Domingo Pardo Corredoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Domingo Pardo Corredoira
Alcume Cernadas
Nacemento 21 de febreiro de 1898
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación sindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Domingo Pardo Corredoira, coñecido como Cernadas, nado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1898, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Nicolás Pardo Cernadas, un dos fundadores do PSOE en Compostela. Pertenceu nos anos vinte ao sindicato de carpinteiros de Santiago de Compostela (CNT). En setembro de 1931 foi orador nun mitin en Compostela e foi detido en 1933. Adheriuse ao Partido Sindicalista que o propuxo para candidato á alcaldía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité revolucionario de Compostela que non puido impedir a toma da cidade polas tropas franquistas. Detido, foi internado no campo de concentración de Iria-Padrón.

Despois da súa liberación participou na clandestinidade como delegado no plenario rexional da CNT galega en 1945, e ao ano seguinte foi tesoureiro do Comité rexional. Coa caída da organización galega da CNT en marzo de 1947, fuxiu. Permaneceu agochado ata 1949, cando foi detido e condenado a cinco anos de prisión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Domingo_Pardo_Corredoira&oldid=4675330"