Corona González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Corona González Santos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Corona González
Corona González Santos 1914.jpg
Nacemento10 de outubro de 1875
 Vilaño, A Laracha
Falecemento11 de maio de 1972
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilántropa, fotógrafa e xornalista
CónxuxeRamón González Fernández
editar datos en Wikidata ]

Corona González Santos, nada en Vilaño (A Laracha) o 10 de outubro de 1875 e finada en Vigo o 11 de maio de 1972, foi unha filántropa, fotógrafa e xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do médico Faustino González Cobas e de Jesusa Santos Cervela. A familia trasladouse a Mos, onde o pai exerceu de médico local. Casou con Ramón González Fernández en 1900. O matrimonio residiu por tempadas en Ribadeo e O Porriño, exercendo o seu labor filantrópico, contribuíndo ao desenvolvemento destes concellos. Logo da morte do seu home en 1925 escribiu varios artigos no semanario A Nosa Terra nos que aborda a temática da emigración e a necesidade da educación das mulleres. Afeccionada á fotografía, Vida Gallega publicou en 1914 a súa reportaxe fotográfica titulada “El arte y la belleza” sobre unha festa benéfica realizada no Casino. Tamén fixo escultura en cemento. En 1929 cedeu os terreos para a nova igrexa da Orde Franciscana Terciaria rematada en 1931. Alí mandou construír un mausoleo art déco, onde trasladou os restos do seu esposo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeada filla adoptiva de Ribadeo en 1926. Antía Yáñez homenaxeouna no seu libro Senlleiras.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dopico, Montse (14 de outubro de 2018). "Antía Yáñez: “Sororidade. Unión. Son palabras que esgazan en mil anacos o patriarcado, o machismo. Sometemento é silencio”". Praza Pública. Consultado o 15 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Corona_González&oldid=5033674"