Drôme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Drôme
Escudo
Rexión Auvernia-Ródano-Alpes
Prefectura Valence
President Marie-Pierre Mouton (LR)
Distritos 3
Cantóns 19
Concellos 367
Superficie 6 530 km²
Poboación (2015)
 - Total
 - Densidade

504 637 hab.
46 hab./km²
Drôme-Position.svg
Localización de Drôme na Francia

Drôme é o departamento número 26 de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. O departamento tira o seu nome do río Drôme, afluente do río Ródano, duns 110 km de longo.

Historia[editar | editar a fonte]

O departamento foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir dunha parte da provincia do Delfinado.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Drôme forma parte da rexión de Borgoña-Ródano-Alpes. Linda cos departamentos de Ardèche, Isère, Alpes Altos, Alpes da Alta Provenza e Vaucluse.

Os límites do departamento foron moitas veces modificados tras a anexión do Comtat Venaissin en 1792 despois da creación do departamento de Vaucluse en 1793. As cidades de Carpentras e Valréas, sobre todo, formaron parte de Drôme de forma efémera. Estas modificacións crearon un enclave en Vaucluse (cantón de Valréas) en Drôme, o meirande enclave deste tipo en Francia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Drôme&oldid=4762597"