Converxencia 21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Converxencia XXI
Partido político de Galicia
Logo de Converxencia 21.png
Dirixentes e organización
LíderCarlos Vázquez Padín
(Presidente)
Filiación internacionalPartido Europeo Liberal Demócrata Reformista
Historia
Fundación4 de maio de 2009
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguismo, europeísmo, centrismo, liberalismo, Liberalismo económico, Liberalismo social.
Representación
Concelleiros en Galicia
2 / 3.766
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Páxina webconverxencia.eu

Converxencia XXI ou Converxencia 21, é unha forza política galega que se define a si mesma como galeguista, europeísta, democrática, de centro reformista, liberal no social e no económico, e aconfesional. Declara como obxectivo a defensa dos intereses colectivos de Galicia co fin de xerar as mellores condicións para o desenvolvemento individual dos seus cidadáns.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Carlos Vázquez Padín, presidente de Converxencia XXI.

Converxencia XXI foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior o 4 de maio de 2009.[2]

O seu Presidente é o tudense Carlos Vázquez Padín, elixido Secretario Xeral o 2 de outubro de 2010 no I Congreso da formación[3], e reelixido o 24 de setembro de 2011 xunto cunha nova executiva nacional no II Congreso do partido.[4]

O 3 de marzo de 2012 tivo lugar a I Conferencia Política de Converxencia XXI en Santiago de Compostela.[5]

No III Congreso Nacional da formación, celebrado no outono de 2012 en Santiago de Compostela, Carlos Vázquez Padín foi nomeado Presidente Nacional do Partido, mentres que o lucense Garcilaso de la Vega López foi elixido Secretario Xeral do Partido.

No eido estudantil, Converxencia XXI ten como referencia a Asociación Liberal do Estudantado Galego[6].

Eleccións municipais de 2011[editar | editar a fonte]

Converxencia XXI comparecerá por primeira vez a unhas eleccións nas eleccións municipais de 2011 en Galicia, presentando candidaturas en catro concellos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Tui. Nelas obteñen o seu primeiro representante institucional ao ser elixido concelleiro en Tui o Secretario Xeral do partido, Carlos Vázquez Padín.

Eleccións ás Cortes Españolas 2011[editar | editar a fonte]

Por primeira vez na historia da democracia en España, algúns partidos foron obrigados a presentar un número mínimo de sinaturas para poder participar nas eleccións xerais do ano 2011. Ata entón a participación era libre [7]. Converxencia XXI presentou as sinaturas en forma de aval [8] e gañou o dereito a participar nas catro circunscricións galegas, presentando listas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e colleitando o mellor resultado electoral da súa historia co 0.08% dos votos válidos emitidos en Galicia.

Circunscrición Votos Porcentaxe de votos Escanos
A Coruña 505 0,07% 0
Lugo 241 0,11% 0
Ourense 185 0,09% 0
Pontevedra 505 0,09% 0
Total Galicia 1.436 0,08% 0

Eleccións galegas de 2012[editar | editar a fonte]

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012 baixaron ata os 1056 votos, o 0,07 % dos sufraxios válidos emitidos.

Eleccións europeas de 2014[editar | editar a fonte]

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 non se presentou a formación, que pediu o voto para o Partido de la Libertad Individual, que obtivo 658 votos en Galicia (de novo, o 0.07 % dos sufraxios válidos emitidos en Galicia).

Eleccións municipais de 2015[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2015 Converxencia 21 só presentou candidaturas nos concellos de Santiago de Compostela e Tui. Acadou dous concelleiros en Tui, colleitando neste concello o seu maior éxito electoral tras ser a terceira formación máis votada só por tras do PPdeG e o PSdeG-PSOE. En 2017, tras o triunfo dunha moción de censura, Padín foi nomeado alcalde de Tui, pasando a ser o primeiro rexidor municipal desta formación política.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Declaración de principios feita a través do blogue do Secretario Xeral en maio do 2009.
  2. Peleteiro, Loreto (30-4-2019). "Converxencia 21: el partido gallego de los 69 votos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 20-6-2019. 
  3. "Artigo en A Nosa Terra". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2010. Consultado o 06 de outubro de 2010. 
  4. Información da súa páxina web[Ligazón morta]
  5. Información da súa páxina web
  6. http://www.converxencia.eu/?p=1641[Ligazón morta]
  7. Nova LOREG
  8. "Nova en Mundo Galiza". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  9. «Padín, novo alcalde de Tui entre berros de "corrupto" e "traidor"», artigo en Galicia Confidencial, 17 de outubro de 2017.
  10. «Carlos Padín, alcalde de Tui ao triunfar a moción de censura da dereita», artigo en Sermos Galiza, 17 de outubro de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Converxencia_21&oldid=5178819"