Darío Álvarez Gándara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Darío Álvarez Gándara
Nacemento22 de xaneiro de 1936
 Tui
Falecemento7 de agosto de 2015
 Nigrán
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e escritor
PaiDarío Álvarez Blázquez
FillosDarío Álvarez Basso
IrmánsAlfonso Álvarez Gándara
Coñecido/a porO fracaso de Lázaro Evia
editar datos en Wikidata ]

Darío Álvarez Gándara, nado en Tui o 22 de xaneiro de 1936 e finado en Nigrán o 17 de agosto de 2015[1], foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Darío Álvarez Blázquez, irmán de Alfonso Álvarez Gándara e sobriño de Xosé María Álvarez Blázquez, estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde coñeceu á que foi a súa muller, a venezolana Gisela Basso. Marchou a Venezuela en 1959, onde rematou a carreira e fixo a especialidade de cardioloxía. Exerceu como cardiólogo en Caracas, Madrid e posteriormente en Vigo, onde regresou en 1969. Integrouse no Consello da Mocedade en 1963, despois foi un dos fundadores do Movemento Socialista de Galicia e incorporouse ao Partido Socialista Galego en 1976.

En 1993 publicou a novela policial Sireno protagonizada polo doutor Lázaro Evia, pseudónimo que utilizara o seu pai en dúas novelas. En 1996 continuou a serie coa obra O fracaso de Lázaro Evia.

É pai do pintor Darío Álvarez Basso.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Darío_Álvarez_Gándara&oldid=5199617"