Conversa usuario:Scostas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Scostas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.pngOrtografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 20 de abril de 2019 ás 09:56 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Scostas. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 20 de abril de 2019 ás 09:56 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Scostas. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 20 de abril de 2019 ás 09:56 (UTC)

Retirada das peticións de referencia[editar a fonte]

Ola, Scostas. Ten en conta para futuras edición que cando nun artigo, o que sexa, se piden referencias concretas (mediante o modelo Cómpre referencias), é preciso achegalas. Así pois, non é posible retirar o marcador sen antes solucionar eses problemas. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20 de abril de 2019 ás 11:14 (UTC)

Ola Atobar. Perdoa, estaba facendo novas edicións nas versións en castelán e máis galego en paralelo e literalmente reempracei todo o párrafo polo da edición en castelán para traducilo, sen fixarme en que había un marcador de "Compre referencias" novo. Síntoo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Scostas (conversacontribucións)

  • Ningún problema. Calquera dúbida, aquí estamos. Non esquezas asinar cando interveñas nunha páxina de conversa, por certo. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 20 de abril de 2019 ás 11:24 (UTC)
  • Perfecto. Iso sí, a ver se me aclaro sobor de como facelo... levo moitos anos sen editar cousas na wikipedia e xa perdín a practica. Por outra banda, ando con medo de provocar unha guerra de edicións, por iso prefería quitar as partes máis delicadas da wikipedia e deixar só os feitos máis obxectivos e mailos enlaces. Teño medo de que isto acabe en "agora poño que ti tiveches a culpa", "pois agora eu o cambio e digo que foi culpa túa"... E iso é o último que quero (o medo do editor novato nunha páxina de política) ¿Ti que opinas? --Scostas (conversa) 20 de abril de 2019 ás 11:33 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Scostas&oldid=5124739"