Don Juan (Torrente Ballester)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Don Juan
Autor/a Gonzalo Torrente Ballester
Orixe Cataluña
Lingua castelán
Colección Áncora & Delfin
Xénero(s) Novela
Editorial Ediciones Destino
Data de pub. 1963
Formato Rústica sen solapas
14 x 22 cm
ISBN ISBN 978-84-233-3115-4

Don Juan é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester, publicada en 1963 en Ediciones Destino. Nun inicio foi concibida coma unha obra de teatro baseada na figura de Don Juan. Torrente Ballester dá a súa visión sobre os motivos que levan ao personaxe a ter a súa actitude, afastándoo do tópico romántico e achegándoo desde unha visión humorístico a unha rebeldía contra Deus.

Trama[editar | editar a fonte]

A acción está ambientada en París cara a 1960. Alí o narrador coñece a un personaxe que se fai chamar Leporello, e que lle conta que é un diaño ao servizo de Don Juan. Pouco a pouco, alternando con regresións á Sevilla do século XVII narradas polo propio Leporello, e con accións do propio narrador en París, vaise coñecendo a vida de Don Juan e os seus sentimentos e ideas máis persoais.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en primeira persoa, e o narrador podería ser o propio Torrente Ballester. Inclúe abundantes críticas teolóxicas (incluíndo debates entre a visión xesuíta e dominica) e literarias (poesía e teatro castelán do século XVII).

Dentro da narración do século XVII hai catro espazos principais: a cidade de Salamanca (onde estuda Don Juan), Sevilla (onde vive o pai e ten a facenda), Nápoles (a onde escapa tras matar a Diego de Ulloa e onde coñece a Dona Ximena). A cidade de París aparece representada no século XX, facendo referencia á vida cultural: o teatro de Samuel Beckett, Eugène Ionesco e Jean Cocteau, anos despois da résistance.

Problemas coa censura[editar | editar a fonte]

Don Juan tivo problemas coa censura franquista, debido a que boa parte dos censores eran eclesiásticos. O encargado de avaliar a obra, dada a importante carga teolóxica da novela, pretendía suprimir pasaxes determinantes no texto. Ante o risco de mutilación irreparable, o autor escribiu unha extensa carta ao daquela ministro de responsable da censura, Manuel Fraga Iribarne, rebatendo punto por punto as obxeccións postas polo censor. O Ministro pediu que o asunto fose revisado persoalmente polo Director Xeral de Información, máximo responsable da censura, quen avaliando o informe do censor e a carta de Torrente, foi revisando o manuscrito. Con esta intervención salvouse a maior parte da novela, especialmente os pasaxes que Torrente consideraba fundamentais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Don_Juan_(Torrente_Ballester)&oldid=3855906"