Década de 70

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primeiro milenio
Século I
60
 
70
 
80
70  · 71  · 72  · 73  · 74
75  · 76  · 77  · 78  · 79

A década de 70 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 70 e remata o 31 de decembro de 79.

70

Artigo principal: 70.

Asia

  • India ve a fin da Dinastía Helenística.

Occidente

Saqueo do Templo de Xerusalén, relevo do Arco de Tito, Roma

Arte e cultura

O Coliseo nunha gravura

71

Artigo principal: 71.

Roma

  • Os romanos establecen unha fortaleza en York (Eboracum), como base para as forzas do norte da Britania. Inicialmente estableceuse exclusivamente para a lexión X Hispana, mais posteriormente foi ampliada para incluír aloxamento público, baños e templos.
  • Potilio Cereal, gobernador da Britania, sufoca unha revolta de brigantes.
  • Tamén vence a Claudio Civil na Batalla de Tréveris, sufocando así a rebelión de Batavia.
  • Vespasiano e Nerva son cónsules.
  • Tito tórnase prefecto dos pretores e recibe o mando proconsular, así como poder tribunicio, o que indicaba que Vespasiano seguiría a tradición hereditaria de sucesión.

Asia

  • Reinado de Rabel II, rei de Nabatea (até 106). Converte Bostra, na Siria, na súa segunda capital.

72

Artigo principal: 72.
  • Vespasiano e Tito son cónsules romanos.
  • Vespasiano depón a Antíoco IV de Siria.
  • Primeira Guerra Romano-Xudea: os romanos sitian Masada, fortaleza no deserto defendida por vítimas xudías dos sicarios.

73

Artigo principal: 73.

Roma

Vista actual de Masada
    • Dirixidos por este, os romanos conquistan Masada, o derradeiro bastión xudeu. Á súa chegada á praza forte, os lexionarios romanos descobren todos os seus defensores mortos, incluídos as mulleres e os nenos. Suicidáranse colectivamente para evitar caer en mans dos romanos.
  • Roma anexiónase a Pequena Armenia.
  • Guerra do legado Cnido Pinarius Cornelius Clemens na Xermania (rematada ao ano seguinte).

Asia

  • Comeza a guerra dos hunos en China (até o 91)
    • Os xenerais Dou Gu (Teou Kou) e Geng Bing (Keng Ping) dirixen unha expedición en Mongolia contra os xiongnu do Norte, que partiron en fuga. Estableceuse unha colonia militar no oasis de Hami no deserto do Gobi para lles cortar a ruta aos xiongnu.
    • Ban Chao (Pan-Tch’ao), competindo cos xiongnu, impón o protectorado chinés aos reis do Lop Nor e de Khotan na bacía do río Tarim co propósito de controlar a ruta da seda (73-94).

74

Artigo principal: 74.

Imperio Romano

Vista actual dunha porción da Selva Negra

Asia

  • Os chineses establecen un Protectorado das Rexións Occidentais.
  • Os xenerais chineses Dou Gu (Teou Kou) e Geng Bing (Keng Ping) apodéranse do oasis de Turfan.

75

Artigo principal: 75.

76

Artigo principal: 76.
Anacleto, papa

Ciencia e tecnoloxía

  • O chinés Ban Gu (Pan Ku en transcrición Wade-Gilles) desenvolve unha teoría sobre a orixe do Universo.

77

Artigo principal: 77.

Asia

Europa

  • Os bructeri, pobo xermano, levántase contra o dominio romano.
  • Roma inicia a exploración das Illas Británicas (até o 84), sob a dirección do seu gobernador, Agrícola.

Arte e cultura

  • Plinio o Vello publica o primeiro dos seus dez libros sobre a Historia natural.

78

Artigo principal: 78.

Asia

  • Segunda dinastía Cuxana, na India (até o 96).
  • Comeza o cómputo da era Saka na India.
  • Iníciase o reinado de Pacorus II, monarca de Partia.

Europa

79

Artigo principal: 79.
Vista xeral de Pompeia co Vesuvio ao fondo


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Década_de_70&oldid=4794726"