Cortes de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cortes de Aragón

As Cortes de Aragón (en aragonés: Cortz d'Aragón, en catalán: Corts d'Aragó) exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, aproban os seus orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral, e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico. As Cortes elixen, de entre os seus membros, a un Presidente, unha Mesa e unha Deputación Permanente. Están compostas por 67 deputados.

A súa denominación procede da institución histórica do Reino de Aragón desde a súa fundación en 1188[1] ata comezos do século XVIII. O Decreto de Nova Planta en 1711 anulou os Foros de Aragón facendo desaparecer as Cortes de Aragón. As Cortes de Aragón recupéranse a finais do século XX a través do actual parlamento autonómico da Comunidade Autónoma de Aragón.

Parlamento autonómico[editar | editar a fonte]

As modernas Cortes de Aragón reuníronse por primeira vez en Calatayud.

Na actualidade, as Cortes de Aragón exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, segundo se establece no artigo 12 do Estatuto de Autonomía. Tamén aproban os orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral de Aragón e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico.

Ademais, designan aos senadores que han de representar á Comunidade autónoma no Senado; exercen a iniciativa lexislativa para que as Cortes Xerais aproben unha Lei; poden exercitar a iniciativa de reforma da Constitución Española; ratifican os convenios e acordos de cooperación nos que a Comunidade Autónoma de Aragón sexa parte; interpoñen recursos de inconstitucionalidade; elixen ao Xustiza de Aragón, ao auditor xeral de Aragón e elixen ou propoñen o nomeamento de cargos noutros organismos: conselleiros no Consello Asesor de Radio Televisión Española en Aragón, vogais na Xunta Electoral de Aragón ou conselleiros nas Caixas de Aforro da Comunidade.

Sede[editar | editar a fonte]

Este Palacio, construído na segunda metade do século XI por iniciativa de Al-Muqtadir como residencia dos reis hudís de Saraqusta. Reflectiu o esplendor alcanzado polo reino taifa no período do seu máximo apoxeo político e cultural, chamado o "Palacio da Alegría".

Foi utilizado como residencia por Pedro IV de Aragón e posteriormente, na planta principal, levouse a cabo a reforma que converteu as súas estancias en palacio dos Reis Católicos en 1492. En 1593 experimentou outra reforma que o convertería en fortaleza militar, primeiro con deseños renacentistas e máis tarde como acuartelamento de militares. Nos Sitios de Zaragoza sufriu grandes danos. Foi finalmente restaurado na segunda metade do século XX.

É monumento histórico artístico dentro da arquitectura mudéxar de Aragón desde 1986.

Presidentes[editar | editar a fonte]

O actual presidente das Cortes de Aragón na VIII Lexislatura é José Ángel Biel Rivera do Partido Aragonés tralas eleccións de 2011.

Lista de Presidentes das Cortes de Aragón

Nome Partido Inicio Fin
Antonio Embid Irujo PSOE 1983 1987
Juan Bautista Monserrat Mesanza CDS 1987 1991
Ángel Cristóbal Montes PP 1991 1995
Emilio Eiroa García PAR 1995 1999
José María Mur PAR 1999 2003
Francisco Pina Cuenca PSOE 2003 2011
José Ángel Biel Rivera PAR 2011 No cargo

Composición[editar | editar a fonte]

As Cortes de Aragón están formadas por 67 deputados, de acordo co disposto no Estatuto de Autonomía de Aragón. A circunscrición electoral é provincial, de modo que cada unha das tres provincias aragonesas ten asignado un número de deputados proporcionais á súa poboación:

VIII Lexislatura (2011-2015)[editar | editar a fonte]

Grupos parlamentarios nas Cortes de Aragón durante a VIII Lexislatura

Grupo parlamentario Partido Portavoz Líder Escanos
Grupo Popular nas Cortes de Aragón PP Antonio Torres Millera Luisa Fernanda Rudi (P) 30
Grupo Socialista PSOE José Javier Sada Eva Almunia 22
Grupo do Partido Aragonés PAR Alfredo Valeriano Boné José Ángel Biel 7
Grupo Chunta Aragonesista CHA Nieves Ibeas José Luis Soro 4
Grupo Esquerda Unida de Aragón IU Adolfo Barrena Adolfo Barrena 4

Repartición histórica (1983-2011)[editar | editar a fonte]

Eleccións autonómicas
Partido 1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011
PSOE 33 27 30 19 23 27 30 22
PPa 18 13 17 27 28 22 23 30
PAR 13 19 17 14 10 8 9 7
CHAb - - 2 5 9 4 4
IU 1 2 3 5 1 1 1 4
UCD-CDS 1 6 - - - -
Total 67 67 67 67 67 67 67 67
Gobierno PSOE PAR/PP PAR/PP ata 1993
PSOE desde 1993
PAR/PP PAR/PSOE PAR/PSOE PAR/PSOE PAR/PP
Legislatura I II III IV V VI VII VIII
aAP ata 1989, como AP-PDP-UL en 1983
bUA-CHA en 1987
bPCA ata 1986

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cortes_de_Aragón&oldid=4530558"