Dime algo sucio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dime algo sucio
Autor/aDiego Ameixeiras
CubertaFran Herbello
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.novembro de 2009
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas224
ISBNISBN 978-84-9914-060-5

Dime algo sucio é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en novembro de 2009.

Trama[editar | editar a fonte]

A obra está ambientada na cidade de Oregón (nome ficticio de Ourense), e en relatos curtos vai alternando as vivencias de varios personaxes: Nelson e Laura (parella de mozos adolescentes), un taxista, un home de raza negra que vende CDs piratas, Eduardo e Miriam (parella madura que pasa por unha crise), unha rapaza de 15 anos, e un rapaz cunha cicatriz na cara que vende fotografías eróticas e é contratado para filmar unha violación.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao castelán co mesmo título por Carmen Pereiro e publicada en 2011 por Pulp books[1].
  • Ao catalán por Esteve Valls como Digue'm alguna cosa bruta, publicada en 2013 tamén por Pulp books[2].
  • Ao alemán por Natalja Dudek co título de Sag mir etwas schmutziges publicado en 2013 por Pulp Books[3].
  • Ao italiano por Maria Barcellona co título de Dimmi qualcosa di sporco publicado en 2013 por Pulp Books[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do libro Arquivado 02 de abril de 2011 en Wayback Machine. na web de Pulpbooks (en castelán)
  2. Ficha do libro[Ligazón morta] na web de Pulpbooks (en catalán)
  3. Ficha en BiTraGa.
  4. Ficha en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dime_algo_sucio&oldid=4893425"