Distrito de Faro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Distrito de Faro
Localización do Distrito de Faro

O distrito de Faro é un distrito portugués, coincidente coa provincia tradicional do Algarve. Limita ao norte co Distrito de Beja, ao leste con España, e ao sur e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue unha área de 4960 km², sendo así o 10º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 421.528 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Faro.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O distrito de Faro subdivídese nos seguintes 16 concellos:

O Algarve é a única rexión portuguesa perfectamente definida, e consecuentemente é a única que non ten unha división administrativa confusa. Na actualidade constitúe unha única subrexión estatística, correspondente ao distrito de Faro na súa totalidade.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Castelos de Loulé, Silves, Tavira, Castro Marim, Paderne (en Albufeira) e Aljezur
  • Fortes de São João do Arade e da Ponta da Bandeira (en Lagoa, Portugal), Sagres e Belixe
  • Catedrais de Silves e Faro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Distrito_de_Faro&oldid=4893529"