David Mackenzie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Mackenzie
Nacemento8 de setembro de 1943
 Nottinghamshire
Falecemento26 de febreiro de 2016
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oxford
Ocupaciónmedievalista
editar datos en Wikidata ]

David Mackenzie, nado en Sutton-in-Ashfield (Nottinghamshire) o 8 de setembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 2016,[1] foi un galicianista e medievalista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Linguas modernas, na especialidade de lingua española pola Universidade de Oxford en 1966, e progresou os seus estudos nela até completar un mestrado. En 1975 doutorouse pola Universidade de Nottingham cunha tese de análise sobre a Crónica de Santa María de Iria, onde comezou a súa relación con Galicia. Despois de traballar para a Biblioteca Británica foi profesor de Estudos hispánicos inicialmente na Universidade do Úlster (1974), e logo da Universidade de Birmingham (1986), onde ao longo dunha década foi progresando de profesor titular a catedrático.

En Birmingham creou o primeiro Centro de Estudos Galegos nunha universidade británica, desde onde desenvolveu un obradoiro de tradución de literatura galega ao inglés que deu ao prelo, entre outras, a primeira tradución de Méndez Ferrín ou de Castelao a esa lingua. Ao de Birmingham seguíronlle outros centros de estudos galegos noutras partes do Reino Unido e do mundo. Foi un dos impulsores da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

En 1997 mudou o seu centro de traballo para a Universidade de Cork, onde tamén estableceu un centro de estudos galegos. Nesta universidade irlandesa xubilouse en 2008, aínda que continuou dando clase de estudos hispánicos na Universidade de Wisconsin-Milwaukee ata 2011. Logo da súa xubilación estableceuse de forma permanente en Santiago de Compostela onde finou. En 2015 reuniuse un volume de estudo de diversos especialistas en lingua e literatura galega, na súa homenaxe (En memoria de tanto miragre).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=David_Mackenzie&oldid=4977854"