e non hai sinais de que volva a estar activa de novo. Un saúdo e darlle duro ó choio!! --Chairego (si?) 16:20, 02 de marzo de 2012 (UTC)
Grazas!!! Un saúdo --Chairego (si?) 16:35, 02 de marzo de 2012 (UTC)

Tarefas pendentes[editar a fonte]

Non vou estar moi activo estes días (de feito, poida que non se me vexa en absoluto ata o remate das vacacións). Simplemente deixo esta mensaxe para que saibas que non me esquezo dos plans de mellora do proxecto que levamos entre mans. E se esquezo algo ao meu regreso agradecería que se me avisase. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:01, 2 de abril de 2012 (UTC)

pazos[editar a fonte]

Pois si, se fose posible, e así evitamos parénteses innecesarios. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:29, 5 de abril de 2012 (UTC)

RE:Wikipedia:Caixas de usuario[editar a fonte]

Pois vale. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:04, 5 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns rotas[editar a fonte]

Ei Prevert, tes toda a razón. As ligazóns corresponden a un antigo foro de rugby xa desaparecido hai mais dun ano e á antiga páxina oficial da federación galega de rugby, que cambiou de dominio e de formato haberá só un par de meses. Xa me encargo eu de substituir esas ligazóns rotas por outras actuais. Graciñas polo aviso. -- JonnyJonny (conversa) 21:23, 5 de abril de 2012 (UTC)

Non hai problema. Así o farei. -- JonnyJonny (conversa) 21:29, 5 de abril de 2012 (UTC)
Feito! Feito!. Non obstante, atopei as mesmas ligazóns mortas noutros artigos que non aparecían nesa lista. Tamén me poño con elas. -- JonnyJonny (conversa) 22:13, 5 de abril de 2012 (UTC)

Resposta[editar a fonte]

Eu tampouco teño ganas de pelexar, só digo que igual que se respectan unhas ideoloxías deberían respectarse as outras. Lamento incluir a todos os usuarios neste bloque pero é o que parece posto que "as normas" son algo separatistas.

O único que propoño é que na páxina do Cara al Sol permañeza a letra, igual que o fai no resto de páxinas da wikipedia e o fan o resto de himnos que non cumpren os 70 anos da morte do autor e si aparecen.

Entendo que non queras responder, e non o consideres un ataque contra ti. Moitas gracias por responder os meus pesares. --193.153.52.49 18:06, 6 de abril de 2012 (UTC)

Home vale que borres a foto da felación pero revertir o dos templarios por que si... Penso que a primeira edición non era incorrecta, a segunda si que era con mala intención. Saúde e República camarada--193.153.52.49 18:39, 6 de abril de 2012 (UTC)

Rangos[editar a fonte]

Non sei como é iso dos "rangos". Como se fai?--. HombreDHojalata.conversa 19:54, 6 de abril de 2012 (UTC)

Ah, xa entendo! Pero é un rango moi grande. Imposible aplicar un bloqueo tan amplo. Irémolo toureando, que vai cansar el antes ca nós. --. HombreDHojalata.conversa 20:08, 6 de abril de 2012 (UTC)
Xa, xa. Primeiro probei cun bloqueo por dúas horas por ser o primeiro que fago de rangos e porque partín da páxina para bloquearme a min mesmo. Inmediatamente xa o mudei a "para sempre". --. HombreDHojalata.conversa 21:01, 7 de abril de 2012 (UTC)
Graciñas. Non tes porqué desculparte. Eu tería feito o mesmo no teu lugar ;-) --. HombreDHojalata.conversa 21:03, 7 de abril de 2012 (UTC)

Foto dos templarios[editar a fonte]

Non hai de que, Prevert. Xa sabes que creo que cando tes razón, tes razón. E os dous sabemos que o outro actúa coa mellor intención. Saúdos cordiais. Pedro --Lameiro (conversa) 21:22, 6 de abril de 2012 (UTC)

Praia da Madalena[editar a fonte]

Ola Prevert: O nome da praia é, efectivamente, da Madalena. Moita xente coñécea por praia de Cabanas por ser a máis importante deste concello (de feito só hai outra máis: a pequena praia de Chamoso). Penso que como ti a puxeches na páxina das praias de Galicia é como debe constar, e que se deberia cambiar o nome da páxina Galería de imaxes da praia de Cabanas polo de Galería de imaxes da praia da Madalena. Por certo, non coñecía a páxina das praias e ten moi boa pinta. Saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 21:53, 6 de abril de 2012 (UTC)

Se vas estar máis tempo cédoche a honra, pois estaba a piques de deixalo por hoxe. Ata máis ver! --Xosé Antonio (fálame sempre) 22:11, 6 de abril de 2012 (UTC)

¿Bloqueo?[editar a fonte]

Hola, isto é un cibercafé polo problablemente ese sexa o motivo do bloqueo desta IP. Eu non teño nada que ver con bloqueos e gaitas. Un saúdo --83.54.77.140 13:37, 7 de abril de 2012 (UTC)

RE: Licenzas de imaxe[editar a fonte]

Bos días Prevert, vin a túa mensaxe e non comprendo ben o que me queres dicir. O que preguntas é se as imaxes teñen licenza para estar subidas? Grazas--AMPERIO (conversa) 11:59, 8 de abril de 2012 (UTC)

A imaxe de Antonov, non é exactamente igual á imaxe corporativa real que aparece en http://www.antonov.com, na que se pode ver que as letras son máis pequenas que o logotipo e incluen o simbolo de ® (marca rexistrada). Polo que creo que non incumpre coa licenza. A imaxe da BBC está indicado que o autor e a BBC e a internet é o dominio público que eu sepa, polo que tampouco vexo o problema. Tal vez estea trabucado, pero son imaxes que subín hai tempo e non entendo por que preguntas isto agora. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 12:15, 8 de abril de 2012 (UTC)
Entendo, pois a verdade é que non sei que dicir, se queres borralas adiante, a mi tanto me ten, simplemenete subinas como complemento e os artigos non perden nada por non telas.--AMPERIO (conversa) 12:29, 8 de abril de 2012 (UTC)
Mira a ver serve así a foto do iPhone Ficheiro:IPhone galego.PNG, o fondo é unha foto que acabo de facer eu. --AMPERIO (conversa) 13:58, 8 de abril de 2012 (UTC)

Alzamento de Pascua[editar a fonte]

Boas, quería tentar unificar o tratamento dos nomes dos grupos e partidos políticos con nomes en gaélico e en inglés que hai no artigo, fixen unha pequena proposta na páxina de conversa porque como é bastante choio non quero meterme no lío sen saber se será boa idea ou non. Cando teñas un momento, ¿podes mirala?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:02, 12 de abril de 2012 (UTC)

Saúdos[editar a fonte]

Saúdos, mestre. --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2013 ás 17:14 (UTC)

Re:Grazas.
Non hai porqu'e dalas.
Eu ando lonxe ultimamente. Por terras de Afganist'an Ma'is 'e certo que os galipedistas, novos e vellos, muito te;en traballado, ultimamente, a prol deste gran (cos seus defectos e virtudes) proxecto.
PARAB'ENS a todos, abofe que si.
PS.: Conto con estar na casa antes do D'ia das Letras. Sau'ude. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2013 ás 19:29 (UTC)

categorías ocultas[editar a fonte]

Graciñas polo aviso. Xa vira o das imaxes pero non sabía o da poboación. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 16 de febreiro de 2013 ás 15:56 (UTC)

Santoral[editar a fonte]

Ola Prevert, que alegría volverte ler por aquí. Ao respecto do Santoral, grazas polo aviso, non lera o acordo e agora mesmo procedo a rectificar. Saúdos. --Xas (conversa) 17 de febreiro de 2013 ás 17:49 (UTC)

RE:Subpáxinas no espazo de nomes usuario[editar a fonte]

Xa sei que non se poden editar, pero espero que a miña edición menor non lle moleste, xa que foi para actualizar a foto. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de febreiro de 2013 ás 23:14 (UTC)

Vale, pois tomo nota --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 25 de febreiro de 2013 ás 07:27 (UTC)

Acábome de dar conta de que foi na túa subpáxina, pensei que fora noutra. Desculpa. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 27 de febreiro de 2013 ás 16:49 (UTC)

Anexos[editar a fonte]

Ola, grazas pola túa mensaxe a respecto da inexistencia de anexos, intentarei colocar as listas específicas de botánica nos propios artigos ou con outros nomes. Grazas. Saúdos. Nachonion (conversa) 27 de febreiro de 2013 ás 15:52 (UTC)

RE: Densidade[editar a fonte]

Fixen unhas modificacións baseándome nun código de es.wp e coido que xa funciona. Temos un par de problemas (os dous exemplificados actualmente no artigo "Panxón, Nigrán"):

  1. Se a poboación supera as tres cifras e se inclúe o punto dos milleiros (por exemplo: 3.901) o código interpreta o punto como a coma decimal.
    Solución 1: Se estamos seguros de que todos os artigos teñen o punto (como debe ser), basta con incluír un código adicional para o formato de números ({{formatnum:}}).
    Solución 2: Deixar os números sen formato (3.901 -> 3901) e darlles o formato axeitado desde o modelo (tamén con {{formatnum:}}).
  2. Se o campo de poboación ou superficie ten establecido un guión (-) para indicar que se descoñece, o software non pode (loxicamente) facer a operación de división e produce un erro.
    Solución: Retirar todos os casos nos que se inclúa o guión e deixar o campo baleiro.

Polo de agora, vou asumir que non hai ningunha coma para indicar de xeito incorrecto os milleiros para evitar un dos problemas. O outro pódese facer cun bot. --Toliño Fala aquí comigo 27 de febreiro de 2013 ás 22:40 (UTC)

Esquece a solución 1 ao primeiro problema. Acabo de facer unhas probas e só vexo factible a solución 2. Isto implica facer algún cambio que non estou seguro de poder facer automaticamente cun bot. O que implica unha revisión de moitos artigos. Como o ves? --Toliño Fala aquí comigo 27 de febreiro de 2013 ás 22:52 (UTC)
Esquece o anterior comentario. Coido que xa atopei a solución para o problema 1. Agora queda resolver o problema 2. Á parte do problema co guión, tamén hai algunhas páxinas que aínda non inclúen o ano no parámetro separado, senón que van precedindo ao da poboación. --Toliño Fala aquí comigo 27 de febreiro de 2013 ás 23:02 (UTC)
Para engadir as páxinas a unha categoría éche tan simple como editar a mensaxe de MediaWiki axeitada (a que proporciona o erro). Por certo, que esta solución semella bastante boa porque xa detectei varias páxinas con datos de densidade erróneos. Queres que faga o da categoría ou prefires empezar co modelo para concellos? --Toliño Fala aquí comigo 27 de febreiro de 2013 ás 23:13 (UTC)
Dálle tempo á memora caché. Ás veces estas cousas tardan un chisco en aparecer. --Toliño Fala aquí comigo 27 de febreiro de 2013 ás 23:38 (UTC)
Puxen o bot a choiar no tema dos guións (apareceron máis de 200 páxinas con erro!). Así logo xa vemos os que quedan con outros problemas. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 00:22 (UTC)
Oh! Parei o bot en canto me decatei de que estabas a facer o mesmo. Perdoa! --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 00:26 (UTC)
Tiven que paralo porque non deixaba de recibir avisos de conflito de edición co teu bot. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 00:28 (UTC)
Entón xa che deixo o traballo feito para mañá. Boa noite! --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 00:32 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── O número de artigos con algún tipo de problema non deixou de subir en toda a noite (agora temos máis de 2.000), de modo que ao bot vaille levar máis tempo do que agardaba. Vouno deixar toda a mañá funcionando a ver se remata, senón, volverei pola noite. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 10:01 (UTC)

Grazas por rematar o traballo. Ía poñer o bot de novo a traballar pero decateime de que xa o remataras. E estou de acordo en borrar as liñas de densidade. O que non sei é o código correcto para eliminala por completo. Explícome: hai que facer un código que borre a liña e non deixe o espazo en branco. Entendes? Sabes facelo? --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 19:26 (UTC)
Fixen unha pequena modificación para detectar as páxinas que fan un uso incorrecto do parámetro poboación incluíndo o ano entre parénteses. Apareceu un feixe ben grande de artigos (uns 970) con ese problema. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 20:45 (UTC)

No campo de densidades hai que facer varias pasadas, porque hai casos nos que non hai guión: están baleiro ou teñen números. Hainos que considerar tamén. --Toliño Fala aquí comigo 1 de marzo de 2013 ás 00:29 (UTC)

Vexo que estivestes traballando arreo (ti e mais o teu bot). Xa quedan poucas páxinas que arranxar. Por certo, vin que a páxina "Vila Verde da Raia" usa o modelo incorrectamente (non é unha parroquia galega). Coido que non temos un modelo para ese artigo, así que habería que retiralo. Cando remates ías recuperar a categorización automática do ano das poboacións, non é? E logo quería facer o mesmo con {{Concello}}? Conta comigo se necesitas axuda. --Toliño Fala aquí comigo 2 de marzo de 2013 ás 13:15 (UTC)
Moita información en poucas liñas. Concédeme un tempo para que reflexione. Hoxe non prometo nada, que tamén ando a outras cousas. Agardo ter tempo esta semana para facer algo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 3 de marzo de 2013 ás 13:03 (UTC)
Empecei a borrar as categorías (ata o de agora, as da Coruña e Pontevedra). O resto intentarei facelo mañá. Por certo, conseguín fedellar un pouco co bot e desenvolvín un código para eliminar os campos de densidades (de momento, os que son da forma: --,--). Terei que modificalo para cubrir todas as posibilidades (-,-- e --,- e --). --Toliño Fala aquí comigo 3 de marzo de 2013 ás 16:03 (UTC)
O certo é que non sei moito de programar códigos para o bot, mais fixen este lendo páxinas de axuda e usando un código que conseguín do usuario que nos axudara hai un tempo a arranxar o formato do modelo {{Coordenadas}}. Non sei se é o mellor, o único que sei é que funciona e iso abonda. Déixocho aquí: \|densidade = (\d{2}(?:\.\d{2})?),(\d{2}(?:\.\d{2})?)\r\n\|entidades" "|entidades. Cómpre poñelo coa función replace.py e a opción -regex. Vou empezar a revisar os artigos que aínda quedan co campo de densidade. --Toliño Fala aquí comigo 4 de marzo de 2013 ás 11:39 (UTC)
Facendo unha procura rápida no Google atopei un código semellante que adaptei e agora coido que serve para todos os casos. É este: "\|densidade = \d{1,2},\d{1,2}\r\n\|entidades" "|entidades". Os números entre corchetes (1,2) indican a cantidade de cifras que pode ter o número. Farei outra pasada despois por se queda algún artigo co texto |densidade= por se escapou algún. --Toliño Fala aquí comigo 4 de marzo de 2013 ás 11:52 (UTC)

Rematei de comprobar os artigos co parámetro da densidade. Se non se me escapou algún, deberan estar todos corrixidos. Detectei os seguintes usos incorrectos do modelo para parroquias: Luarca, Tuilla, Vila Verde da Raia, Alcáçovas e Candás. --Toliño Fala aquí comigo 5 de marzo de 2013 ás 22:10 (UTC)

Por certo, falabas dun xeito de centralizar algunha información que cómpre actualizar en varios artigos á vez. En principio, esa é a segunda fase do Wikidata, despois dos interwikis. A fase 2 céntrase en recoller todo tipo de información que se atopa habitualmente nas caixas de información para usala nos artigos. Hai unha fase máis, a fase 3, que vai encargarse dos artigos en forma de lista. Tes máis información sobre isto nesta introdución. --Toliño Fala aquí comigo 5 de marzo de 2013 ás 22:44 (UTC)
Si que viría ben mudar as cores (abandonar o azul que vai ligado, con diferentes tonalidades, aos modelos referidos a Galicia). O que non estou moi seguro é de manter a categorización automática, pois aínda queda moito por facer cos concellos e parroquias galegos como para amplialo ao resto de España e Portugal. --Toliño Fala aquí comigo 6 de marzo de 2013 ás 14:28 (UTC)
O que me falas da localización xeográfica está anotada nas miñas tarefas pendentes. --Toliño Fala aquí comigo 6 de marzo de 2013 ás 19:20 (UTC)

Veño de facer a modificación para a densidade no modelo {{Concello}}. Detectei un primeiro problema: as referencias. Cabana de Bergantiños, por exemplo, ten unha referencia para o dato de superficie. Co cambio, á parte de non mostrarse a referencia nas notas, o sistema non pode calcular correctamente a división porque intenta interpretar todo como un número. A solución que vexo é separar a referencia nun campo diferente. O que si convería facer é un arranxo de formato porque as inclusións semellan un chisco desastrosas. O que non sei é o difícil que pode ser homoxeneizar todos os artigos cun bot. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 14:08 (UTC)

Acabo de ter unha idea para solucionar o tema de Barxas. Así como temos {{Concello galegofalante}} podemos crear {{Parroquia galegofalante}}. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 14:39 (UTC)
Agora mesmo non podo, pero á noitiña agardo ter tempo de facelo. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 14:44 (UTC)

Non coñezo moi ben a sintaxe, o código copieino da en.wp, estou intentando facerlle modificacións para que marque tamén os artigos dos usuarios autoconfirmados e non só dos anónimos. Cando teña un momento póñome co modelo das parroquias de Barxas. Intentarei revisar tamén os posibles campos de densidade que quedasen atrás. --Toliño Fala aquí comigo 8 de marzo de 2013 ás 11:04 (UTC)

Conseguín crear un código (que semella pouco eficiente en canto a redemento e tempo de execución, mais coido que funciona) que distingue se o artigo ten ou non o modelo {{Lugar}} e se non o ten. Nestes intres, aos primeiros esíxelles un mínimo de 1.000 caracteres e ao resto un mínimo de 200. Segundo o que me dixeches agora na conversa, a canto pensas que debemos baixar o mínimo para os artigos de lugares? --Toliño Fala aquí comigo 8 de marzo de 2013 ás 11:58 (UTC)
En principio, só está programado para etiquetar a edición nos cambios recentes e na páxina especial correspondente. O usuario non recibe ningún aviso. --Toliño Fala aquí comigo 8 de marzo de 2013 ás 12:07 (UTC)
As miñas mofificacións no filtro non funcionan correctamente. Estou por crear un filtro á parte para os artigos de lugares, porque levo un bo anaco fedellando no código e cando consigo amañar algo desfago outra cousa. --Toliño Fala aquí comigo 8 de marzo de 2013 ás 13:08 (UTC)

Fixen o modelo para as parroquias de Barxas. Bótalles un ollo. Tamén dividín os filtros en dous, a ver se así non hai falsos positivos. --Toliño Fala aquí comigo 8 de marzo de 2013 ás 14:15 (UTC)

marcadores[editar a fonte]

Ola, Prevert; mudei o marcador porque considerei que ó artigo non lle acae o de atención, máis propio para os problemas mencionados en Wikipedia:Artigos con problemas, pois ten o formato correcto e as categorías axeitadas; simplemente é un bosquexo que non contén os contidos mínimos. En todo caso, se consideras que é de eliminación rápida, habería que incluírlle o modelo {lixo}, non {atención}. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2013 ás 09:08 (UTC)

Ola, Prevert; desculpa por non contestar antes que estaba en clase. Pareceume moi interesante o segundo comentario que me deixaches, pero non comparto contigo a visión de que o marcador de atención dá unha visión de urxencia, pois o certo é que hai numerosos artigos que teñen o marcador desde hai moito tempo sen que nin os usuarios frecuentes nin os administradores nos preocupemos de solventar os problemas. Pasa o mesmo cos marcadores de {en progreso}, nos artigos á espera de que alguén os mellore.
Eu tamén son partidario de eliminar moitos artigos con contidos mínimos, pero entendo que iso desalenta a nov@s usuari@s, e entendo que o marcador de {en progreso} pode dar pé a que alguén se preste a mellorar os artigos así sinalados.
Non entendín moi ben o de que sexan os administradores quen deba valorar se un artigo é de borrado ou se procede corrixilo. Penso que calquera usuario con criterio ten capacidade para discernir entre un marcador e outro.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2013 ás 18:26 (UTC)

RE: Filtro[editar a fonte]

O estraño é que se vou a "Probar este filtro coas edicións recentes" detecta os artigos sen problema. Non sei que é o que pode pasar. --Toliño Fala aquí comigo 9 de marzo de 2013 ás 15:32 (UTC)

Marqués de La Fayette[editar a fonte]

Ola Prevert, paso a comentarche o que me expos na miña páxina de conversa: non sei se fixen todos os pasos corretamente, pero si podoche decir que no seu momento propuxen fusionar os dous artigos cousa que ante a falta de resposta fixen eu, e deixei o de Marqués de La Fayette por consider o nome máis axeitado (pois creo que é o nome polo que é máis coñecido), no canto que me dis que non se usan marqués, conde, duque nos cabezallos poido ver que outros artigos si usan no cabezallo Marqués ou Duque véxase Marqués de Sade, Marqués da Ensenada, Duque de Rivas e noutros casos redirixen o nome propio do perxonaxe en cuestión, agora ben se o nome non fora correcto sempre se podera poñer aquel que se considere correcto, de todas forma, fagoche unha observación, o artigo foi comenzado polo usuario Meu rei o día 6 de setembro do 2007 e ninguen propuxo outro nome en todo este tempo. Un saúdo--Alfonso mande 9 de marzo de 2013 ás 15:40 (UTC)

RE: Saúdos[editar a fonte]

Pois si, todo ben por aquí. Non sabía iso das interwikis. Vaia, estou desactualizándome a gran velocidade. Procurarei non meter moito máis a pata. Saúdos e parabéns polos 100.000 :) --Alberte Si, dígame? 9 de marzo de 2013 ás 17:42 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:02 (UTC)

Pendente[editar a fonte]

Ola Prevert. Na páxina Usuario:Prevert/atención xa arranxei o punto: No modelo {{Ciclista}} o campo imaxe chámase image, non hai campo lenda. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de setembro de 2013 ás 00:08 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Prevert! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 11:41 (UTC)

Saúdo[editar a fonte]

Alégrome de velo! --. HombreDHojalata.conversa 1 de decembro de 2016 ás 22:14 (UTC)

Imaxe tritón común[editar a fonte]

Moitas grazas! Non me decatara. Vouna quitar logo. Un saúdo. :)

Borrar fotos[editar a fonte]

Boas Prevert, se ves algunha foto que viole os dereitos de autor en Commons, o mellor é solicitar alí o borrado porque así revisarana os administradores de alí e non se usará noutras wikis. Se a borran alí non fai falta quitala xa do artigo porque teñen un bot que xa se encarga de facelo automaticamente. Moderneces que teñen agora :) Saúdos e benvido, Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2016 ás 17:34 (UTC)

Como vexas, pero é máis correcto facelo así porque o esforzo é case o mesmo, e como podes ver aquí, é tamén útil para a Galipedia, e obviamente para Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2016 ás 22:56 (UTC)
Non me incomodan as túas edicións, e creo que en ningún sitio dixen iso, se o fixen sen decatarme ou me entendiches así, perdoa, non era esa a miña intención nin moito menos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2016 ás 15:38 (UTC)

Saúdo[editar a fonte]

Precisamente onte, a conta dun asunto no meu blog, chegaba a esta entrada: http://ribadeando.blogspot.com.es/2006/12/galipedia-20000-artigos.html

Así que, seguimos! :-) --Agremon(contacto) 9 de decembro de 2016 ás 20:08 (UTC)

RE:Nome ficheiro[editar a fonte]

Non sei en que estaba pensando, xa está en Ficheiro:Vista Ourense dende A Peroxa.jpg, aínda que queda a redirección que eu non podo borrar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 22:52 (UTC)

RE:Baños de Molgas[editar a fonte]

Placa igrexa San Román, Xunqueira de Ambía.jpg

Pois parece que si debe haber un erro porque non hai ningún San Román en Baños..., déixame un tempo para revisar o resto de fotos dese día e xa che conto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2016 ás 11:18 (UTC)

Atopei a foto que fixen dunha placa que hai na igrexa, ó lado mesmo desas casas, que confirma que é Xunqueira de Ambía, xa están cambiados os nomes. Moitas grazas por atopalas, agora hai unha parroquia máis con foto :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2016 ás 00:44 (UTC)
Queda o máis difícil porque Lugo e Ourense quedan máis lonxe, pero pouco a pouco irán caendo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2016 ás 23:12 (UTC)

RE:Riveira[editar a fonte]

Está ben feito desta forma, a redirección local cómpre eliminala. Sendo ficheiros cargados orixinalmente en Commons o historial local non é necesario. As redireccións de ficheiros son complicadas de manexar, e máis cando están tamén en Commons, o sistema non xoga moi ben neses casos. Banjo tell me 22 de decembro de 2016 ás 19:03 (UTC)

Se non existise a mesma redirección en Commons si, quedaría como páxina baleira localmente sen máis. Pero como existe a mesma redirección en Commons ó sistema dalle igual o contido da redirección local, trátaa como redirección independentemente do texto wiki que conteña localmente. Banjo tell me 22 de decembro de 2016 ás 19:11 (UTC)

Máis sobre outras fontes[editar a fonte]

Boas, xa que sacaches o tema das fontes dos novos elementos químicos, se tes un momento libre e che apetece, poderías comentar a túa idea sobre un tema similar que abrín na taberna? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 01:58 (UTC)

Vale, grazas, eu tamén confío nas consideracións de Lameiro e Sobreira pero parece que non se decataron da mensaxe, a ver se revisan esa nota cando teñan un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 16:41 (UTC)

RE:Cangas, Pantón[editar a fonte]

Tes toda a razón, xa a quitei do artigo, grazas por atopala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 23:22 (UTC)

RE:Subtítulo nas referencias[editar a fonte]

Boas mestre. Tanto en {{cita audiovisual}} como na maioría do resto de modelos de citas, unha posible solución ó que indicas sería incluír o subtítulo no parámetro |obra=. Un exemplo:

*{{Cita audiovisual |título =Titulomoilongo | obra= subtítulo |apelidos =Autor |nome= A. |medio=DVD |tempo=8:42 |lingua=mi |url=http://exemplo.com |editorial=Editorial |data=1-1-2000 |ano=2000}}

  • Autor, A. (1-1-2000). Titulomoilongo. subtítulo (DVD) (en maorí) (Editorial). Escena en 8:42. 

Agardo que isto sirva para o teu propósito. Saúdos Banjo tell me 4 de xaneiro de 2017 ás 06:58 (UTC)

Si, todo o que sexan categorías de seguimento ou mantemento para imaxes debe ir baixo Categoría:Mantemento de imaxes, avisa se precisas axuda con calquera tarefa. Grazas! Banjo tell me 4 de xaneiro de 2017 ás 14:55 (UTC)
Ah, por iso nada, non te preocupes. É para harmonizar os nomes de categorías de mantemento, para que queden todas do tipo Categoría:Wikipedia:Mantemento de modelos, Categoría:Wikipedia:Mantemento de módulos etc. Non lle faigas caso polo momento, é unha cuestión estética e unha tarefa para bot, en canto arranxe o meu farei o cambio co cacharriño, polo momento hai que seguir usando o nome de Categoría:Mantemento de imaxes. Banjo tell me 4 de xaneiro de 2017 ás 15:05 (UTC)

RE:Saúdo[editar a fonte]

Moi boas Prevert, canto tempo!! Pois si, ando agora liado co mundo da aviación, aínda que tamén sigo co rock a voltas. Alégrame moito saber de ti, a quen considero o meu mestre nisto da Galipedia despois daquelas charlas hai anos polo Messenger hehe. Que tal che vai todo? --Beninho (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 17:55 (UTC)

Clasificación imaxes[editar a fonte]

Ola, Prevert. Na de Arealonga, a clasificación en imaxes de Ribadeo é relativa: a zona montañosa do fondo, dende o pico central (incluído, é o Monte Mondigo) á esquerda, é Ribadeo. O resto é Reinante (e un pouco, a costa ó pé, San Miguel), Barreiros. A outra, da Devesa, está tomada dende o mirador natural do Comado, en Reinante, Barreiros, polo que coido que debera ir nos dous lugares. Saúdos, --Agremon(contacto) 6 de xaneiro de 2017 ás 13:54 (UTC)

Agora me explico o que pasaba! :-) --Agremon(contacto) 7 de xaneiro de 2017 ás 19:30 (UTC)

Bo ano[editar a fonte]

O mellor de todo é que volvamos coincidir. Apertazas, e que teñas moi bo ano. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xaneiro de 2017 ás 08:17 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)

RE:Abadín[editar a fonte]

Si, son todas de Abadín, atopei as súas coordenadas, xa están en Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 17:07 (UTC)

Arrival[editar a fonte]

Ola! Grazas por mellorar o artigo, e especialmente polo tena do Reino de Galicia, algo que tiña pensado engadir. Un saúdo! Nachonion (conversa) 25 de xaneiro de 2017 ás 07:42 (UTC)

RE:Copyvio e falsificación en Commons[editar a fonte]

Eu esta finde non estiven en casa e xa pediu Banjo o borrado en Commons. Grazas polo aviso e tamén grazas a Banjo :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2017 ás 18:55 (UTC)

Elisardojm, Banjo: grazas. --Prevertgl 30 de xaneiro de 2017 ás 21:51 (UTC)

JCfidy[editar a fonte]

Grazas. Sinto telo feito mal, pero o que fixen foi facer clic en conversa na sinatura que deixou na súa mensaxe na miña páxina. Despois alí atopei un aviso moi destacado ao principio da páxina dicindo "Haz clic aquí para deixar un novo mensaxe" e iso foi o que fixen.--Miguelferig (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 21:55 (UTC)

Si, non te preocupes. A ver se non meto a pata noutra ocasión. Saúdos.--Miguelferig (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 22:26 (UTC)
@Prevert:, @Miguelferig: disculpadme foi culpa miña que copiei a cabeceira desde miña páxina de es.wikipedia y a trasladei a la de gl.wiki pero non me dei conta das ligazons. Un saudo --Jcfidy (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 08:10 (UTC)

Título[editar a fonte]

Igual sería mellor Categoría:Imaxes de lugares que levan o nome Rosalía de Castro mellor que sitios non cres? --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 20:01 (UTC)

Ah vale, se xa o tiñas en mente estupendo. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 20:07 (UTC)
Busquei sinónimos en wordreference para sitio (en castelán) e aparece a seguinte lista: lugar, rincón, espacio, emplazamiento, puesto, localidad, situación, punto, parte, residencia, zona, territorio, término, paraje, recinto, local. Igual podes usar un destes que se asuste ao contido da categoría. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 20:11 (UTC)

Galerias[editar a fonte]

Xa que vexo que metiches man nos artigos das galerías, quedan Galería de imaxes de mapas de augas a mar aberto de Galicia e Galería de imaxes do laboratorio de prácticas da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña illados aínda. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 21:48 (UTC)

Xa vin, que arranxaches as outras, por iso o dicía. Pensaba que non viras estas dúas. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 21:53 (UTC)
Vale. De todos modos non lles vexo moito sentido manter esas páxinas se as imaxes están recollidas nunha categoría. Pero bueno alguén as usará... --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 22:05 (UTC)

Ola compañeiro.[editar a fonte]

Agora que o penso, non estaría mal que borrases os meus datos persoais da anterior mensaxe. Con todo, dá igual: Cando teño inimigos ocorre que se desaniman sen eu facer nada.-- Lmbuga / Conversa comigo  18 de febreiro de 2017 ás 13:54 (UTC)

Teño tan pouca estima pola miña presencia pública que nin sequera son influenciable por me coñeceren ou saberen de min.-- Lmbuga / Conversa comigo  18 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)

empezamos de cero, se o desexas[editar a fonte]

Acabo de encontrar a mensaxe túa orixinal. Polo camiño, ata o momento actual, dixen moitas cousas. Por moito que dixese, como ben sabes, sempre que ti aceptes ser referencia, eu estarei totalmente contigo. O que non me podes pedir é que eu sexa fonte primeira. -- Lmbuga / Conversa comigo  18 de febreiro de 2017 ás 15:40 (UTC)

Categoría poboación 2016[editar a fonte]

¿E como creo esa categoría?, Quero dicir, ¿de onde colga? Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 15:19 (UTC)

Non entendo a súa función pero, en todo caso, grazas. Tomo nota nas miñas chuletas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 15:32 (UTC)

Couza da pataca[editar a fonte]

Ando nesas, xa mo dixera Elisardo por whatsapp. A ver se me entero de quen me pode facilitar a cousa.--Agremon(contacto) 22 de febreiro de 2017 ás 19:31 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)

imaxes do Irixo[editar a fonte]

Ola, Prevert; efectivamente trabuqueime ao categorizar as imaxes. Xa está resolto, e aproveitei para incluír unha delas nun artigo de lugar. Desa zona non controlo nada, só fun de paso. Grazas polo aviso! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2017 ás 19:19 (UTC)

miliarios[editar a fonte]

Boa tarde! Escríboche porque quizais tes frescas algunhas das imaxes por andares a categorizar nos últimos días. Sería interesante facer unha categoría de "Imaxes de miliarios en Galicia". Anímaste? Grazas en calquera caso. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2017 ás 17:06 (UTC)

RE:Imaxes de Larouco[editar a fonte]

Feito! Feito! Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2017 ás 22:59 (UTC)

Ligazóns[editar a fonte]

Creo que ías ligar dous artigos e ligaches un dúas veces. Xa lin o que ligaches. Grazas. Unhanova (conversa) 16 de marzo de 2017 ás 07:52 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)

Imaxes de ¿vacas?[editar a fonte]

Boas tardes, Prevert. Dálle unha volta a esa categoría "imaxes de esculturas de vacas en Galicia", por se non sería máis procedente "... esculturas de bóvidos...". Nesas imaxes temos bois, vacas e becerros. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 18:57 (UTC)

  • Nese relevo de Becerreá represéntase un boi, unha vaca e un becerro, pero son bois as seguintes imaxes: o boi de Allariz, o rapto de Europa, o relevo da capela do Santo, o boi de Iria Flavia... e outras imaxes semella máis lóxico que sexan bois que vacas, por simbolismo. Visto así, todas as imaxes xuntas, eu creo que lle acae mellor "imaxes de bóvidos" que "de vacas". Pero tampouco é tan importante. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 19:16 (UTC)
    • Ó final creo que vai ser mellor deixalo como estaba (imaxes de vacas e de esculturas de vacas). Pero engadín unha explicación que pretende xustificar o termo. Mira ver que te parece. Tamén volvín a categorizar aquí o relevo de Becerreá. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 11:45 (UTC)

Conversa_Wikipedia:Votacións/Categorización_non_sexista_e_visibilización_de_tódolos_xéneros#Comentario[editar a fonte]

Menciónote por se sabes algo sobre políticas respecto a datos non verificados e non especialmente controvertidos, pero aceptados, como o sexo/xénero de Felipe González. Son feitos socialmente (maioritariamente) asumidos como certos. É como dicir que hai unha fraga de teixos en Vigo, ou que no fondo dun lago hai un burato, ninguén o comprobou pero tampouco ninguén o discute. Como que viaxar ó sol mataría a un humano. Ou que á xente que tatexa enténdeselle peor. Esas cousas que se defenden por "sentido común" ou por asunción ou consenso. Ou que a violencia enxendra violencia. Non sei, non me saen moitos nin mellores exemplos. ※ Sobreira ►〓 parlez 24 de marzo de 2017 ás 21:18 (UTC)

  • É case máis difícil atopar exemplos que abordalos. Por exemplo, como temos a certeza de que o que se di que Mozart (ou Beethoven) era xordo é certo? Polas fontes, que referían a súa condición, pero puido enganar a todo o mundo e escoitar perfectamente. Non é demostrable. Como sabemos que Xoana de Arco ou Saulo de Tarso escoitaban voces? A historia e a ciencia ás veces reinterprétano como delirios ou alucinacións, pero puido non ser nin iso e simuláreno para conseguir poder político e militar. Como podo demostrar que a terra xira arredor do sol? Eu non fun, teño que fiarme dos científicos. Como podemos afirmar que Hitler era normalmente cariñoso cos seus cans, non só diante das cámaras? Como decidimos o que pasou en Fátima co milagre (o do sol), que versión contar primeiro? Era Oscar Wilde homosexual? Ou que un certo ateo arrepentiuse e confesouse no leito de morte? (está por ver quen) En todos estes casos, dáse por asumido a opinión maioritaria, non demostrada tampouco para a maioría, e o que se fai é mencionar os casos discordantes cando os hai, pero por norma asúmese a veracidade das fontes contemporáneas. Pensei que habería políticas, por iso pregunto. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de marzo de 2017 ás 07:51 (UTC)

Latipedia[editar a fonte]

Lin na votación das categorías que a Galipedia ten pouca difusión. Penso que se podería aumentar coa Latipedia http://sli.uvigo.es/latipedia/ . Creo que hai persoas na Galiza que, de saber da existencia da Latipedia, buscarían moito máis na Galipedia. Unhanova (conversa) 25 de marzo de 2017 ás 22:26 (UTC)

Temos dúas wikipedias ao lado moi potentes, sempre imos ter unha wikipedia menos potente que elas. Agora mesmo é difícil o acceso a elas desde a Galipedia se a Galipedia non ten o artigo, se se puidese acceder con facilidade a elas (sen ser polo artigo), gañariamos moito. Unhanova (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 11:24 (UTC)

Na Galiza as persoas galegofalantes son bilingües e probablemente a procura faise desde Google que cambiou os algoritmos para o castelán segundo contou Marcus, o do Código Cero, e que dá os resultados na wikipedia en castelán poñendo o texto en galego. A Latipedia paréceme unha ferramenta que podía incrementar moito a lectura dos artigos en galego. Tamén creo que se a Galipedia, tendo moitos menos artigos que a wikipedia en castelán e en portugués, ten unha forma fácil de poder traspasar a esas wikipedias de non ter a información, podería aumentar en usuarias/os, porque agora mesmo é complicado. É fácil traspasar de máis a menos, mais non de menos a máis. Por exemplo, entro na wiki en inglés e quero logo saber que contan sobre ese artigo no resto das wikis, difícil se entro nunha wikipedia máis pequena e non ten artigo sobre ese tema. Unhanova (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 09:35 (UTC)

?[editar a fonte]

Xa non se che poden enviar mails? Precisaba un favor. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de marzo de 2017 ás 08:23 (UTC)

Non respondín por estar a mil cousas e a verdade non saber moi ben. Tes razón en que podo facelo eu de incógnito, pero non sei mentir, ou fágoo moi mal e sería moi anómalo para min. Déixao estar se queres, total agora é un tema que resolvín, parcialmente pero bastante ben e creo que serei capaz de facelo totalmente cun pouco de esforzo e tempo. ※ Sobreira ►〓 parlez 7 de abril de 2017 ás 08:45 (UTC)
Si, desactiva se queres. Cales son os temas pendentes? Por certo, hoxe rematei de xuntar todo a toponimia do SITGA, 266k (mágoa que confundira Esgos por Entrimo e teña que repasar). ※ Sobreira ►〓 parlez 10 de abril de 2017 ás 13:52 (UTC)

Intercambio colombiano[editar a fonte]

Xa me esquecera diso. Por min está ben o cambio. Grazas. --Breogan2008 (conversa) 30 de marzo de 2017 ás 21:08 (UTC)

Hórreos do Pino.[editar a fonte]

Ola, Prevert. As fotos en branco e negro, que son as miñas, fíxenas hai xa bastantes anos nunha camiñada polo camiño de Santiago. Falando de memoria, foron feitas no tramo que vai entre San Antón e O Amenal, xusto chegando ó aeroporto dende Lugo. O que xa non sei é a que parroquia corresponde. Parece que no Pino hai dous lugares chamados O Amenal en parroquias diferentes, ou ben é o mesmo lugar dacabalo entre dúas parroquias. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 9 de abril de 2017 ás 21:20 (UTC)

Re:Industria[editar a fonte]

Complicadiña a cousa, Prevert, pero así será. Corrixo *subministro por subministración. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de abril de 2017 ás 23:04 (UTC)

  • Saneamento, residuos e descontaminación ¿colgando de economía? Incomprensible. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de abril de 2017 ás 23:12 (UTC)

Categoría:Imaxes con título incorrecto[editar a fonte]

Boas mestre. A Categoría:Imaxes con título incorrecto empregámola para indicar imaxes subidas localmente que precisan un cambio de nome. Coas imaxes subidas en Commons pouco ou nada podemos facer de forma local. Entendo o propósito de incluílas nesa categoría, pero non é a axeitada polo propio propósito desta. Se che parece podemos crear outra categoría oculta de seguimento, do tipo Categoría:Imaxes en Wikimedia Commons con título incorrecto, e movelas a esa outra. Banjo tell me 24 de abril de 2017 ás 20:50 (UTC)

Queda creada, movín as 5 que había a esa nova. Considero necesario distinguir entre as que temos localmente e as que están en Commons, principalmente porque as que temos localmente podemos tomar accións directas e saen na {{Táboa mantemento}}. Banjo tell me 28 de abril de 2017 ás 06:50 (UTC)

O/A Barbanza[editar a fonte]

Boas noites. Vexo que cambiaches as imaxes da comarca do Barbanza por da Barbanza. A este respecto, bota un vistazo ó que dixen, hai tempo e sen ningunha resposta, na conversa da páxina de homónimos Barbanza. Se tes referencia que abone que o correcto é A Barbanza fronte ó incorrecto O Barbanza, habería que corrixir os artigos indicados nesa páxina de homónimos (e seguramente en moitos outros artigos). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 28 de abril de 2017 ás 20:44 (UTC)

  • A este respecto, lembra que no DRAG definen barbancés como "Da comarca do Barbanza ou dos seus habitantes", en contra da túa teoría. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de abril de 2017 ás 20:46 (UTC)
    • O caso é que onte houbo dúas referencias: o DOGA para A Barbanza, e o DRAG para O Barbanza. Gustaríame que Sobreira o confirmara na Comisión de Toponimia. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de abril de 2017 ás 16:31 (UTC)
      • As dúas son "exclusivas para comarca da Barbanza", Prevert, e non entendo que queres dicir con que "non te metes". A do DOGA ten 20 anos e puido mudar o criterio. Non che sei, pero para min abonda e sigo tendo a dúbida. Eu deixaríao estar ata ter confirmación da Comisión de Toponimia. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de abril de 2017 ás 16:38 (UTC)
        • Non son eu que che diga onde debes entrar ou non, pero a Galipedia si que ten que facelo. Necesariamente. Ata agora temos páxinas para tres usos en masculino (península do Barbanza, Centro Arqueolóxico do Barbanza e Autovía do Barbanza) e dous en feminino (Comarca da Barbanza e Arca da Barbanza); e unha redirección desde Comarca do Barbanza a da Barbanza. Galipedia non pode deixar de entrar nisto e ten que corrixir aqueles usos que non sexan correctos: porque esa comarca ten que ser O ou A Barbanza, independentemente de que haxa usos comúns nos dous sentidos. Eu non teño solución nin crtiterios para optar por unha ou outra forma pero teño claro que este é un problema para a fiabilidade da Galipedia, e algo que debemos resolver. Un decreto da Xunta paréceme unha referencia máis que fiable (a non ser que descubramos unha corrección de erros posterior), pero un exemplo de uso da RAG tamén o é: no DRAG hai xente metida na comisión de Toponimia e saben o que din. Por iso digo que nos falta unha terceira opinión autorizada e actualizada para poder tomar unha decisión. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de abril de 2017 ás 16:59 (UTC)
          • @Lameiro: Non vos piquedes, que non é culpa de ninguén. As dúas fontes son importantes e autorizadas, e contraditorias (ou non), ainda que eu me decantaría por a quen as establece oficialmente. Preguntarei se me lembro a quen quizais o pode saber cando el volva da baixa en dúas semanas, e se non faise consulta a Lexicografía, que IMO son os subsidiarios que terían que corrixir ou confirmarse e avisar. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de abril de 2017 ás 18:19 (UTC)

Vexo que che pareceu mal o que che dixen, e síntoo. Precisamente porque cada quen se mete nos asuntos que queira -eu o primeiro- é polo que cho dixen. Non digo que o fixeras mal, e non vou reverter nada, senón que creo que non se debe afrontar parcialmente un problema e que o tema de xénero no Barbanza nos supera. Bueno, que o sinto e que esperaremos a ver o que nos resolve Sobreira. Logo decidiremos. Unha aperta, Pedro --Lameiro (conversa) 29 de abril de 2017 ás 19:16 (UTC)

Votación para o cambio de nomes das categorías[editar a fonte]

Boas, veño comentarche que Wikipedia:Votacións/Categorización non sexista e visibilización de tódolos xéneros, cambiou o seu título, agora é Wikipedia:Votacións/Categorización non sexista e creación de categorías por sexo. O cambio debateuse na páxina de conversa e penso que foi un bo avance e que mellora a neutralidade da proposta. Por outra banda engadín algúns detalles máis, como unhas pequenas explicacións e os textos que habería que engadir no Libro de estilo, en caso de que as propostas foran aceptadas pola comunidade. Se tiveras tempo, agradeceríache que revisaras a neutralidade e corrección da proposta antes de pasala a votación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2017 ás 15:06 (UTC)

Boas, estou pensando que ó mellor o título aínda precisaría máis neutralidade. Será aconsellable cambialo por Wikipedia:Votacións/Cambio dos nomes de categorías que usan masculino xenérico e creación de categorías por sexo? Non me convence moito por ser demasiado longo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2017 ás 08:57 (UTC)
Vale, non te preocupes, porei un aviso no taboleiro dos administradores para ver se alguén pode botarlle unha ollada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2017 ás 20:41 (UTC)
Boas, a proposta de votación xa está rematada, como quedamos, coméntoche que nas vindeiras semanas pasareina a votación. Fixen algúns engadidos que non mudan a idea orixinal. Tamén pedín axuda no taboleiro dos administradores para que a revisaran e Xabier Cid comentou as súas impresións na páxina de conversa. Creo que xa non se pode facer máis, agora terá que decidir a comunidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2017 ás 01:05 (UTC)
Perdoa de novo, o outro día falei con Banjo para ver onde meter esta votación no seu Usuario:Banjo/calendario de votacións, e quedou para o 16 de xuño. A maiores imos cambiar o nome para Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo, por ser un título máis neutral. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2017 ás 09:30 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Política de protección/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)

Subdivisións de Francia[editar a fonte]

Boas Prevert, o artigo Subdivisións de Francia, que fixeches ti, ten o marcador de que hai que cambialo xa que se actualizaron as divisións, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 11:29 (UTC)

Non te preocupes, quedan marcados (por certo, que eu non puxen as marcas, eu tan só vou avisando á xente por se non se decatan de que os seus artigos teñen problemas), e algunha vez tocaralles pasar a revisión nunha das mallas de artigos :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 20:17 (UTC)

Comarca do Ortegal[editar a fonte]

Boas Prevert, o artigo Comarca do Ortegal, que fixeches ti, ten o marcador de investigación orixinal, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 09:08 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Prevert&oldid=4451821"