Diego Alfonsín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Alfonsín
Diego Alfonsín.jpg
Nacemento16 de abril de 1980
 Tui
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónescritor e mestre
editar datos en Wikidata ]

Diego Alfonsín Rivero, nado en Tui o 16 de abril de 1980, é un escritor e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no CEIP de Pazos de Reis[1] e secundaria no IES San Paio. No ano 2004 licenciouse en Filoloxía Galega (Universidade de Vigo) despois de cursar un curso académico na Universidade Nova de Lisboa. Posteriormente realizou estudos de Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid, durante os cales recibiu unha bolsa para cursar un semestre na Universidade de São Paulo.

Entre 2008 e 2016 viviu en Alemaña, onde traballou como lector de galego e de español nas universidades de Heidelberg, Mannheim e Aquisgrán.[2] Colaborou en Sermos Galiza.[3]

Actualmente traballa como profesor no ensino secundario en Galicia.

En 2018 publicou Non o saben as estrelas. O título da novela está inspirado nun verso de María do Cebreiro: “O que sabemos un do outro non o saben as estrelas”.[4]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións en lingua galega[editar | editar a fonte]

Publicacións en lingua castelá[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

2014: Gañador do XXVIII Premio Internacional de Cuentos Max Aub.[10]

2015: Gañador do I Premio literario Miguel de Unamuno por Lenta demolición[11] obra da que un xurado presidido pola escritora Marta Sanz salientou "a atmosfera de misterio que vai envolvendo unha trama chea de suxestións, elipses portentosas e fermosas metáforas, onde destaca unha impecable imbricación entre o discurso literario e o diálogo indirecto”.[12]

2017: Gañador da XXIV edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta por Non o saben as estrelas, da que o xurado destacou "a orixinalidade temática e o carácter innovador dun texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente".[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Visita do escritor Diego Alfonsín Rivero. CEIP de Pazos de Reis". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-02-06. 
  2. "Ficha do autor". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-06. 
  3. "Artigo de opinión - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". www.sermosgaliza.gal. Consultado o 2019-02-06. 
  4. "Diego Alfonsín: “Vivir fóra fíxome ser moito máis crítico, comigo e co país, e reparar mellor nas cousas”". praza.gal. Consultado o 06/02/2018. 
  5. Eiré, Xosé Manuel (2019-01-16). "crítica de NON O SABEN AS ESTRELAS (Diego Alfonsín, Xerais)". Ferradura en Tránsito II (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 
  6. novenoites. "Diego Alfonsín. NOVENOITES". Consultado o 2019-02-06. 
  7. "Ficha do libro". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-06. 
  8. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España -". catalogo.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 
  9. "Ediciones Contrabando - Heidelberg y otros relatos. Diego Alfonsín". www.edicionescontrabando.com (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 
  10. mabacam (2014-06-09). "XXVIII Edición Premio Internacional de Cuentos Max Aub". ACADEMIA DE LA PLAZUELA (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 
  11. Canarias7 (2015-03-04). "Diego Alfonsín Rivero gana el premio de novela corta Miguel de Unamuno". www.canarias7.es (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 
  12. "La novela ‘Lenta Demolición’, de Diego Alfonsín Rivero, gana el I Certamen Literario Miguel de Unamuno. Cabildo" (en castelán). Consultado o 2019-04-24. 
  13. Vigo, Faro de. "El tudense Diego Alfonsín gana el premio Lueiro con su novela "Non o saben as estrelas"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Diego_Alfonsín&oldid=5209611"