Década de 1240

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Segundo milenio
Século XIII
1230
 
1240
 
1250
1240  · 1241  · 1242  · 1243  · 1244
1245  · 1246  · 1247  · 1248  · 1249

A década de 1240 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1240 e remata o 31 de decembro de 1249.

1240

Artigo principal: 1240.

África

  • O rei de Mali, Sumangurú, saquea a cidade de Ghana.

Europa

1241

Artigo principal: 1241.
  • Batalla de Liegnitz (Legnicą, na actual Polonia): a cabalería xermano-polaca cae derrotada ante as tropas mongolas que conduce Ogodei
  • Batalla de Sajo (sobre o río dese nome, en Hungría): os mongois derrotan o exército maxiar do rei Bela IV, arrasando a continuación o país.

1242

Artigo principal: 1242.

Europa

  • Marzo: Os mongois saquean Croacia. A vangarda de Batu chega a Spalatto e Cattaro, no mar Adriático. Cando lles chegan novas da morte, o ano anterior, de Ögödei, Batu retorna ao oriente para participar no quriltay organizado para a elección do seu sucesor. Así se salva Europa.
  • Establecemento de colonos alemáns en Bratislava tras o fracaso dos mongois en conquistala
  • 5 de abril: Vitoria do príncipe ruso Alexandre Nevski sobre os cabaleiros teutóns na Batalla do Lago Peipo, na Livonia, na altura xeado (masacre dos xeos). Esta batalla provoca a detención da expansión xermánica cara o leste, ao tempo que contribúe ao nacemento da Rusia, baixo dominación moscovita.

Oriente Próximo

  • Reinado de Al-Musta'sim, derradeiro califa abásida de Bagdad (até 1258).
  • O xeneral Baidju toma o mando das tropas mongois en Irán, baseado na rexión da baixa Koura (até 1256).
  • Á morte de Ögödei, o gobernador do Khorasan Körguz é entregado polos comandantes militares ao seu adversario Kara Hülegü, que o executa. A rexente Töregene encárgalle a Arghun agha a administración de Khorasan e Irak. Home culto e comprometido cos asuntos de estado, decepciona as esperanzas dos señores mongois ao continuar a política de Körguz, protexendo a poboación iraniana contra as violencias dos mongois e combatendo a anarquía feudal. Obtén a confianza dos grandes khans ao enviar regularmente tributos a Karakorum.

Asia

  • Batu, neto de Genghis Khan, crea o Imperio da Horda de Ouro de Kipchuk, con capital en Sarai.
  • Töregene tórnase rexente do Imperio Mongol (até 1246)
  • Reinado de Kara Hülegü, khan de Djaghataï (até 1246). Neto de Djaghataï, reina baixo a tutela da súa nai Ebuskune.

1243

Artigo principal: 1243.

1244

Artigo principal: 1244.
  • Fundación da Universidade de Roma.
  • 6 de marzo: arbitraxe entre os mosteiro galegos de Aciveiro e Melón, que fixou as lindes entre ambos nos montes de Rubillón (no actual concello de Avión, Ourense).
  • 16 de marzo - Máis de 200 cátaros son queimados en Montségur, rematando a cruzada contra os albixenses.
  • 26 de marzo: Castela e Aragón asinan o tratado de Almizra, que fixa as lindes entre ambas no Oriente meridional da Península Ibérica.
  • Xacobo de Voragine ingresa na orde dominica.
  • Xaime I de Aragón "reconquista" Altea (actual Valencia).
  • Primeiro rexistro documentar sobre a cidade de Berlín.
  • Sevilla, Ceuta, Tlemcen e Meknès recoñecen a soberanía de Yahyâ I, soberano hafsida de Tunicia.
  • 23 de agosto : Xerusalén, apenas defendida, é tomada polo sultán de Exipto, ficando definitivamente perdida para os cristiáns.

1245

Artigo principal: 1245.

1246

Artigo principal: 1246.

Asia

Europa

1247

Artigo principal: 1247.

Asia

Europa

  • Sancho II abdica e o seu irmán, Afonso III, sobe ao trono de Portugal
  • Inicia o seu reinado Guillerme de Holanda (1227-1256), emperador románico xermánico (até a súa morte)
  • 27 de xullo - Haakon IV é coroado rei de Noruega en Bergen polo cardeal Guillerme de Sabina.
  • Brandr Jónsson, abade de Thykkvabær (até 1262) e futuro bispo de Hólar, que aspira á paz, milita pola submisión da Islandia á coroa norueguesa.
  • Nace o Parlamento de París: o medre das prerrogativas reais no dominio xudicial obriga a unha parte da corte a reunirse en sesións temporais e a se dotar de conselleiros e xuíces.
  • O rei Bela IV da Hungría establece os cabaleiros de San Xoán de Xerusalén na Valaquia para enfrentarse aos tátaros.

Oriente Próximo

Arte e cultura

  • Vidal de Canellas termina a recopilación de leis forais aragonesas, coñecida como "Compilación de Huesca".

1248

Artigo principal: 1248.

1249

Artigo principal: 1249.

Oriente Próximo

Europa

Ciencia e tecnoloxía

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Década_de_1240&oldid=4794622"