Década de 1270

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segundo milenio
Século XIII
1260
 
1270
 
1280
1270  · 1271  · 1272  · 1273  · 1274
1275  · 1276  · 1277  · 1278  · 1279

A década de 1270 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1270 e remata o 31 de decembro de 1279.

1270

Artigo principal: 1270.

África

  • Etiopía: Co rei Yekuno Amlak (1270-1285) comeza a reinar a dinastía salomónida.

Europa

1271

Artigo principal: 1271.

1272

Artigo principal: 1272.

1273

Artigo principal: 1273.

1274

Artigo principal: 1274.

Europa

  • Coroación de Eduardo I de Inglaterra.
  • 7 de maio-6 de xullo - Concilio de Lión II:
  • Carlos I de Anjou, privado do apoio papal, debe concluír unha tregua con Bizancio, que se aproveita para reforzarse na Albania e Morea, encanto que os corsarios lle devolven o dominio do mar Exeo.
  • A unión das Igrexas, puramente política, non é comprendida nin polo clero nin polo pobo grego. Rexeitada de principio polos estados gregos disidentes Epiro, Tesalia, é abandonada polo papa e por Andrónico II Paleólogo cando cesa a necesidade política.
  • O papa Gregorio X adquire o Condado de Venecia.
  • Filipe III de Francia casa con María de Brabante.
  • Filipe III de Francia adquire o condado de Nemours, que integra no dominio real.
  • Lei nacional norueguesa: Magnus Lagaböter fai realizar un importante traballo de codificación. As leis provinciais transcríbense e examínanse co obxectivo de chegar ao establecemento dunha lexislación nacional, que se logrará en 1277.

África

  • O rei da Etiopía Yekouno Amlak pide a través do soberano do Iemen un novo bispo ao sultán do Cairo, mais este rexeita a petición dado que o soberano etíope lle fai a guerra aos príncipes musulmáns establecidos no leste do seu reino, en concreto ao sultán de Ifat, que ameaza a provincia de Choa.

Asia

  • Primeira tentativa infrutuosa de invasión do Xapón polos mongois: a invasión é rexeitada en Tsushima, en parte polo tifón (kamikaze, ou "vento dos deuses").
  • Morre Tou-tsong, emperador Song da China. O seu ministro Kia Sseu-tao coloca no trono a un neno de catro anos.
  • Á morte do djaghataide Togatemur, Qaidu coloca a Douwa, fillo de Barak, no trono de Transoxiana (até 1306). Douwa apoia ao seu soberano dentro das súas pretensións ao título de Gran khan.

Oriente Próximo

1275

Artigo principal: 1275.

Arte e cultura

  • Raimund Llull, "Llivre de la Orde de Cavalleria" (data aproximada).

1276

Artigo principal: 1276.

Asia

  • O xeneral mongol Baian toma a cidade chinesa de Hang-chou, sede do reino Sung, levando cativos para Pequín, ao emperador Sung e a súa nai, rexente. O evento significou a incorporación dese reino ao imperio sino-mongol.

Europa

  • Magnus Ládulos sobe ao trono de Suecia, como soberano independente a respecto de Noruega.

1277

Artigo principal: 1277.

Asia

  • Batalla de Ngasaunggyan, en Yunan, preto da fronteira birmano-chinesa, na que Kubilai Khan derrota as forzas imperiais birmanas.

Europa

1278

Artigo principal: 1278.
  • O emperador sino-mongol Kubilai Khan emprende unha expedición militar cara Annam, na actual Indochina
  • Fundación do Principado de Andorra.

1279

Artigo principal: 1279.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Década_de_1270&oldid=4794625"