Cristina Pato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristina Pato
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Cristina Pato e The Galician Connection.jpg
na presentación de The Galician Connection en Vigo en 2010.
Nome completoCristina Pato Lorenzo
Nacemento17 de agosto de 1980
OrixeOurense
Ocupaciónpianista e compositora
XéneroFolk
Instrumento(s)Gaita e piano
Selo(s) discográfico(s)Boa Music, Enavíes Música
Tempo en activodende 1999
Na rede
www.cristinapato.com
editar datos en Wikidata ]

Cristina Pato Lorenzo, nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Ourense, o seu pai é de Armariz (Nogueira de Ramuín). Formouse musicalmente no Conservatorio de Ourense. Cristina Pato foi a primeira muller galega en gravar un disco en solitario como gaiteira en España, ao rexistrar o seu primeiro álbum, Tolemia, en 1999.[1] Tras este fito, Cristina participa nun Final do Milenio especial que se emite por varias televisións do mundo (TVE, BBC, CNN, entre outras) e participa en xiras con The Chieftains e Cherish The Ladies.

No 2001 lanzou o seu segundo disco, titulado Xilento (palabra procedente do barallete dos afiadores de Ourense), nome que significa famento e ambicioso. Neste disco aparecen novas versións de cancións: "Os teus ollos", coa colaboración de José Peixoto (do grupo portugués Madredeus), e "Eno sagrado en Vigo" (cantiga medieval de Martín Codax).

No ano 2004 mudouse a Nova York, onde está establecida, para facer estudos de posgrao en música e piano na Universidade Rutgers de Nova Jersey, grazas a unha bolsa da Fundación Barrié de la Maza, e pola que se acabou doutorando en 2008. En 2005 coñeceu a Osvaldo Golijov, por quen chegou a participar en gravacións con Yo Yo Ma e co seu conxunto, o Silk Road Ensemble, ao que se incorporou, e co que conseguiu un Grammy.[2]

Ten colaborado con artistas como The Chieftains, a Chicago Symphony Orchestra, Hevia, Yo-Yo Ma, o Silk Road Ensemble, Osvaldo Golijov ou a Orquesta Sinfónica de Tenerife en máis de vinte gravacións como artista convidada. Entre elas, participou na estrea absoluta de Rose of the Winds, obra sinfónica de Osvaldo Golijov, coa Chicago Symphony Orchestra e o Silk Road Ensemble, en 2007. Con Yo-Yo Ma colaborou no álbum Songs of Joy and Peace (2008) e en programas de televisión como Colbert Report (Comedy Central) ou The Early Show (CBS). Como membro do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma tocou no Carnegie Hall, no Harman Center, na ONU e no Lincoln Center. No ano 2012 recibiu o Premio Galega do Ano, estes premios foron creados polo xornal El Correo Gallego. En 2011 abriu o Summer Stage Festival de Central Park nun concerto con Yo Yo Ma e Bobby McFerrin.

Deu centos de concertos en España, India, Portugal, Reino Unido (Celtic Connections, Glasgow), Francia, Italia (Etnofestival, San Marino), Alemaña (Ibero-Amerikanisches Institut de Berlín), México (Palacio de Bellas Artes) ou os Estados Unidos.

En 2019 foille asignada a Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na New York University.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

* Yo Yo Ma: Songs of Joy and Peace (2009), polo que recibiu o Premio Grammy 2010
* Silk Road Ensemble: Off the Map (2009)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive no West Village de Nova York[4]. O seu home é o tamén músico ourensán Juan Padrón.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. País, Ediciones El (1999-03-23). "Cristina Pato inicia con 'Tolemia' la racha de las nuevas gaiteras españolas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-06-05. 
  2. "Cristina Pato". igualdade.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2019-06-05. 
  3. "Cristina Pato ocupará a prestixiosa cátedra de Cultura Española da Universidade de Nova York". Praza Pública. 4 de xuño de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  4. Reportaxe Arquivado 10 de abril de 2013 en Wayback Machine. na web SpainCultureNewYork.org.
  5. "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Consultado o 8 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cristina_Pato&oldid=5186244"