Daniel Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Ortega
Ortega03032007.jpg
José Daniel Ortega Saavedra
Presidente de Nicaragua
Período 1985 - 1990
Antecesor Junta de Gobierno de Reconstrucción Nacional
Sucesor Violeta Chamorro
Período 2007 - ?
Antecesor Enrique Bolaños Geyer
Datos persoais
Nacemento 11 de novembro de 1945
Lugar La Libertad, Chontales
Organización Frente Sandinista de Liberación Nacional
Profesión Político

José Daniel Ortega Saavedra, nado en La Libertad (Chontales) o 11 de novembro de 1945, é un ex-guerrilleiro e político nicaraguano, presidente electo do seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daniel Ortega foi un dos comandantes da guerrilla do Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), organización que combateu a ditadura de Anastasio Somoza Debayle até que o 19 de xullo de 1979 conseguiu derrotala militarmente (Revolución Sandinista) instaurando un goberno de unidade nacional que tomou o nome de Xunta de Reconstrución Nacional (goberno do que forma parte Daniel Ortega) no que, ademais dos sandinistas, estaban representados as principais formacións contrarias á ditadura.

Desfeito o goberno de unidade por diferenzas internas, Ortega foi escollido presidente do país en 1984. O seu goberno, de orientación claramente progresista, conseguiu mellorar a calidade de vida da poboación pero tivo que facer fronte á oposición armada das forzas contrarevolucionarias de dereitas, contras, instruídas pola CIA e financiadas polo Goberno dos Estados Unidos.

Nas eleccións presidenciais de 1990 Ortega foi derrotado por unha escasa marxe de votos, debido a unha alianza de 14 partidos políticos antisandinistas liderados por Violeta Chamorro.

Dezasete anos despois nas eleccións do 5 de novembro de 2006, Daniel Ortega foi novamente escollido presidente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Daniel_Ortega&oldid=4466105"