Domingo Álvarez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Domingo Álvarez Álvarez
 O Rosal
Falecementosetembro de 1967
 Tomiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e escritor
editar datos en Wikidata ]

Domingo Álvarez Álvarez, nado no Rosal e finado en Tomiño en setembro de 1967,[1] foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi telleiro na súa mocidade. Emigrou a Brasil. De volta a Galicia, foi contable e procurador e preparou oposicións a secretario xudicial e secretario de concello. Foi secretario dos concellos do Rosal, Gondomar, Meaño e Poio. Foi nomeado secretario do concello de Tomiño en 1941.[2] Foi xuíz de paz de Tomiño (1958-1963). Colaborou en Nuevo Heraldo, onde publicou "Follecas da Jalleira" na xerga dos telleiros co pseudónimo Xan D'Outeiro. Foi correspondente de Faro de Vigo e El Pueblo Gallego en Tomiño.

Obras[editar | editar a fonte]

  • As cooperativas. Publicado en Brasil.
  • Versos de otoño, 1960.
  • Jergas de Galicia. Tejeros, canteros, albañiles, paragüeros. Tomiño, 1965.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ramona Abundancia Álvarez, irmá de Pío Abundancia Álvarez, que finou en 1923.[3] Foi pai de Ricardo Álvarez Abundancia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-9-1967, p. 15.
  2. El Compostelano, 21-6-1941, p. 2.
  3. Vida Gallega, 5-1-1924, p. 34.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Domingo_Álvarez_Álvarez&oldid=5245969"