Douglas, Illa de Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 54°08′43″N 4°28′54″O / 54.14521, -4.48172

Douglas, Illa de Man
Doolish
The View From Douglas Head, Isle Of Man..jpg
Imaxes da cidade
Localización
LocationDouglasIsleofMan.png
PaísFlag of the Isle of Mann.svg Illa de Man
Xeografía
Altitude0 msnm
Superficie10,1 km²
Demografía
Poboación28.930 hab. (2011)
Densidade2.766 hab/km²
Outros datos
Código postalIM1 / IM2
AlcaldeRitchie H. McNicholl
Páxina oficial de Douglas

Douglas (en inglés) ou Doolish (en manx) é a capital e meirande cidade da Illa de Man, cunha poboación de 28.939 persoas (2011). Está localizada na desembocadura do río Douglas, nunha baía de dúas millas. O río Douglas forma parte do peirao da cidade e do principal porto comercial.

Douglas era un pequeno asentamento ata o seu rápido crecemento como resultado da conexión co porto inglés de Liverpool no século XVIII. Ademais, o crecemento da poboación viuse favorecido pola industrialización do lugar no século seguinte. Como consecuencia disto, o goberno da illa, o Tynwald, foi trasladado en 1869 a Douglas dende Castletown. Os Tribunais Superiores tamén están na capital.

Douglas é o eixo principal das actividades da illa, sendo a base para os comercios, as finanzas, os servizos legais, a pesca, o transporte e o entretemento. O TT Illa de Man de motociclismo comeza e remata en Douglas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vista da baía en Douglas co Castelo Mona no centro.
Panorama da baía de Douglas ollando cara o mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Douglas,_Illa_de_Man&oldid=4851623"