Década de 1220

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Segundo milenio
Século XIII
1210
 
1220
 
1230
1220  · 1221  · 1222  · 1223  · 1224
1225  · 1226  · 1227  · 1228  · 1229

A década de 1220 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1220 e remata o 31 de decembro de 1229.

1220

Artigo principal: 1220.
Vista actual de Samarcanda

Arte e cultura

  • Fachada da catedral de Bamberg, Alemaña.
  • Comezo da edificación da catedral de Salisbury, Inglaterra, de estilo gótico.
  • O historiador xaponés Jien completa a súa obra Gukansho, na que analiza a historia do seu país.

1221

Artigo principal: 1221.

España

Masacre de albixenses, Crónica de Saint Denis, séc. XIV

Europa

  • Segunda cruzada contra os albixenses. Sitio de Castelnaudary. Morre Raymond VI de Toulouse.

Asia

  • Os mongois atacan o sultanato de Deli.

Xapón

  • 13 de maio - Remata o reino do emperador Juntoku do Xapón..
  • Breve reinado de Chūkyō sobre Xapón.
  • O anterior emperador Go-Toba lidera unha rebelión falida contra o shogunato kamakura.
  • Ascensión ao trono do emperador Go-Horikawa.

América

  • Revolta dos maias do Iucatán contra os gobernantes de chichen Itza

1222

Artigo principal: 1222.

Europa

  • Pola súa Bula Dourada, André II de Hungría sométese á dieta e aos señores feudais. A Bula garántelle á nobreza unha dieta anual, inmunidades de orde fiscal e a percepción de impostos e recoñécelle o dereito á insurrección contra o monarca.
  • Primeiro reinado de Erik XI Eriksson en Suecia.
  • O rei de Bohemia, Otokar I, anexiona Moravia ao seu reino.
  • Fundación de Dorpat en Livonia.
  • Fundación da orde dos Cabaleiros Teutóns.
  • Revolta popular na Estonia.

Imperio Bizantino

Tíralles aos latinos as súas posesións asiáticas e varias illas (Lesbos, Quíos, Samos e Rodas). Co apoio provisorio dos búlgaros, sitia, sen éxito, Constantinopla. Desembarca na Tracia.

Rusia

  • Iaroslav Vsievolodovitch toma Novgorod do seu irmán Constantino de Rostov.
  • Os mongois Djebe e Subutay pasan o Cáucaso por Derbent e chegan ás estepas dos cumanos após saquear Chirván. Kotian, khan dos cumanos, solicítalles axuda aos rusos. Os mongois, logo de teren reducido aos alano e cherquesos, envían unha embaixada a Rusia, que é masacrada, desencadeando as hostilidades. Kotian refúxiase co seu padrastro, Mstislav, que convence aos príncipes rusos para recrutar un exército de 80 000 homes para deter os mongois.

África

  • Sundjata Keïta crea o Imperio do Malí e abole a escravitude (Carta do Mandinga).

Norte de África

  • Reinado de Abd el-Ouahid, califa Almohade.
Sobe ao trono tras a morte do seu sobriño Yusuf al-Mustansir. Estalan revoltas en todo o imperio almohade. Na Península Ibérica, Abdallah-Adil proclámase califa, encanto que os xeques marroquinos depoñen a Abd el-Quahid.

Asia

  • Na India, os mongois chegan até Multán, mais retíranse por causa do clima.
  • Genghis Khan pasa por Afganistán. Alí recibe ao monxe taoísta Tehi-tehe Tchag-tchoun, a quen fixera vir desde China para que lle atopase un xeito de escapar á morte. No outono, volta a Boukhara, e logo a Samarcanda, onde pasa o inverno.

Oriente Próximo

  • Os pisanos e os xenoveses das colonias de Acre enfróntanse. Perden estes últimos e abandonan o porto.

1223

Artigo principal: 1223.

1224

Artigo principal: 1224.

1225

Artigo principal: 1225.

1226

Artigo principal: 1226.

1227

Artigo principal: 1227.

1228

Artigo principal: 1228.

1229

Artigo principal: 1229.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Década_de_1220&oldid=4794620"