Dereito
![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |

O Dereito é a orde normativa[2] e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica[3], baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.
A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.
A expresión «dereito» utilízase indistintamente para nomear á disciplina e ao seu obxecto de estudo. Así, «dereito» refírese á ciencia do dereito ou a un determinado corpo de normas (por exemplo, dereito civil, dereito penal, dereito procesal, dereito internacional, etc.).
Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social. Isto é, tendo en conta a validez, é dicir, se se levou a cabo o procedemento adecuado para a súa creación, independientemente da súa eficacia (se é acatada ou non) e do seu ideal axiolóxico (se busca concretar un valor como a xustiza, a paz, a orde, o ben común, etcétera).
O dereito subxectivo é a facultade que outorgou o ordenamento xurídico a un suxeito (por exemplo, dereito á nacionalidade, dereito á saúde, dereito a demandar, dereito a manifestarse libre e pacificamente, etc.).[4][5][6][7][8][9]
Orixe[editar | editar a fonte]
É de natureza controversia, sobre o tema os autores orientáronse a varias posturas, entre elas as de maior aceptación acostuman ser as seguintes:
- O Dereito nace como unha relación de forza entre persoas desiguais, sexa material ou psiquicamente.
- O Dereito nace como reparación a unha ofensa física ou moral que unha persoa infrinxe a outra.
- O Dereito nace para regular a indemnización debida polo incumprimento dunha palabra dada. En xeral para regular os negocios xurídicos entre as persoas.
- O dereito nace da necesidade de regular as relacións que xorden entre os diferentes suxeitos de dereito. Á medida que as relacións interpersoais se tornan mais complexas, o dereito vaino receptando.
Fontes[editar | editar a fonte]

Son a "alma" do Dereito, son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin.
O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes:
- A Constitución
- A Lei
- A Xurisprudencia
- O Costume
- Os Principios xerais do dereito
- A Doutrina.
Asimismo no marco do Dereito internacional, o Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, enumera como fontes:
- Os tratados
- O costume internacional
- Os Principios xerais do dereito
- As opinións da doutrina
- Resérvase, a pedido de parte, a posibilidade de fallar "ex aequo et bono" (segundo o bo e o equitativo).
Contido[editar | editar a fonte]
Tradicionalmente, o Dereito dividiuse nas categorías de Dereito público e de Dereito privado. Porén, esta división foi amplamente criticada e na actualidade non ten tanta forza, ante a aparición de parcelas do Ordenamento xurídico nas que as diferenzas entre o público e o privado non son tan evidentes. Un dos expoñentes desta situación é o Dereito laboral, no que a relación privada entre traballador e empregador áchase fortemente intervida por unha normativa pública.
Algunhas ramas xurídicas son as seguintes:
- Dereito administrativo
- Dereito urbanístico
- Dereito ambiental
- Dereito civil
- Dereito das persoas
- Dereito de cousas
- Dereito de obrigacións
- Dereito de sucesións
- Dereito nobiliario
- Propiedade intelectual
- Dereito de familia
- Dereito económico
- Dereito informático
- Dereito internacional
- Dereito internacional privado
- Dereito internacional público
- Dereito fiscal
- Dereito laboral
- Dereito sindical
- Dereito da seguridade social
- Dereito mercantil
- Dereito penal
- Dereito político
- Dereito constitucional
- Ciencia política
- Dereito procesual
- Dereito procesual administrativo
- Dereito procesual civil
- Dereito procesual laboral
- Dereito procesual penal
- Filosofía do dereito
- Teoría do dereito
- Teoría da xustiza
- Epistemoloxía xurídica
- Socioloxía do dereito
- Historia do dereito
- Dereitos animais
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Luban, David (2001). "Law´s Blindfold". En Davis, Michael; Stark, Andrew. Conflict of interest in the professions (en inglés). Oxford University Press. p. 23. ISBN 0-19-512863-X.
- ↑ García Máynez, Eduardo. "El Derecho como orden normativo concreto" (PDF). Justitia.com (en español). Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Castillo González, Rolando (1962). La seguridad jurídica y la esencia del Derecho (en español). Santiago de Chile: Universitaria. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Ochoa G., Oscar G. (2006). "Personas. Derecho Civil I" (en español). Caracas: Publicaciones Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 980-244-225-9. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Williams Benavente, Jaime (2003). Lecciones de Introducción al Derecho (en español) (4ª ed.). Santiago de Chile: Fundación de Ciencias Humanas. ISBN 956-7098-06-9.
- ↑ Cedillo Corrochano, Carmen. "Cuando el Derecho nos confunde". Desde mi mundo (en español). Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ "Derecho". Enciclopedia Jurídica (en español) (2014 ed.). Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Sánchez Crespo, María José. "Capítulo 11: El derecho objetivo y el derecho subjetivo". Nociones de derecho (en español). Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Ortúzar Fuenzalida, Sebastián Enrique. "Introducción al Derecho civil". Apuntes de derecho (en español). Consultado o 29 de outubro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lex.gal Base de datos das leis de Galicia dende 1981.
|
|