Daniel García Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Busto no seu honor erixido na Baña

Daniel García Ramos, nado na Baña o 16 de abril de 1933 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1998, foi un xuíz galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xuíz de Bande e A Estrada e despois maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990). Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística na xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en Grial.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O réxime xurídico da lingua galega, 1990.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Contos da Xustiza, 1991.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Daniel_García_Ramos&oldid=3711176"