Copenhague[1], e consonte algunhas fontes tamén Copenhaguen[2] (en dinamarqués: København, [kʰøb̥ənˈhɑʊ̯ˀn], [kʰøb̥m̩ˈhɑʊ̯ˀn] (AFI), escoitar), é a capital de Dinamarca. O seu nome danés, København, que orixinariamente viña sendo o porto dos comerciantes, lembra a súa posición estratéxica á entrada do mar Báltico. Está situada na costa oriental da illa de Selandia e sobre a máis pequena illa de Amager, fronte ó estreito de Øresund. As cidades suecas de Malmö e Landskrona están da outra beira do estreito.
A poboación dinamarquesa da rexión metropolitana de Copenhague é de 1 800 000 habitantes, dos que un terzo habita no concello de Frederiksberg e outro tanto no Condado de Copenhague, repartíndose o resto nos outros concellos da rexión. A rexión de Øresund, que comprende a parte oriental de Sjælland e a occidental de Escania (en Suecia), ten unha poboación de 2 800 000 persoas.
Ciencias[editar | editar a fonte]
A escola de Copenhague designa unha das correntes filosóficas sobre a interpretación da mecánica cuántica.
↑Ás veces escrito Copenhaguen, como en Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF). p. 109. ISBN84-8158-266-2. e Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN9788482887524.