Diocese católica latina de Tui-Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diocese de Tui-Vigo
Dioecesis Tudensis-Vicensis
Datos xerais
ErixidaSéculo VI
(como diocese de Tui)
Territoriosparte meridional da provincia de Pontevedra
Sufragánea deSantiago de Compostela
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

532.459[1] (95,1%)
560.000
Área1.721 km2
Parroquias276 (2010)
Información
Igrexa particularIgrexa latina
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
BispoLuís Quinteiro Fiúza
Outros datos
Sede centralVigo
Páxina webdiocesetuivigo.org
Dioceses con nome Tui-Vigo.PNG

A diocese de Tui-Vigo (en latín: dioecesis Tudensis-Vicensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Luís Quinteiro Fiúza.

Territorio[editar | editar a fonte]

Despois do esgazamento da metade sur do seu territorio no século XV, a diocese comprende boa parte das comarcas sur-occidentais de Galicia, concretamente as parroquias existentes entre o río Verdugo, na ría de Vigo, e o río Miño.

A orixinaria sé episcopal é a cidade de Tui, na que se acha a catedral de Santa María, pero desde o ano 1959 comparte a capitalidade eclesiástica coa cidade de Vigo, motivo polo que a diocese pasou a chamarse de Tui-Vigo.

O seu territorio abrangue uns 1.721,4 km² e está subdividido en 276 parroquias, agrupadas en 17 arciprestados: A Guarda-Tebra, A Louriña, Entenza, Miñor, Montes-Mondariz, Redondela-Oitavén, Salvaterra, San Martiño, Tea, Tui, Vigo-Casablanca, Vigo-Centro, Vigo-Lavadores, Vigo-Polígono, Vigo-Santo André, Vigo-Teis e Vigo-Travesas.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa da diocese de Tui de 1766 realizado por Rosendo Amoedo.
Fachada occidental gótica da catedral de Santa María de Tui.

Segundo a tradición cristiá, a comezos do século I o apóstolo Santiago evanxelizou a cidade de Tui, fundando así a primeira comunidade cristiá que daría pé á diocese e nomeando a santo Epitacio como o seu primeiro bispo. Con todo, ata mediados do século VI non se ten certeza documental plena da existencia da diocese nin dos seus bispos.

A creación da diocese de Tui respondeu posiblemente ao proceso de implantación do cristianismo que a partir do edicto de Milán do ano 313 estaba a se desenvolver no Imperio Romano. As grandes e medianas cidades do Imperio convertéronse axiña en centros que irradiaban as novas crenzas relixiosas e onde se asentaban as primeiras estruturas administrativas eclesiásticas. É deste contexto histórico de onde xorde probablemente a verdadeira creación dun centro eclesiástico administrativo na antiga cidade galaico-romana de Tude, e que finalmente suporá a fundación desta diocese nalgún momento entre os séculos IV e VI.

A primeira nova da existencia da diocese atopámola no Segundo Concilio de Braga (ano 572) auspiciado polo rei galaico-suevo Miro, onde o primeiro bispo tudense coñecido, Anila subscribe as actas como: Anila Tudensis ecclesiae episcopus his gestis subscripsi. Neste marco histórico oficialízase a demarcación territorial da diocese, que entre os séculos VI e XIV comprendeu os territorios comprendidos entre a ría de Vigo e o río Limia e dende as costas oceánicas ata a serra do Leboreiro.

A causa das vagas normandas e dos conflitos militares co emirato de Córdoba os prelados tudenses víronse obrigados a residiren en Iria Flavia, Labruge (Portugal) e Ribas de Sil. Consta que o rei Ordoño II restaurou a diocese en 915 e aínda foi agregada a Santiago en 1024. Rematada a destrución da sé, o rei García fixo en 1071 a restauración definitiva.

A independencia do condado de Portugal do reino de Galiza a comezos do século XII suporá a división da diocese entre ambos reinos polo río Miño. Finalmente no século XIV prodúcese a esgazadura final da metade sur da diocese debido a que os cóengos e vigairos con xurisdición en Portugal eran favorables á lexitimidade de Urbano VI, mentres que o bispo de Tui, D. Xoan Fernández de Soutomaior, e os capitulares ao norte do río Miño apoiaron a Clemente VII, o papa de Aviñón. No ano 1452, consumouse a ruptura, pois a colexiata de Valença foi adscrita á diocese de Ceuta[Cómpre referencia] e, posteriormente, en 1514, á diocese de Braga, perdendo Tui a zona comprendida entre o río Miño e o Limia.

A cultura liberal e ilustrada, que invadiu Europa no século XIX, tamén tivo a súa repercusión na diocese tudense. E, así, cando en 1813 foron abolidos os señoríos xurisdicionais, o bispo e o cabido víronse obrigados a unha maior concentración na súa misión relixiosa. Tamén a desamortización de Mendizábal (1836) produciu o abandono na diocese de importantes mosteiros, coma o de Santa María de Oia e o de Melón, e a perda de patrimonio artístico e documental.

En 1959 o papa Xoán XXIII pola bula Quemadmodum impiger concédelle a dobre titularidade Tudensis-Vicensis á diocese, elevando a rango de concatedral o templo de Santa María de Vigo e trasladando a esta cidade a sé do bispo e máis a do cabido.

Lista de bispos[editar | editar a fonte]

As seguintes persoas foron bispos da diocese:[2]

Santo Epitacio, o primeiro bispo de Tui, representado na parte superior da portada setentrional da catedral.
Íntegro, en pdf: Antigvedad de la civdad, y iglesia cathedral de tvy, y de los obispos qve se save aya auido en ella, escrito polo bispo Fray Prudencio de Sandoval en 1610.
Escudo de Juan Manuel Rodríguez Castañón en S. Lourenzo de Oliveira.
Arcebispo Manuel Lago González.
José Delicado Baeza.
José Cerviño.
Luís Quinteiro Fiúza
  • Santo Epitacio (mencionado en 57)
  • Santo Evasio (mencionado en 82)
  • Anila (ca. 568 bis ca. 576)
  • Neufila (ca. 576–589)
  • Gardingo (ca. 585 até ca. 600)
  • Anastasio (ca. 628–643)
  • Adimiro (ca. 643 até ca. 650)
  • Beato (ca. 650 até ca. 656)
  • Genetivo (ca. 665 até ca. 681)
  • Oppas (ca. 681 até ca. 686)
  • Adelfio (ca. 686 até ca. 700)
  • Diego (ca. 882 até ca. 906)
  • Branderico (ca. 882 até ca. 906)
  • Santo Hermoixio (918-925)
  • Naustio (ca. 926 até ca. 932)
  • Oveco, Eneco ou Diego (ca. 932–936)
  • Vimara ou Vimarasio (936 até ca. 948)
  • Baltario (ca. 948–951)
  • Viliulfo (952–1003, ordenado ca. 970)
  • Pelagio
  • Alfonso I (ca. 1022)
  • Sueiro Bermúdez (1022–1024) (tamén bispo de Dumio)
  • Gregorio (1069–1072)
  • Aderico ou Auderico (1072 até ca. 1098)
  • Afonso II ou Alonso (1100–1130)
  • Paio Méndez (1130/31–1155/56)
  • Isidoro (1156–1167)
  • Juan I (1168–1173)
  • Beltrán ou Bertrando (1173/74–1187)
  • Pedro (1188–1205)
  • Sueiro ou Suario (1206–1215)
  • Xoán Pérez (1215–1217)
  • Esteban Egea (1218–1239)
  • Lucas Tudense (1239–1249)
  • Xil Pérez de Cerveira (1250–1274)
  • Nuno Pérez (1274–1276/77)
  • Fernando Arias (1276/78–1285)
  • Xoán Fernández de Soutomaior I (1286–1323)
  • Bernardo Guido (1323–1324)
  • Simón (1324–1326/27)
  • Rodrigo Ibáñez (1326/28–1335)
  • García (1337–1348)
  • Gómez Prego (1349–1351)
  • Joán de Castro (1351–1385)
  • Diego Anaia e Maldonado (1385–1390)
  • Xoán Ramírez de Guzmán (1391–1394)
  • Xoán Fernández de Soutomaior II (1394/95–1423)
  • Rodrigo de Torres (1427–1430)
  • Henrique Cardenal Guillelmo (1430)
  • Xoán de Fernández (1430–1438)
  • García Martínez de Vahamonde II (1439–1441)
  • Pedro de Silva
  • Rodrigo de Vergara (1446–1472)
  • Diego de Muros (1471/72–1487)
  • Pedro Beltrán (1488–1505)
  • Xoán Manso
  • Xoán de Sepúlveda (1505–1514) (tamén bispo de Malta)
  • Martín Zurbano de Azpeitia (1514–1516)
  • Luís Martiano (1517–1521)
  • Pedro Gómez Sarmiento de Villandrando (1523–1524) (cardeal, tamén bispo de Badaxoz, Palencia e arcebispo de Santiago de Compostela)
  • Pedro González Manso (1524–1525) (tamén bispo de Badaxoz)
  • Diego de Avellaneda (1525–1538)
  • Sebastián Ramírez de Arellano (1538–1539) (tamén bispo de León)
  • Miguel Muñoz (1540–1547) (tamén bispo de Cuenca)
  • Juan de San Millán (1547–1564) (tamén bispo de León)
  • Diego de Torquemada (1564–1582)
  • Bartolomé Molina (1583–1589)
  • Bartolomé de la Plaza (1589–1596) (tamén bispo de Valladolid)
  • Francisco de Tolosa, O.F.M. (1597–1600)
  • Francisco Terrones del Caño (1601–1608) (tamén bispo de León)
  • Prudencio Sandoval, O.S.B. (1608–1612) (tamén bispo de Pamplona)
  • Juan García Valdemora (1612–1620)
  • Juan Martínez de Peralta, O.S.H. (1621–1622) (tamén bispo de Zamora)
  • Pedro Herrera Suárez, O.P. (1622–1630) (tamén bispo de Tarazona)
  • Pedro Moya Arjona (10-II-1631 até 14-X-1631)
  • Diego Vela Becerril (1632–1635) (tamén bispo de Lugo)
  • Diego Arce Reinoso (1635–1638) (tamén bispo de Ávila)
  • Diego Rueda Rico (1639–1639)
  • Antonio Guzmán Cornejo (1640–1642)
  • Diego Martínez Zarzosa (1643–1649) (tamén bispo de Cartagena)
  • Juan López de Vega (1649–1656)
  • Miguel Ferrer (1657/58–1659)
  • Juan de Villamar (1660–1666)
  • Antonio Fernández del Campo y Angulo (1666–1668)
  • Bernardino Lón de la Rocha ou Roca (1668–1673)
  • Simón García Pedrejón (1674–1682)
  • Alfonso Galaz Torrero (1682–1688)
  • Anselmo Gómez de la Torre (1690–1721)
  • Fernando Ignacio Arango Queipo, O.S.A. (1721–1745)
  • José Larumbe Mallí (1745–1751)
  • Juan Manuel Rodríguez Castañón (1752–1769)
  • Antonio Fernández Tobar (12-III-1770 até 20-VIII-1770)
  • Lucas Ramírez Galán, O.F.M. (1770–1774)
  • Domingo Ramón Fernández Angulo (1775–1796)
  • Juan García Benito (1797–1822) (nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, renunciou)
  • Francisco Javier García Casarrubios y Melgar, O. Cist. (1825–1855)
  • Telmo Maceira (1855–1864)
  • Ramón Garcia Antón, O.S.H. (1865–1876)
  • Juan María Valero y Nacarino (1876–1882) (tamén bispo de Cuenca)
  • Fernando Hüe y Gutiérrez (1882–1894)
  • Valeriano Menéndez y Conde (1894–1914) (tamén bispo de València)
  • Leopoldo Eijo y Garay (1914–1917) (tamén bispo de Vitoria)
  • Manuel Lago González (1917–1923) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
  • Manuel María Vidal Boullón (1923–1929)
  • Antonio García y García (1930–1938) (tamén bispo de Valladolid)
Bispos de Tui-Vigo
"Episcopológio tudense" publicado por Galicia Diplomática en 1892.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos de 2010, recollidos en: Libreria Editrice Vaticana (ed.). Annuario Pontificio 2011. Cidade do Vaticano. ISBN 9788820985226. 
  2. Episcopoloxio da Diocese de Tui-Vigo
  3. "Luis Quinteiro sustituye al actual obispo de Tui-Vigo". Xornal de Galicia. 28 de xaneiro de 2020. [Ligazón morta]
  4. "Mons. Luis Quinteiro Fiuza, nuevo Obispo de la Diócesis de Tui-Vigo". COPE. 28 de xaneiro de 2010. [Ligazón morta]
  5. "Luis Quintero Fiuza, nombrado obispo de Tui-Vigo". Faro de Vigo (en castelán). 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 12/04/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Diocese_católica_latina_de_Tui-Vigo&oldid=5157783"