Distrito de Setúbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Distrito de Setúbal
Localización do Distrito de Setúbal

O distrito de Setúbal é un distrito portugués, dividido entre as provincias tradicionais da Estremadura e do Baixo Alentexo. Limita ao norte co Distrito de Lisboa e co Distrito de Santarém, ao leste co Distrito de Évora e o Distrito de Beja, ao sur co Distrito de Beja e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue unha área de 5064 km², que o converte no 8º maior distrito portugués. A súa poboación total son 815.858 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Setúbal. Actualmente, é o distrito con maior crecemento e desenvolvemento nas áreas de saúde, traballo, economía, turismo, demografía e educación, grazas á súa proximidade ao mar, rede de escolas e facilidade de captación de investimentos.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O distrito de Setúbal integra trece concellos:

Relevo e hidrografía[editar | editar a fonte]

O relevo do distrito de Setúbal é maioritariamente chan. As principais serras do distrito son a serra da Arrábida e a serra de Grândola, ambas de moi pouca elevación.

O distrito de Setúbal está atravesado polo Rio Sado e os seus afluentes. O estuario do río Sado ofrece paisaxes de grande beleza na súa beira sur.

Creación[editar | editar a fonte]

O distrito de Setúbal é o máis recente de Portugal. Inicialmente non foi creado pola reforma de Mouzinho da Silveira (1835). Daquela o seu territorio incluíuse no distrito de Lisboa.

O goberno da Ditadura Militar outorgoulle a autonomía ao distrito de Setúbal o 22 de decembro de 1926, en virtude do seu grande crecemento económico.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Castelo de Alcácer do Sal
  • Praias e rexión turística da Costa da Caparica
  • Castelo e zona vella de Palmela
  • Cidade romana de Miróbriga en Santiago do Cacém
  • Castelo e Forte de Santiago en Sesimbra
  • Castelo-forte de São Filipe e arquitectura antiga de Setúbal
  • Castelo de Sines

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Distrito_de_Setúbal&oldid=4851413"