David Ferrer Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Ferrer Garrido
Medalla de Galiza.svg
Nacemento1926
 Ourense
Falecemento1998
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

David Ferrer Garrido, nado en Ourense[1] en 1926[2] e finado en novembro de 1998, foi un político e dirixente ourensán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do comerciante e dirixente ourensán David Ferrer Quirós, Ferrer Garrido licenciouse en Químicas. Ingresou no consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense en 1959. Catro anos despois, o 28 de setembro de 1963[3], era nomeado alcalde de Ourense logo da dimisión do xeneral Enrique Alonso Cuevillas, e ocupou a alcaldía ata abril de 1970. Deixa precisamente a alcaldía para pasar a ser presidente da Deputación de Ourense, primeiro ata 1973, e posteriormente de novo entre 1976 e 1978. Nesta última época tamén foi presidente do consello de administración da Caixa de Aforros, cargo ao que regresou na década dos noventa e no que permaneceu ata o seu falecemento.

Como alcalde e como presidente da Deputación foi procurador en Cortes entre 1967 e 1974.


Predecesor:
Enrique Alonso Cuevillas
 Escudo de Ourense.svg
alcalde de Ourense
 
1963-1970
Sucesor:
Ricardo Martín Esperanza
Predecesor:
Antonio Alés Reinlein
 Provincia de Ourense - Escudo.svg
presidente da deputación de Ourense
 
1970-73
Sucesor:
Eduardo Olano Gurriarán
Predecesor:
Luis Álvarez Rodríguez
 Provincia de Ourense - Escudo.svg
presidente da deputación de Ourense
 
1976-78
Sucesor:
Victorino Núñez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha hiperbreve de Ferrer Garrido na web da Orde da Vieira Arquivado 13 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Procuradores en Cortes por Diputaciones Provinciales, en La Vanguardia, 7/10/1971
  3. Toma posesión el nuevo alcalde de Orense en La Vanguardia, 29/7/1963
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=David_Ferrer_Garrido&oldid=5304874"