Dominio de internet patrocinado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Un dominio de internet patrocinado (en inglés, sponsored TLD) é calquera dominio de Internet xenérico proposto por unha axencia ou fundación independente, a cal establece e aplica as regras para optar a devandito dominio. Por exemplo, o dominio .aero foi patrocinado pola Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques, a cal limita o rexistro baixo este dominio a membros da industria do transporte aéreo.

Entre os dominios de Internet patrocinados atópanse os seguintes:

  • .aero - membros da industria do transporte aéreo - Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques.
  • .coop - sociedades cooperativas - Dot Cooperation LLC
  • .museum - museos - Museum Domain Management Association
  • .prol - profesionais acreditados e entidades relacionadas - Registry Services Corporation
  • .travel - axencias de viaxes, liñas aéreas, hoteis, organismos de promoción do turismo... - The Travel Partnership
  • .mobi - dispositivos móbiles e servizos para eles - mTLD, un consorcio no que se atopan compañías como Microsoft, Ericsson, Vodafone, T- Mobile, Telefónica Móviles, Samsung, Sun Microsystems e Nokia
  • .cat - cultura e lingua catalá - Fundación puntCat, para as entidades directamente relacionadas coa lingua e a cultura catalá (escolas, radios, entidades culturais, editoriais e administracións públicas do ámbito catalanfalante)
  • .jobs - sitios web relacionados co emprego
  • .gal - dominio específico para a cultura galega, aprobado pola ICANN o 14 de xuño de 2013[1].

Dominios de internet patrocinados pendentes:

  • .post - axencias postais e empresas - Unión Postal Internacional
  • .tel - comunicacións de voz, datos e texto a través de Internet - Telname Limited
  • .xxx - contido pornográfico e sexualmente explícito - ICM Registry

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dominio_de_internet_patrocinado&oldid=4794449"