Dicionario biográfico de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dicionario biográfico de Galicia
Autor/aEditor: Bieito Ledo Cabido
OrixeGalicia.
Linguagalego
Tema(s)Biografías.
Xénero(s)Consulta.
EditorialIr Indo Edicións, 36210 Vigo
Data de pub.novembro de 2010
Formato210 x 300 mm, cartoné
Páxinas1.046 (I: 368 + II: 334 + III: 344)
ISBNI: ISBN 978-84-7680-665-4[1]
II: ISBN 978-84-7680-685-2
III: ISBN 978-84-7680-686-9

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Con máis de 4.100 biografías de galegos de tódolos tempos, o dicionario defínese coma unha ferramenta de consulta para facer máis doado o traballo a escolares e profesionais no emprego do galego.

IR INDO
Tomo
1
Abad
Docampo

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
2
Docobo
Moreiras

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
3
Moreiras
Zumalave

 Dicionario biográfico de Galicia








 

O texto presentase a dúas columnas e leva pequenas fotografías, sempre en branco e negro. Agrúpase en tres tomos, cada un deles cun índice alfabético ao final, incluíndo preto de cincocentas entradas de mulleres:

Nas páxinas 322-333 do Tomo III inclúese un anexo do Tomo I, con 24 entradas, que comeza con Abad Vidal, Xosé e remata con Díaz García, Juán Ramón.

Crítica[editar | editar a fonte]

Na obra non aparecen os reis de Galicia, nin outros persoeiros como Luís Amado Carballo (DLG 1982), Gonzalo López Abente (DLG 1971), Marcial Valladares Núñez (DLG 1970) ou Fermín Penzol e si persoeiros que non teñen relación con Galicia como o tirano Polícrates de Samos, o poeta Simónides (de Samos) ou o pintor francés Léon Bonnat, nado na Baiona francesa.

As entradas aparecen ordenadas segundo o nome completo e non polo máis coñecido. Por exemplo, non se atopa a entrada "Castelao", "Reixa, Antón" ou "Risco, Vicente" senón "Rodríguez Castelao, Afonso Daniel Manuel", "Rodríguez Reixa, Antón" e "Martínez-Risco Agüero, Vicente". En ocasións non se respecta a orde alfabética (p. ex. en Martínez Salazar, Andrés, p. 279). Así mesmo, os nomes de pía aparecen galeguizados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Base de datos de libros editados en España
  2. A obra recibiu axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, nos anos 2009 e 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dicionario_biográfico_de_Galicia&oldid=4819813"