David Fojo Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Fojo Salgueiro
Nacemento1918
 Ortigueira
Falecemento2 de maio de 1995
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]
Medalla de Galiza.svg

David Fojo Salgueiro, nado en Ortigueira en 1918 e finado na mesma vila o 2 de maio de 1995, foi un impresor, editor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jesús Fojo Díaz, fundador e director de La Voz de Ortigueira, semanario que se imprimía nos propios talleres da imprenta Fojo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e despois pasou á Academia Militar de Zaragoza e foi militar. Nos anos 40 fíxose cargo do periódico do seu pai e cando faleceu en 1965 converteuse en director e propietario.

A imprenta Fojo foi o lugar onde se imprimiron -entre finais do século XIX e principios do XX- numerosos periódicos de distinta regularidade (semanal, decenal, mensual...) da comarca ortegana. Tamén foron impresos numerosos libros. A imprenta Fojo era ao tempo unha librería en Ortigueira.

Recibiu a Medalla de bronce de Galicia en 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=David_Fojo_Salgueiro&oldid=4976926"