Dionisia López Amado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dionisia López Amado
Nome completoDionisia López Amado
Nacemento1928
 Cedeira
Falecemento29 de novembro de 2008
 Buenos Aires
Causaperitonite
NacionalidadeArxentina e España
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Dionisia López Amado, nada en Cedeira en febreiro de 1928 e falecida o 29 de novembro de 2008 en Buenos Aires, foi unha activista política galega, membro do grupo de Nais de Praza de Maio.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Dionisia López Amado emigrou a Arxentina en 1952 canda o seu home e mais o seu fillo, naquela altura de cinco meses. O fillo, Antonio Adolfo Díaz López, fotógrafo, e mais a súa nora, enfermeira, eran militantes do Partido Revolucionario de los Trabajadores e foron presuntamente secuestrados durante a guerra sucia arxentina, o 15 de maio de 1976, e permaneceron desaparecidos ata a actualidade.

A finais dos anos setenta, Dionisia López pasou a integrar o colectivo de Nais de Praza de Maio, que reivindicaba información sobre o estado e situación dos asasinados e desaparecidos na Arxentina. Posteriormente fundou a Comisión de Familiares de Desaparecidos Españois, e era a presidenta da Comisión por la Memoria, la Verdad y la Justicia de Zona Norte, unha plataforma de reivindicación histórica do distrito de Tigre[1], localidade onde vivía.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Faleceu a causa dunha peritonite[2].

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Distinción Rosalía, entregada polo colectivo Herbas de prata, 2007[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dionisia_López_Amado&oldid=4973065"