Deambulatorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Deambulatorio

O deambulatorio é un espazo que rodea o altar maior dos templos por onde poden transitar os fieis.

É un elemento característico da arquitectura románica que logo se fixo extensivo á gótica. A súa utilidade xurdiu coa peregrinación masiva aos lugares de devoción popular, cando unha multitude de fieis concorría nunha igrexa e se aprestaba a venerar as reliquias que nela se atesouraban. Este corredor proporcionaba a necesaria fluidez de circulación para que todos alcanzasen a reverenciar as sacras reliquias e para non interromper a cerimonia relixiosa que se puidese estar oficiando na capela maior.

O normal é que na cabeceira da nave central se sitúe o presbiterio e a continuación a capela principal contendo o altar maior e formando unha ábsida de planta semicircular ou poligonal. En tal caso, o deambulatorio adóitase formar pola prolongación das naves laterais que envolven a ábsida polo seu exterior. En ocasións, ábsida e deambulatorio non están separados por un muro cego, senón por unha arquería que ofrece permeabilidade ao conxunto. É así mesmo habitual que ao redor del se dispoñan unha serie de absidiolas radiais[1], cada unha das cales alberga unha pequena capela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte. Akal. p. 92. ISBN 84-7600-493-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Deambulatorio&oldid=4793868"