Czesław Miłosz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Czeslaw Milosz")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Czesław Miłosz
Nobel prize medal.svg
Czeslaw Milosz 3 ap.tif
Nacemento 30 de xuño de 1911
  Šeteniai e Kėdainiai
Falecemento 14 de agosto de 2004
  Cracovia e Cracovia
Soterrado sen etiquetar
Nacionalidade Polonia, Estados Unidos de América e Lituania
Relixión Igrexa católica
Educado en Universidade de Vilnius
Ocupación poeta, diplomático, escritor, ensaísta, tradutor, pedagogo e catedrático de universidade
Pai Aleksander Miłosz
Cónxuxe Carol Thigpen-Miłosz e Janina Milosz
Fillos Anthony Milosz e Peter Milosz
Irmáns Andrzej Miłosz
Xéneros Poesía
Coñecido/a por The Captive Mind
Premios Premio Nobel de Literatura, Justos entre as nações, Bolsa Guggenheim, Ordem da Águia Branca, National Medal of Arts, Neustadt International Prize for Literature, Honorary doctor of the University of Bologna, honorary doctor of the Jagiellonian University of Krakow, Honorary doctor of the University of Oxford, Prêmio Nike de Literatura, Commander's Grand Crosses of the Order of the Lithuanian Grand Duke Gediminas, Honorary doctor of the Harvard University e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Czesław Miłosz, nado en Steiniai (Lituania) o 30 de xuño de 1911 e falecido en Cracovia o 14 de agosto de 2004, foi un escritor polaco. Premio Nobel de Literatura en 1980. A súa familia era orixinaría de Lituania, aínda que de lingua, tradición e cultura polaca. Durante toda a súa vida mantívose moi unido ao que consideraba o seu territorio histórico: o Gran Ducado de Lituania.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun enxeñeiro civil, cursou os seus estudos superiores de dereito en Vilna. Membro do grupo literario Żagary, debutou como escritor en 1930, publicando nesa década dous volumes de poesía: "Tres invernos" e "Poema sobre o tempo conxelado" polo que conseguiu unha bolsa para París onde trabou relación co que sería unha das súas maiores influencias literarias e filosóficas: o seu familiar e poeta francés de orixe lituana Oscar Venceslas de Lubicz-Milosz. Traballou na Radio polaca. Durante a segunda guerra mundial e residiu en Varsovia, onde prestou apoio aos perseguidos polo réxime nazi.

Traballo no servizo diplomático da "Polonia Popular" desde 1945 ata 1951, cando se exiliou e fixou a súa residencia en Francia. A súa evolución ideolóxica e posterior rexeitamento do réxime comunista polaco plasmouna na colección de ensaios "O pensamento cativo". En 1953 recibiu o Prix Lettéraire Européen pola súa novela "O poder cambia de mans".

En 1960 trasladouse a Berkeley, Estados Unidos, invitado pola Universidade de California e foi alí desde 1961, profesor de Linguas e Literatura Eslavas.

Recibiu o título de Doutor Honoris Causa en Letras pola Universidade de Michigan en 1977 e o Premio Nobel de Literatura en 1980, "pola súa voz inflexible nun mundo de conflitos severos".

Posteriormente coa caída do Pano de aceiro puido retornar ao seu país, onde se estableceu definitivamente os últimos anos da súa vida. Morreu o 14 de agosto de 2004 na súa residencia de Cracovia.

Obra seleccionada[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Czesław_Miłosz&oldid=4940503"