Crime en Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Crime en Compostela
Autor/aCarlos González Reigosa
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónColección Negra
Xénero(s)Novela policíaca
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1984
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas248
ISBNISBN 978-84-9782-229-9
Seguido porO misterio do barco perdido

Crime en Compostela é unha novela policíaca de Carlos González Reigosa, publicada en 1984. Conseguiu o 1º premio Xerais de novela. É a primeira entrega da saga do detective Nirvardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.

Trama[editar | editar a fonte]

Nivardo Castro, que se autodefine como "aventureiro", investiga un asasinato acontecido en Santiago de Compostela, xunto ó seu amigo o xornalista Carlos Conde.

Os dous compañeiros, que se coñeceran no seminario de Mondoñedo, redescobren a cidade: os seus persoeiros, os pubs e os monumentos. Está ambientado a principios dos anos 80, polo que ademais dos habituais personaxes alcohólicos, típicos dos suburbios e clubs de alterne, ten presenza a xeración castigada polo abuso da heroína.

Ten moitas anécdotas e descricións da cidade, e por veces o libro trata máis de Compostela que do Crime, converténdose a cidade en coprotagonista activa.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao catalán por Salvador Pallarès Garí co título de Crim a Compostel•la publicado en 1990 por Edicions Bromera, Col. L´ecléctica[1].
  • Ao castelán polo propio autor co título de Crimen en Compostela publicado en 2000 pola Editorial Plaza & Janés[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en BiTraGa.
  2. Ficha en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Crime_en_Compostela&oldid=4987378"