Daría Vilariño Pintos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daría Vilariño Pintos
Nacemento26 de xaneiro de 1928
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspañola
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónArquivos e Bibliotecas
LinguaCastelán
XénerosPublicacións bibliográficas e históricas
EstudosFilosofía e Letras
PremiosMedalla de bronce de Galicia
Insignia de ouro da USC
editar datos en Wikidata ]

Daría Vilariño Pintos, nada en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1928, é unha bibliotecaria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Experta en ciencias psicolóxicas e sociais (psicoloxía, historia, socioloxía, etc.) e especializada en arquivos e bibliotecas, o seu primeiro traballo foi na Biblioteca Pública de Santiago (situada na rúa das Casas Reais). Tras gañar unha oposición, pasou a traballar como bibliotecaria na Biblioteca da Universidade de Santiago, chegando a ser a súa directora, cargo que desempeñou até a súa xubilación.[1][2]

Ademais do seu traballo como directora da biblioteca, impartiu clases de biblioloxía na USC.[2]

Colaborou como experta no Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, da Consellería de Cultura, como directora da biblioteca da USC, e na Fundación Cidade da Cultura.[2]

É a irmá maior de Eduardo Vilariño Pintos, que foi profesor da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago e Compostela, e catedrático de Dereito Diplomático e Consular da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • "Un manuscito sevillano del siglo XIX en la Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela", Daría Vilariño Pintos e Mª Virtudes Pardo Gómez, en De libros y bibliotecas: homenaje a Rocío Caracuel. Coord. por Sonsoles Celestino Angulo, 1995, ISBN 84-472-0258-5, páxs. 431-436
  • "La diócesis de Tuy hasta 1100", Daría Vilariño Pintos e Manuel Cecilio Díaz y Díaz, en Historia de las diócesis españolas. Vol. 14, 2002 (Iglesias de Santiago de Compostela y Tuy-Vigo". Coord. por José García Oro), ISBN 84-7914-539-0, páxs. 537-548.
  • O libro galego onte e hoxe: catálogo da Exposición bibliográfica, Santiago, maio-xuño 1979, Daría Vilariño Pintos e Mª Virtudes Pardo Gómez. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago. Secretariado de Publicaciones, 1981. ISBN 84-11-91252-3.
  • "Alcalá de Henares: academia bíblica y renacentista", Mª Araceli García Piñeiro, Pilar del Oro Trigo, Daría Vilariño Pintos, Mª Virtudes Pardo Gómez e José García Oro, en Sub luce Florentis Calami: homenaje a Manuel C. Díaz y Díaz. Coord. por Manuela Domínguez García, 2002, ISBN 84-9750-010-5, páxs. 636-657
  • "La Biblioteca Universitaria y sus riquezas", Vilariño Pintos, Daría, en La Universidad de Santiago. VV.AA. Santiago de Compostela: Universidad de santiago de Compostela. Secretariado de Publicaciones, 1980, páxs. 217-224.
  • "Exposición cartográfica. Mapas de la Biblioteca General de la Universidad siglos XVII, XVIII y XIX. Catálogo", Vilariño Pintos, Daría e Moralejo Álvarez, Mª Remedios. Santiago de Compostela: Universidad de Santiafo de Compostela, 1964. 24 f.

Así mesmo, colaborou na obra de Manuel Cecilio Díaz y Díaz Escritos jacobeos, unha recompilacion de textos e edición de José Andrade, Helena de Carlos, José Carracedo, Manuela Domínguez, Araceli Garcia, José García Oro, Pilar del Oro, María Virtudes Pardo e Daría Vilariño, editado o ano 2010 e Santiago de Compostela polo Consorcio de Santiago e a USC Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-9887-459-4.[3]

Ademais, foi a presentadora do libro Mujer y educación en España, 1868-1975, que recolle os traballos do VI Coloquio de Historia de la Educación. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Teoría e Historia da Educación, 1990, ISBN 978-84-4047-748-4.[4]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Daría Vilariño foi galardoada en 1993, ano da súa xubilación, coa insignia de ouro da USC, e coa Medalla de Galicia na súa categoría de bronce.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daría Vilariño Pintos en MulleresExpertas.
  2. 2,02,12,22,3 Barrera 2000, p. 596.
  3. USC. Biblioteca Universitaria. Catálogo Iacobus.
  4. USC. Biblioteca Universitaria. Catálogo Iacobus.
  5. Medalla de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Daría_Vilariño_Pintos&oldid=4996823"