Década de 1180

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segundo milenio
Século XII
1170
 
1180
 
1190
1180  · 1181  · 1182  · 1183  · 1184
1185  · 1186  · 1187  · 1188  · 1189

A década de 1180 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1180 e remata o 31 de decembro de 1189.

1180

Artigo principal: 1180.

Europa

Imperio Bizantino

  • Inicio do reinado de Alexis II Commeno, emperador bizantino (até 1183)
  • Rexencia de María de Antioquía (até 1182). Aséntase sobre a colonia latina de Constantinopla e os mercenarios occidentais. Enfróntanse dous partidos: o dos gobernamentais, apoiados polos ricos e os estranxeiros, e os tradicionalistas, dirixidos por algúns nobres agrupados arredor de María, filla de Manuel e e apoiada polo pobo e a igrexa, que vencerá en 1182.
  • Independencia da Serbia baixo a dinastía dos Nemanxides creada por Estevo Nemanxa, que se retirará ao monte Atos en 1196.

España

Francia

  • Inicio do reinado de Filipo II Augusto, rei de Francia (até 1223. En febreiro fai apresar aos xudeus, a quen libera a cambio dun rescate de 31 000 libras parisinas, e abole todas as debedas dos cristiáns con eles. O 28 de abril casa con Isabel de Hainaut, filla de Baduíno V de Hainaut. O 28 de xuño asina un tratado de axuda defensiva e ofensiva con Henrique II Plantagenet.

Sacro Imperio

  • Frederico Barbarrosa confíscalle o ducado de Baviera a Henrique o León para entregarllo a Otón I de Wittelsbach.

Asia

  • Apoxeo dos khmer en Camboxa.
  • Na India, fin da dinastía Chalukia coa morte de Someshvara, fillo de Bijjala.

Xapón

  • Inicio do reinado do emperador Antoku no Xapón.
  • 5 de maio: chamada ás armas do príncipe Mochihito, apartado do trono do Xapón.
  • Xuño: Taira no Kiyomori traslada a capital do Xapón a Fukuhara (actual Kobe. En novembro trasládaa de novo a Kioto.
  • 15 de xuño: o príncipe Mochihito foxe de Kioto e refúxiase en Mii-dera.
  • Comeza a guerra de Gempei
    • 23 de xuño: primeira batalla de Uji. Os monxes do Byodo-in combaten a carón de Minamoto no Yorimasa contra os Taira, mais son vencidos. Yorimasa suicídase (seppuku) e o príncipe Mochihito é asasinado.
    • Sitio de Nara: os Taira préndenlle lume aos templos e mosteiros para se vingar da participación dos monxes.
    • 14 de setembro: Batalla de Ishibashiyama, primeira batalla de Minamoto no Yoritomo contra os Taira. Derrota de Yoritomo.
    • Outubro: Yoritomo establece os seus cuarteis xerais en Kamakura, no leste do Xapón, e lanza de novo as hostilidades.
    • 9 de novembro: Batalla de Fujigawa. Os Taira confunden unha bandada de páxaros acuáticos cun ataque sorpresa dos Minamoto durante a noite e retíranse sen combater, concedéndolle así unha vitoria inesperada a Yorimoto.

1181

Artigo principal: 1181.

Europa

Asia

  • No oeste de Xapón agrávase a crise de subsistencia. Os Taira logran a duras penas manter o gando (1181-1182). No leste, os veráns húmidos favorecen as colleitas e contribúen ao éxito dos Minamoto.
Continúa a gerra de Gempei e Taira no Tomomori vence a Minamoto no Yukiie en dous enfrontamentos en Sunomata e Yahagigawa, mais enferma e debe renunciar a perseguilo.
Jayavarman VII libera Camboxa dos Chams. Adepto do budismo Mahayana, multiplica as fundacións pías e emprende numerosas guerras (anexión do Champa). Despois del, Camboxa perderá as súas conquistas. Desaparece a súa brillante civilización e triunfa o budismo theravada.
  • Na India, o xeneral gurida Muhammad ibn Sam toma Sialkot.

Arte e cultura

  • Publícase en Viena o libro Sefer ha-yashar (Libro da Ortodoxia) do xudeu Jacob ben Meir Tam.

1182

Artigo principal: 1182.

Europa

Imperio Bizantino

  • Abril: Usurpación de feito do curmán de Manuel I Cómneno, Andrónico Cómneno, que provoca que Alexis II Cómneno masacre os latinos de Constantinopla en maio.
  • Concédenselle importantes privilexios comerciais a Veneza, os únicos a non ser masacrados. Os xenoveses e pisanos lanzan os seus piratas ao mar Exeo.

Oriente Próximo

  • Reinaldo de Châtillon decide lanzar un ataque sobre A Meca. Embárcase en Eilat, pequeno porto pesqueiro do golfo de Aqaba, e ataca Yanboh, porto de Medina e logo Rabigh, non lonxe da Meca. De camiño, afunde un barco de peregrinos musulmáns. Encanto Reinaldo, cargado de botín, retorna ás súas terras, os seus homes continúan a atravesar o mar Vermello. O irmán de Saladino, al-Adel, que goberna no Exipto, lanza contra eles unha frota que os desfai. Algúns deles son conducidos á Meca para ser decapitados en público.
  • Secesión de Chipre

Asia

  • Na India, o xeneral gurida Muhammad ibn Sam toma Debal e converte aos Sumras (ismaelís) en vasalos seus.

1183

Artigo principal: 1183.

Oriente Próximo

Europa

  • Paz de Constanza

1184

Artigo principal: 1184.
  • Batalla de Santarém: tropas galegas, ao mando do bispo compostelán Pedro Suárez de Deza, leonesas do rei Fernando II de León, conxuntamente con as portuguesas do infante Sancho I de Portugal, derrotan e dispersan ao exército almohade, que sitiaba a cidade de Santarém, e que mandaba Abu Yaqub Yusuf. Este resultou ferido gravemente no trancurso da loita.
  • Abu Yaqub al-Mansur convértese no terceiro califa almohade, tras a morte do seu pai Abu Ya'qub Yusuf.

Ciencia e tecnoloxía

1185

Artigo principal: 1185.
  • Igor Svyatoslavich, príncipe de Novgorod-Seversky, emprende unha campaña contra os cumanos. Despois dunha batalla de tres días foi derrotado, salvando a vida e regresando para o seu país.
  • 25 de novembroUrbano III sucede a Lucio III no papado.

1186

Artigo principal: 1186.

1187

Artigo principal: 1187.

1188

Artigo principal: 1188.

1189

Artigo principal: 1189.
  • Primeira manufactura de papel na Europa cristiá (Herault, Francia).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Década_de_1180&oldid=4794617"