Diplonema (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Diplonemea
Clasificación científica
Reino: Protista
(sen clasif.) Excavata
Filo: Euglenozoa
Clase: Diplonemea
Orde: Diplonemida
Familia: Diplonemidae
Xénero: Diplonema
Especies

    D. breviciliata
    D. nigricans
    D. papillatum
    D. ambulator
    D. metabolicum

Diplonema é un xénero de protistas de vida libre do grupo dos Euglenozoa. Distínguese de Rhynchopus da clase Diplonemea pola ausencia dun estado dispersivo flaxelado completo.

Características[editar | editar a fonte]

Diplonema presenta dous curtos flaxelos de igual lonxitude e dúas aberturas subapicais. A maioría son de vida libre, pero informouse de casos de infección en ameixas e a descomposición súbita de plantas de acuario nas que poden estar implicados estes microorganismos. Foi descrito inicialmente en 1914 e despois redescuberto na década de 1960 e chamado Isonema, clasificándoo incorrectamente entre os euglénidos (agora nos diplonémidos).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. W. Marande, J. Lukeš y G. Burger, Unique Mitochondrial Genome Structure in Diplonemids, the Sister Group of Kinetoplastids, Eukaryot Cell. 2005 June; 4(6): 1137–1146.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Diplonema_(xénero)&oldid=4272198"