Cosmódromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un foguete Soyuz nunha plataforma de engalaxe do Cosmódromo de Baikonur.

Un cosmódromo ou base espacial é un conxunto de instalacións preparadas para o lanzamento, chegada ou asistencia técnica de foguetes ou de naves espaciais. Nos países da antiga URSS estas instalacións eran coñecidas como cosmódromos (do grego κόσμος, kósmos, 'mundo', e δρόμος, drómos, 'pista de carreiras'). Nos países occidentais úsase máis o nome base espacial ou denominacións equivalentes.

Características[editar | editar a fonte]

As bases espaciais están emprazadas en zonas o suficientemente grandes como para que a explosión dun foguete non poña en perigo as vidas humanas e a integridade doutros foguetes próximos. Por esta razón se seguridade para as persoas, os foguetes lánzanse en dirección a zonas desérticas ou marítimas. Son preferíbeis lugares de lanzamento próximos ao ecuador.

Os foguetes dispáranse cara ao leste; así, aprovéitase ao máximo a velocidade da Terra, e ademais é unha boa posición pera chegar á órbita xeoestacionaria.

A primeira base espacial do mundo foi o Cosmódromo de Baikonur, aínda en funcionamento, e actualmente a máis ocupada, debido principalmente á actividade de asistencia á Estación Espacial Internacional.

É posíbel que nun futuro, co desenvolvemento dos vehículos espaciais supersónicos, as bases de lanzamento teñan longas pistas de en lugar das tradicionais bases de lanzamento verticais para foguetes.

Cosmódromos ou bases espaciais actualmente en funcionamento[editar | editar a fonte]

América do Norte (Estados Unidos)
  • Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral, en Merritt Island, Florida
  • Centro Espacial John Kennedy Space Center, en Merritt Island, Florida
  • Base da Forza Aérea de Vandenberg (condado de Santa Barbara, California)
  • Complexo de Lanzamentos de Kodiak (illa Kodiak, Alasca).
  • Aeroporto de Meadows (Bakersfield, California). Tecnicamente non é considerada unha base espacial, pero realiza investigacións e probas orbitais dos foguetes Pegasus.
  • Base de Lanzamentos Espaciais de Mojave, Mojave, California
  • Base de Lanzamentos Espaciais de Oklahoma, Burns Flat, Oklahoma
  • Base de Lanzamentos Espaciais Rexional de Southwest, Upham, Novo México
América do Sur
Asia
Europa
Oceanía
  • Base de Lanzamentos Espaciais das Illas Christmas, Australia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cosmódromo&oldid=4610175"