Domingo Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Domingo Quiroga
Nacemento1900
 A Coruña
Falecemento1991
NacionalidadeEspaña
Ocupacióninvestigador e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Domingo Antonio Quiroga Ríos, nado na Coruña en 1900 e finado en 1992, foi un investigador e xornalista galego, experto pesqueiro, e defensor dunha pesca responsábel e da protección do medio ambiente mariño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario, pero abandonou para emigrar. Entre 1920 e 1930 permaneceu en EEUU, México e Cuba, traballando como redactor de Eco de Galicia (da que foi subdirector) e Heraldo de Galicia e como colaborador de El País. Foi fundador da Alianza Republicana Española de Cuba en 1929. Ao seu regreso a Galicia en 1930 reanudou os seus traballos na prensa en El Noroeste. Foi funcionario vinculado a temas pesqueiros durante a República. En 1955 foi nomeado Oficial de Pesquerías pola FAO, dous anos despois foi trasladado ao Esquema de Integración Centroamericana, con residencia no Salvador, e en 1958, tamén pola FAO, foi enviado ao Instituto Nacional de Pesca de Cuba. Dende 1961 ata 1965 permaneceu no Instituto Nacional de Pesca de Ecuador.

Experto mundial en recursos pesqueiros pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e cofundador da Asociación de Armadores da Coruña. Ademais, tivo un papel sobranceiro na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia.

Escritor habitual en La Voz de Galicia dende a columna titulada "Panes y Paces", chamou a atención sobre a necesidade de preservar a integridade ambiental da nosa costa, defendendo a pesca e os pescadores artesanais fronte á actividade pesqueira intensiva.

En 1983 foille concedida a medalla ao mérito social marítimo do Instituto Social da Mariña.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Algunhas reflexións encol da economía pesqueira galega, en Introdución á economía galega de hoxe, 1969, Galaxia.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El mito del Hispanoamericanismo, 1927.
  • ¿Quién es y a dónde va Santiago Casares Quiroga?, 1932, Imprenta Moret. A Coruña.
  • La pesca de arrastre en Galicia y sus problemas, 1961, Galaxia.
  • La pesca de la merluza con nudo gordiano, 1968.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Laxe, F. (1998). “A modo de lembranza”. Labarta, U. e cols. (eds). Domingo Quiroga. Artículos (1969-1986). Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela. p. 11-13.
  • Labarta, Uxío (2010). "Domingo Quiroga. A pesca artesanal fronte ao industrialismo". En Consello da Cultura Galega : Editorial Galaxia. Xornalistas con opinión II. Santiago de Compostela : Vigo. pp. 223–232. ISBN 978-84-9865-338-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Domingo_Quiroga&oldid=5199542"