Daniel Cortezón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Daniel Cortezón Álvarez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Cortezón
Nacemento6 de febreiro de 1927
 Ribadeo
Falecemento4 de outubro de 2009
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Daniel Cortezón Álvarez, nado en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927 e falecido en Lugo o 4 de outubro de 2009, foi un prolífico escritor galego, autodidacta, coñecido de xeito principal pola súa produción teatral, fundamentalmente de carácter histórico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de carabineiro, a Guerra civil obrigouno a fuxir a Francia coa súa familia. Volveu con 12 anos a Ribadeo, comezando de aprendiz nunha botica, onde traballou ata 1963. Comezou a súa formación autodidacta, lendo (segundo as súas propias verbas -ver máis abaixo-) a práctica totalidade dos libros da biblioteca municipal ribadense. Con posterioridade traballou en León e Madrid (de 1965 á súa xubilación), chegando a ser redactor xefe da revista Auxiliares de Farmacia e participando nos parladoiros do "Café Gijón".

Ó seu retorno a Galicia residiu en Vigo e Ribadeo de xeito alternativo, onde foi pregoeiro da XIX Feira do Libro Galego (Ribadeo, 1988) e mantivo numerosos contactos no ámbito cultural, como a súa relación coa Asociación Cultural Francisco Lanza, ou a amizade con Fermín Penzol e Juan Luis Vega Prada. Con anterioridade a este retorno xa destacara na labor cultural, más aló do resalte como escritor participando en iniciativas como o padroádego da Biblioteca 'El Viejo Pancho' de Ribadeo, que para el foi unha fase de dedicación a unha institución á que tanto debía.

Persoa serena, cunha ampla e rica cultura debida a unha autoformación. Sirvan as frases seguintes de autodefinición do que foi a súa formación: “Eu son absolutamente autodidacta. Apenas fun á escola para aprender as primeiras letras. Da biblioteca de Ribadeo lin, ao longo de vinte e tantos anos, no mostrador da farmacia, os máis de 3000 volumes cos que contaba”.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O renarte Ciprián, 1960.
  • Nicolás Flamel, 1966, separata de Grial.
  • Prisciliano, 1970, Galaxia.
  • Xelmírez ou a gloria de Compostela, 1974, Nós (Bos Aires).
  • A diáspora, 1976, Ediciós do Castro.
  • Os Irmandiños, 1978, Ediciós do Castro.
  • Pedro Madruga. Representación histórica, 1981, Ediciós do Castro.
  • Danza, contradanza y metamorfosis de moros y cristianos, 1982
  • Crónica de Enrique IV, 1985.
  • Castelao ou A paixón de Galiza I: O animador de ilusións, 1986, Ediciós do Castro.
  • Castelao ou A paixón de Galiza II: O árbores e os xuncos, 1989, Ediciós do Castro.
  • Castelao ou A paixón de Galiza III: intermezzo bufo (traxicomedia épica), 1996, A-Z Ediciones.
  • Castelao ou A paixón de Galiza IV: o pudor e a angustia, 1997, A-Z Ediciones.
  • Crónica del rey don Pedro, 1998.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Tradutor[editar | editar a fonte]

  • Os anxos cómense crus (texto de Jorge Díaz e música de Vittorio Cintolesi, 1972).

Outros[editar | editar a fonte]

Suso Peña: La Mirada Mágica (Publilar, 2006, ISBN 978-84-611-1666-9), por Daniel Cortezón, Jaime Fernández e Manuel López. Confeccionado tras a morte de Suso Peña, coma homenaxe, recolle fotos, debuxos e banda deseñada, con texto de Daniel Cortezón.

Publicou ademais diversos artigos en revistas de moi diverso estilo, como 'Sobor das condicións do asalto á razón' (Cadernos Ribadenses, 1990).

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Ten abundantes galardóns, dende o 'Premio auxiliares de farmacia', obtido no 1953 por 'Decálogo del auxiliar de farmacia'.

  • Premio Vilar Ponte do Centro Galego de Bos Aires, por Prisciliano.
  • En 1959 o seu ensaio "De la Saudade y sus formas", foi premiado no concurso literario organizado pola Casa Galicia de Nova York.
  • En 1977 foi Premio Santiago Rusiñol de Teatre do Festival de Sitges, por Pedro Madruga.
  • En 1981 gañou a primeira convocatoria do Premio de Novela Eduardo Blanco Amor con A Vila Sulagada.
  • En 1998 foi finalista do Premio Nacional de Teatro, por Castelao ou A paixón de Galiza III: intermezzo bufo (traxicomedia épica).
  • Foi lucense do ano 2000.
  • No plano local, foi nomeado socio de honra da Coral Polifónica desde o ano 2001, e déuselle o seu nome á mostra anual de Teatro Afeccionado dende o ano 2003. En pleno de 8 de xullo de 2002, a Corporación Municipal de Ribadeo acordou darlle a unha rúa o seu nome, a raíz da petición dunha comisión pro-homenaxe, distincións que salientaron non só a súa actividade literaria senón de promoción de cultural, pois foi, por exemplo, o membro máis novo do padroádego municipal que creou e puxo en marcha a actual Biblioteca Pública El Viejo Pancho de Ribadeo en 1957.

Formou parte do Consello Asesor da revista 'Cadernos Ribadenses'.

No 2011 publicouse un libro homenaxe con máis de 70 colaboracións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Daniel_Cortezón&oldid=5194045"