Crónica del rey pasmado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Crónica del rey pasmado
Autor/a Gonzalo Torrente Ballester
Orixe Cataluña
Lingua castelán
Xénero(s) Novela
Editorial Editorial Planeta
Data de pub. 1989
Formato Rústica sen solapas
12,5 x 19 cm
Páxinas 192
ISBN ISBN 978-84-670-3352-6

Crónica del rey pasmado é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester publicada en 1989 por Editorial Planeta. Foi levada ao cinema en 1991 por Imanol Uribe, co título de El rey pasmado, e con guión de Gonzalo Torrente Malvido e Juan Potau.

Trama[editar | editar a fonte]

O rei Filipe IV de España é un mozo de 20 anos. Logo de pasar unha noite cunha prostituta á que mira espida, éntralle o antollo de ver sen roupa a súa muller. Isto convértese nun conflito de estado, no que se ven implicados o seu valido, e máis o consello do Santo Oficio.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada desde o punto de vista do narrador omnisciente. Aínda que nalgún caso emprega a primeira persoa, dando a entender que o narrador é un membro da corte do rei, non fala dos seus feitos, senón sempre usando a terceira persoa.

Utiliza decote o sentido do humor, parodiando a alta sociedade do momento. A linguaxe empregada utiliza numerosas expresións propias do tratamento cortesán e eclesiástico de inicios do século XVII. Amais do uso do castelán, hai numerosas expresións en latín propias de rezos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Aínda que hai varios personaxes reais, non se explicita o seu nome en ningún momento.

  • O rei: Filipe IV de España.
  • A raíña; tamén nova, e de procedencia francesa.
  • O Conde de la Peña Andrada: nobre galego con patente de corso para atracar barcos ingleses e neerlandeses. Ten o seu solar no val de Valdoviño, e os seus barcos teñen base en Cedeira, Ortigueira e Cariño.
  • Marfisa; a prostituta máis desexada da corte; cobra dez ducados por noite.
  • Lucrecia; camareira da anterior.
  • o valido do rei, o conde-duque de Olivares. Non logra ter descendencia coa súa muller, e achácao a motivos relixiosos.
  • o padre Almeida, un xesuíta portugués, que estivo en Brasil como misioneiro.
  • o padre Villaescusa.

Espazo e tempo[editar | editar a fonte]

Está ambientada en Madrid a comezos do século XVII (dise que o rei, que naceu en 1605, ten 20 anos). É no mes de outubro, pero aínda vai bastante calor. Aparecen descritos numerosos espazos da vila castelá, especialmente igrexas, mosteiros e palacios reais.

Fálase da guerra de Flandres e da chegada a Cádiz da frota procedente das Américas cargada de ouro e prata. Fálase da situación social e política da época: o estado endebedado cos banqueiros xenoveses, o poder eclesiástico e as confrontacións entre ordes relixiosas, e a subordinación das persoas ante as institucións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Crónica_del_rey_pasmado&oldid=4634014"