Día Kamehameha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kamehameha I é coñecido coma o Napoleón do Pacífico.

O día Kamehameha, o 11 de xuño, é un festivo hawaiano, nos Estados Unidos, que se celebra na honra de Kamehameha o Grande, o monarca que unificou o Reino de Hawaiʻi, que abranguía as illas hawaianas de Niʻihau, Kauaʻi, Oʻahu, Molokaʻi, Lānaʻi, Kahoʻolawe, Maui e Hawaiʻi.

Historia[editar | editar a fonte]

O festivo foi establecido baixo decreto real polo bisneto, tamén rei, Kamehameha I, en 1871, celebrándose por primeira vez no seguinte ano. A finais do XIX, as festas do día Kamehameha consistían nun entroido e unha feira, con carreiras de cabalos, de persoas e de velocípedes.

O día Kamehameha foi un dos primeiros festivos que estableceu o Gobernador de Hawai, cando logrou a súa condición de estado en 1959.

Hoxe en día, o Día trátase dun evento que lembra o Antigo Hawai, respectando as tradicións culturais dos tempos de Kamehameha. Ademais, a Competición de Hula do Rei Kamehameha (King Kamehameha Hula Competition) atrae a grupos de danza hula de todo o mundo até o Neil S. Blaisdell Center durante dous días.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Día_Kamehameha&oldid=4759070"