Dereito positivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O dereito positivo (Latín: ius positum) é o conxunto de leis humanas que obrigan ou especifican unha acción. Este concepto tamén describe o establecemento de dereitos específicos atribuídos a unha persoa ou a un conxunto de persoas.

O concepto de dereito positivo diferénciase do dereito natural en que este último comprende uns dereitos inherentes non por causa dunha lexislación humana en si mesma, senón que son conferidos por "Deus ou a natureza". O dereito positivo tamén é descrito como o conxunto de leis aplicadas nun momento concreto, presente ou pasado, no instante no que son vinculantes. Máis especificamente, o dereito positivo pode caracterizarse como "Lei concreta e efectiva, promulgada e aprobada por unha autoridade, apropiada para o goberno dunha sociedade organizada xurídicamente".

lex humana contra lex posita[editar | editar a fonte]

Tomé de Aquino combinou o dereito feito polo home (lex humana) e o dereito positivo (lex posita ou ius positivum). Con todo, hai unha distinción sutil entre eles. Mentres que o dereito feito polo home se refire ás leis comprendidas dende a posición súa orixe, o dereito positivo refírese ás leis comprendidas dende a súa posición de lexitimidade. O dereito positivo é lei pola vontade de quen o fixo, polo que pode compararse ás leis positivas divinas, posto que son leis positivas feitas polo home. No Summa contra Gentiles Tomé de Aquino escribe sobre a lei divina onde di "si autem lex senta divinitus posita, auctoritate divina dispensatio fieri potest." (SCG, lb. 3 cap. 125) Tradución lo latín ao galego: "Se, con todo, a lei foi establecida por causa divina, entón pode ser feita por unha autoridade divina."[1]Martin Luther tamén recoñeceu a idea de lei positiva divina, igual que Juan de Torquemada.

Thomas Mackenzie dividiu o dereito en catro partes, das cales dúas pertencen ao dereito positivo: dereito positivo divino, dereito natural, o dereito positivo dos estados independentes e o dereito das nacións.[2] O primeiro, dereito positivo divino, comprende os deberes e obrigacións relixiosas e é derivado da revelación relixiosa. Mackenzie contrasta isto co dereito natural divino, que é recoñecido en si mesmo sen necesidade dunha revelación relixiosa. O terceiro, dereito positivo dos estados independentes, comprende as leis postuladas polo poder do "estado supremo".[2] Isto é, nostras palabras, o dereito positivo creado polo propio home.[3] O cuarto, dereito das nacións, regula as relacións xurídicas entre os diferentes estados.[4]

Tomé de Aquino non tiña moitas dificultades coa idea de lei positiva divina e lei positiva humana, posto que non facía diferenzas entre o a natureza do creador da lei, sexa este humano ou divino.[5] De todos os xeitos, para outros filósofos a idea de unión entre dereito positivo humano e divino sempre resultou moi controvertida. Thomas Hobbes e John Austin abrazaron a idea dunha soberanía definitiva. Onde Aquino (e Mackenzie) dividían a soberanía en espiritual (Deus) e temporal ("poder supremo do estado" de Mackenzie), Hobbes e Austin procuraron unha única e indivisible soberanía como fonte última do dereito. O problema que isto cause é que un soberano temporal non pode existir se os humanos están suxeitos a unha lei positiva divina, pero se a lei positiva divina non se aplica a todos os humanos, entón Deus xa non pode considerarse soberano. Hobbes e Austin  responden a isto negando a existencia do dereito positivo divino e invertindo a soberanía dos humanos, quedando estes como suxeitos ás leis naturais divinas.Así pois, a autoridade temporal é soberana e é encargada de traducir a lei natural divina en lei positiva humana.[6]

O profesor James Bernard Murphy, da universidade de Dartmouth explica: "Aínda que os nosos filósofos sempre intentaron empregar o termo positivo para demarcar especificamente o dereito humano, o termo e o concepto non concordan totalmente. Todo o dereito divino contén grandes pinceladas de dereito positivo […]."[5]

Positivismo legal[editar | editar a fonte]

Este termo tamén é empregado ás veces para referirse á filosofía do dereito do positivismo xurídico, en diferenciación das escolas de dereito natural e realismo xurídico.

No que respecta ao sentido máis amplo, varios filósofos propuxeron varias teorías contrastando o valor do dereito positivo con respecto ao dereito natural. A teoría normativa do dereito, presentada pola universidade de Brno, otorgoulle preeminencia ao dereito positivo pola súa natureza racional, mentres que os filósofos liberais clásicos e libertarios adoitan decantarse polo dereito natural por enriba do positivo. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Google Translate". Consultado o 19 June 2012. 
  2. 2,02,1 Mackenzie 1862, p. 42.
  3. Mackenzie 1862, p. 45.
  4. Mackenzie 1862, p. 52.
  5. 5,05,1 Murphy 2005, p. 214.
  6. Murphy 2005, p. 155–156,214.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dereito_positivo&oldid=3928146"