Conversa usuario:Procastino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Procastino!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.pngPrimeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svgOnde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.pngRecomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.pngOrtografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svgCometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 31 de xaneiro de 2016 ás 11:49 (UTC)

Índice

Benvida 2[editar a fonte]

Ola!, moi ben, xa está feito, non rompiches nada nin caeu o mundo, eh? Outra cousa que se me esqueceu contarche no correo para que lle digas ós profes: na Galipedia non se rompe nada porque TODOS os cambios que se fan quedan gardados (todos, aínda que se cambie unha coma nun artigo que non coñece ninguén), e cun simple clic pode volverse en calquera momento á versión anterior que sexa preciso. Se queres miralo é o que aparece na pestana "historial" de todas as páxinas da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2016 ás 15:27 (UTC)

Non sei se o propio é contestar aquí... Alégrome de non ter roto nada e de que non se poida romper :) Estiven botándolle un ollo ás ligazóns e a documentación sobre como comezar na Wikipedia, xa vos irei comentando as dúbidas e ideas que me saian... Saúdos! --Procastino (conversa) 31 de xaneiro de 2016 ás 16:32 (UTC)
Esta é unha cousa "rara" das wikipedias, para responder a un comentario tes que ir á conversa da persoa que che deixou a mensaxe. Non ten moito sentido pero funciona así o trebello :) Estamos aquí para o que precisedes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2016 ás 17:22 (UTC)

Creación de contas[editar a fonte]

Xa tes o permiso, e lembra: "un gran permiso, require unha gran responsabilidade" ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2016 ás 03:24 (UTC)

Grazas! Tereino en conta! :) ---Procastino (conversa) 15 de marzo de 2016 ás 09:00 (UTC)

RE:Imos ter grupiño![editar a fonte]

Xenial!, ese é o xeito, pouco a pouco! :) Xa sabedes que estamos aquí para axudarvos en todo o que poidamos, non vos privedes de preguntar que hai barra libre ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2016 ás 21:21 (UTC)

Mira, aquí che ven a primeira axuda, e sen pedila! :) Na Galipedia temos un proxecto que é o Wikipedia:Revisor ortográfico, é unha ferramenta que se activa nas preferencias do usuario (a ligazón está na parte superior da páxina), e que revisa de forma automática os artigos que se consultan e marca os posibles erros ortográficos, logo o usuario ten que decidir se eses erros hai que amañalos e darlle a editar, ou non. A gran vantaxe que ten é que non hai que instalar nada e que é unha ferramenta que tamén construímos nós, polo que ten moitos castelanismos e lusismos que aparecen en moitos artigos. Activa a ferramenta e logo consulta Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/CPI de Coristanco 2016 ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2016 ás 21:39 (UTC)
Activado e revisado, moi útil... Grazas! :) Procastino (conversa) 7 de abril de 2016 ás 18:09 (UTC)

Ola outra vez, Elisardojm, vouche preguntar unhas cousiñas:

  • É esta a canle axeitada para facer preguntas? Sería mellor facelo na Taberna ou na páxina de conversas dentro dos Proxectos pedagóxicos? Se a resposta é si, se queres traslado o resto de cuestións para onde me digas.
  • Pódese acceder desde algún sitio á páxina de Wikipedia:Proxectos pedagóxicos ou de momento temos que coller a ligazón? Refírome a que non vexo como chegar desde a portada ata ela, teño que ir desde algunha mensaxe túa ou escribindo no navegador directamente.
  • Hai algunha "cheatsheet" de sintaxe que sexa sinxela e máis ou menos adaptada aos que estamos a comezar?

Saúdos e grazas! --Procastino (conversa) 7 de abril de 2016 ás 18:37 (UTC)

Vale, xa atopei as guías de referencia para edición... perdoa as molestias! :) Procastino (conversa) 7 de abril de 2016 ás 19:28 (UTC)
Boas, aí van as respostas:
Podes preguntar onde queiras! :), iso si, dependendo de onde o fagas e o que preguntes terás máis ou menos resposta ;) As cousas xerais que poden interesar a todo o mundo é interesante tratalas na Taberna, as cousas que estean máis relacionadas cos proxectos pedagóxicos é mellor tratalas na súa conversa, logo as preguntas que queres que che responda eu en concreto, que poden ser do que queiras, é mellor que mas poñas na miña páxina de usuario porque así chégame un correo automático avisándome que teño mensaxes e así estarei enterado da conversa.
Polo momento os proxectos pedagóxicos só están ligados dende Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula, mirarei de tentar meter unha ligazón na páxina de Wikipedia:Portal da comunidade, xa che aviso.
Espero que a chuleta que atopaches fose esta: Wikipedia:Referencia rápida (ó final hai unha versión en pdf). Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2016 ás 12:40 (UTC)
Si, a chuleta era esa... ok a todo o demais! Moitas grazas por todo. Procastino (conversa) 8 de abril de 2016 ás 18:04 (UTC)
Xa está a ligazón metida en Wikipedia:Portal da comunidade, na seccións de wikiproxectos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2016 ás 18:28 (UTC)

Grazas! Procastino (conversa) 10 de abril de 2016 ás 11:21 (UTC)

Outra cousa, estamos comezando a páxina Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesores/Competencias curriculares, se podes bótalle un ollo, toda a axuda é benvida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2016 ás 15:20 (UTC)

Acabo de engadir algunha cousa, de colleita propia sobre as competencias. Na miña opinión, se cadra non era precisa a xustificación tan extensa das competencias nos primeiros parágrafos da páxina, pero eu son pouco amigo da retótica administrativo-pedagóxica :) Procastino (conversa) 10 de abril de 2016 ás 18:42 (UTC)

Nova escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)

grupo galipedistas[editar a fonte]

ola tucho son patricia Patribr24 (conversa) 7 de abril de 2016 ás 20:04 (UTC) Patribr24 (conversa) 7 de abril de 2016 ás 20:04 (UTC)

Ola Patribr24... agora si! :D Procastino (conversa) 7 de abril de 2016 ás 20:05 (UTC)

Ola tuchoo, son lucia Luciavz13 (conversa) 7 de abril de 2016 ás 20:13 (UTC) Luciavz13 (conversa) 7 de abril de 2016 ás 20:13 (UTC)

Ola Luciavz13! Que velocidade en contestar... estades supergalipédicas! ;) Procastino (conversa) 7 de abril de 2016 ás 20:17 (UTC)

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)

Proxectos_Pedagóxicos/Profesores/Competencias_curriculares[editar a fonte]

Moitas grazas Procastino por rematar o traballo, pensabao rematar esta noite e aforráchesme un tempo valiosísimo. Penso que o principal está feito neste apartado. Ánimo co proxecto de Coristanco e saúde --Viascos (conversa) 10 de abril de 2016 ás 19:15 (UTC)

Grazas a vós por todo o traballo e o apoio! :) Procastino (conversa) 10 de abril de 2016 ás 21:12 (UTC)
Xenial a achega!, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2016 ás 21:51 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada[editar a fonte]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)

Aviso votación para administrador[editar a fonte]

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Reflexións sobre os artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Problema cun ficheiro[editar a fonte]

Boas Procastino, mira, hai un problema co ficheiro Ficheiro:Igrexa de Valenza.jpg xa que lle faltan uns datos, hai que indicar a orixe, o autor e a licenza. Ó cargar directamente a imaxe na Galipedia o proceso é diferente ó de Commons xa que aquí non temos a ferramenta do Asistente de cargas, e hai que indicar toda a información no ficheiro. Para amañalo, Mariargueez debe editar a páxina do ficheiro e achegar esa información. É moi doado, se foi ela mesma a que fixo a imaxe, o que ten que poñer é |Source=Traballo propio, |Author= o seu nome de usuario e logo engadir un modelo de licenza, por exemplo "{{Cc-by-sa-4.0}}". Se quere poñer outra licenza compatible coa da Galipedia que me deixe unha nota na conversa e dígolle as posibilidades que ten.

Non é unha cousa urxente pero canto antes poidades amañalo mellor para que quede todo ben :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2016 ás 01:18 (UTC)

Perdoa por tardar en contestar que se me despistou... creo que quedou arranxado, non? Saúdos! Procastino (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 21:37 (UTC)
Si, xa está perfecto, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 22:25 (UTC)

Wikirreto[editar a fonte]

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

La Guyonniere[editar a fonte]

Podes ampliar un pouco máis o artigo? Se queda así borrareino nos próximos días. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 24 de febreiro de 2017 ás 16:01 (UTC)

Vaia, perdoa... estiven a probar a ferramenta de tradución de artigos e pensei que non o publicara, síntoo. Mirei para eliminaloo eu mesmo pero non sei como se fai, ou ben non teño permisos. Desculpa as molestias Procastino (conversa) 25 de febreiro de 2017 ás 10:11 (UTC)

Catorce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Placa altimétrica[editar a fonte]

Boas, teño un cholliño doado, doado para vós :). Mira, estamos xuntando as fotos das placas altimétricas dos concellos de Galicia, aquí está a da provincia da Coruña, e falta, que casualidade :), a de Coristanco. Se alguén se anima a achegarse pola casa do concello e facerlle unha foto..., seguramente estará alí nunha das súas paredes exteriores... Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de maio de 2017 ás 23:12 (UTC)

Grazas por lembrarte de nós, Elisardojm! Vou mencionar a Patribr24 para que se apunte o chollo, se non se dá por aludida deste xeito o luns en clase xa falo con ela e seguro que alguén se encarga. Ela e unhas compañeiras están a tentar desenvolver o proxectiño darredor da Galipedia, pero aínda nos falta darlle moita unidade. Saúdos Procastino (conversa) 21 de maio de 2017 ás 15:21 (UTC)
Boas, como dixo Procastino grazas por acordarte de nós! Podemos facelo sen problema e achegarnos ata alí un momentiño!Tentarei que sexa o máis rápido posible, un saúdo! Patribr24 (conversa) 22 de maio de 2017 ás 12:03 (UTC)
Xa vin as webs que fixéchedes de axuda sobre a Galipedia, moi bo choio! :) Tamén vin a páxina de Instagram, que está moi ben, pero non dou atopado os datos necesarios para pasalas a Commons. Entendo que esta é a "galería" de Instagram, pero premendo en cada imaxe, onde se ve cal é o autor? onde se indica a licenza libre? as imaxes, non teñen máis resolución? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2017 ás 17:43 (UTC)
Pois si, creo que temos un par de erros gordos de concepto no proxecto, o primeiro que non está quedando rexistrado e publicado o nome dos autores das fotos, xa que non publican nas súas contas senón que envían as fotos ás xestoras da conta de Instagram para que estas a publiquen. O segundo e creo que máis importante... parece que Instagram non permite que as imaxes se poidan descargar de forma nativa, pódese trampear facilmente pero non é para nada ideal :/ Este luns temos clase e a ver se revisamos un pouco todo o tema a ver que solucións podemos atopar e che dicimos. Saúdos e grazas polo seguimento! :) Procastino (conversa) 28 de maio de 2017 ás 15:20 (UTC)
Grazas a vós polas achegas! E se precisades axuda con algo, avisade sen problema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2017 ás 08:12 (UTC)

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia[editar a fonte]

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Terceira malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lonxitude de artigos curtos[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Asociación de amigas e amigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Quince aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cento cincuenta artigos de calidade para o décimo quinto aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikirreto 2018[editar a fonte]

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:56 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata[editar a fonte]

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Obradoiro Wikidata[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

URXENTE: Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Apoio á solicitude de bolsa para as actividades do aniversario[editar a fonte]

Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018[editar a fonte]

Boas, está a organizarse un obradoiro para coñecer o funcionamento de Wikidata, como mellorar a información que hai alí e como pode usarse nos artigos. Se é do teu interese tes máis información en Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia[editar a fonte]

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo[editar a fonte]

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia[editar a fonte]

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada[editar a fonte]

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Seguindo coa asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradores[editar a fonte]

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:21 (UTC)

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modiificación en texto de portada[editar a fonte]

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Preparación do servizo ORES na Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Procastino&oldid=4979081"